5 anos de Pontecesures.net

Ya van máis de 5 anos dende que comenzou Pontecesures.net.

Neste tempo publicaronse máis de 10.000 entradas sobre todo o que acontence no noso concello e o noso entorno.

O número de comentarios supera os 12.000, dos cales só 110 (menos do 1%) están en moderación (ocultos), dos cales o 70 % están moderados (ocultos) por estar duplicados, e o resto por incumplir as normas (foras de tema na maioría dos casos).  Algo realmente inusual, xa que estamos falando de que cada 1.000 comentarios só hai 3 que non deben estar (segundo as normas e a normal convivencia), cantidade marxinal a que non estamos acostumados en Internet, onde os comentarios de fora de tema e similares poden estar, dependendo da temática da web, entre o 30% e 60%. Esto di moito de todos os que fan e comentan en Pontecesures.net, onde a retranca, a crítica (constructiva ou non), a opinión libre e a divulgación de información faise cunha corrección (en xeral) que fai que este pequeno sitio en Internet esté vivo.

Non podo máis que dar as gracias a todos os que fan, colaboran e len pontecesures.net, lembrando que está aberto a calquera información que se desexe publicar, só hai que rexistrarse e indicar que se quere colaborar (mediante un correo a redaccion@pontecesures.net) , e ó momento se lle dará o perfil de autor (pode publicar entradas directamente), si queremos informar de algo está na man de cadaquén facelo, non é complicado e sempre estamos aquí para axudar e guiar na sinxela tarefa de publicar contenidos.

Cambios en Pontecesures.net

Na actualidade temos xa, en pontecesures.net, 8.280 Entradas, cun total de 11.320 Comentarios.

Para poder organizar a percura de información dentro da web acabamos de activar un novo sistema de “auto etiquetado” polo que, á hora de amosar as entradas, aparecen agora ligazóns sobre diferentes termos, que nos permite ver todo o publicado con ese termo ou palabra clave.

? unha forma moi útil (ainda en probas) de atopar información relativa á entrada que estamos a ver.

Só é unha forma de manter fresca e con facilidade de acceso todo o contido aquí dispoñible.