Ahora podense valorar tamén os comentarios

Acabamos de engadir unha nova opción á web pola que poderanse “votar” os comentarios premendo sobre algúnha das dúas imaxes que aparecen no encabezado do comentario.

De esta maneira poderemos, entre todos, ir sinalando os comentarios máis interesantes ou aqueles que, simplemente que se consideren coma “trolls”.

Recomendo só votar aqueles que realmente merezan a pena polo que aporten á entrada á que fan alusión, un comentario cunha puntuación de -5 ou inferior terá de forma automática a imaxe do sombreiro de troll (información sobre ese sombreiro en inglés).

Para xestionar o sistema de votación estamos a empregar Trollr.

Engadido:

O sistema de puntuar os comentarios implica engadir ou quitar puntos ós que comentan.

Agora tamén podense puntuar ás entradas, de forma que poderanse ver cales son as mellor puntuadas por todos.

Novo deseño

Pouco a pouco, co tempo que poida ir sacando entre ás moitas tarefas que teño, irei mellorando o deseño desta web. Así que non hai que asustarse si durante uns intres a web amosase de xeito “extraño”.

O obxetivo deste cambio é facela máis limpa e clara, diferenciando ben tódalas zonas, así, as opcións de rexistro, ir ó inicio, ir directamente ás fotografías, e outras ligazóns importantes van na parte superior (encima da imaxen de cabeceira).

Tamén engadiuse, no menú da esquerda (que antes estaba á dereita), unha lista dos últimos 5 comentarios feitos.

Un dos obxetivos é que a imaxen de cabeceira vaia mudando de imaxen segundo feitos relevantes: A festa da lamprea, festas, aniversarios, día das letras galegas …

O deseño non está rematado, así que este é o mellor momento para comentar que cambiar e como cambialo.

Pontecesures en google maps

“Google maps”:http://maps.google.es/maps ven de presentar a versión española dos mapas de España.

Agora podemos ver, de forma sinxela, como ir de Pontecesures (“ver mapa”:http://maps.google.es/maps?f=q&hl=es&q=Pontecesures&om=1) a calquera sitio ou coma chegar.

Un exemplo desto é: Como chegar dende a miña casa en “Sevilla ata a dos meus pais en Porto”:http://maps.google.es/maps?f=d&hl=es&saddr=sevilla+alfareria+105&daddr=pontecesures+diputacion+23&t=h&om=1

Agradecementos e invitación

Esta web naceu ca intención de ser un sitio onde ter ordeado tódolo que acontece en Pontecesures, nin máis nin menos que un lugar onde atopar información sobre o concello e os seus veciños.

Quero agradecer o bo facer de todos que están axudando cos contidos e comentarios a fortalecer o dialogo e a compartir ideas e, sobor de todo, que sendo un sitio aberto (sin censura) falamos con educación e respeto ós outros. Moitos sitios morren directamente cando se chega ó insulto e a descalificación pura axudados por ese anonimato.

(máis…)