Para el administrador, para los intervinientes y para los lectores de este medio: FELIZ A?O NUEVO 2012.
En Pontecesures parece que continúa a campaña electoral do 20-N.
Máis dun mes despois do 20-N todavía continúan en Pontecesures carteis nos báculos do alumeado pùblico con propaganda política das eleccións xerais. Estas fotografías que se xuntan foron tomadas esta noite na rúa José Novo Núñez (estrada nacional N-550) nas proximidades da Casa do Concello e tanto nesta rúa como na Eugenio Escuredo (peirao de Pontecesures) temos carteis deste tipo que xa están a maioría rotos ou volteados polo paso do tempo.
A ACP considera anómala esta situación que deteriora a imaxe do concello. Por iso, solicítase ao alcalde que faga as xestións oportunas para que os carteis sexan retirados canto antes.
Pontecesures, 28/12/11
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP de Pontecesures
Pleno extraordinario do 29/12/2011
Ás 13:30 horas na Casa do Concello levouse a cabo un pleno extraordinario para a aprobación das actas anteriores e a aprobación da ordenanza de regulación dos prezos públicos por servizos ou actividades promovidos polo Concello nas áreas de cultura, deporte, xuventude e servizos sociais.
A aprobación desta ordenanza, que establece os prezos públicos en materia de cultura, deporte, xuventude e servizos sociais, era unha prioridade do equipo de goberno, pola súa utilidade como ferramenta de xestión deste tipo de servizos. Tamén responde a petición dos usuarios e monitores das actividades deportivas, que reclamaban a posta en marcha desta ordenanza, para manter un número estable de usuarios.
O xoves, 29 de decembro, pleno extraordinario.
Será ás 13:30 horas na Casa do Concello e serán tratados só dous puntos que son as actas anteirores e a regulación dos prezos públicos por servizos ou actividades promovidos polo concello nas áreas de cultura, deporte, xuventude e servizos sociais.
Hoxe, 26 de decembro, reúnese a Comisión de Contas, Patrimonio e Contratación de Pontecesures.
A sesión desta comisión informativa será ás 13:15 horas coa seguinte Orde do Día:
1. Acta anterior.
2. Regulación dos prezos públicos por servizos promovidos polo Concello e Pontecesures en áreas de cultura, deporte, xuventude e servizos sociais.




