La Corporación celebra otro Pleno sin ningún asunto en el orden del día

La Corporación de Pontecesures celebra esta tarde a partir de las 20:30 horas un Pleno ordinario sin ningún tema a tratar dentro del orden del día, que está configurado tan solo por la aprobación del acta anterior, resoluciones de la Alcaldía, informes de Presidencia y ruegos y preguntas. La situación fue denunciada por el concejal de ACP, Luis Sabariz, que recuerda que “dende febreiro de 2006 só se levou por parte do grupo de goberno ós Plenos ?e van sete con este? un único asunto para adoptar acordos, mentras que foron aprobadas, eso si, varias mocións presentadas pola oposición” sobre cuestiones como a la puesta en marcha de la depuradora de residuales o el ferrocarril. Sabariz considera que “levar un asunto en sete Plenos é un triste récord de ineficacia do equipo de goberno. Para que logo digan que só a oposición pon zancadillas”.
(máis…)

Nota da ACP sobre o pleno de mañá

Nota da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP)

Mañá mércores ás 20,30 haberá Pleno ordinario coa seguinte Orde do Día: 1-Actas anteriores; 2-Resolucións da alcaldía. Dar conta.; 3-Informes da presidencia; 4-Rogos e preguntas.

Este grupo quere salientar que dende febreiro de 2006 só se levou por parte do grupo de goberno aos plenos ordinarios (xa van sete con éste) un único asunto para adoptar acordos.. Foron aprobadas, eso sí, varias mocións presentadas pola oposición (EDAR, ferrocarril, petición de un tractor de usos múltiples, etc..). Levar un asunto para aprobar en sete plenos e un triste récord de ineficacia do equipo de goberno. Para que logo digan que a oposición só pon zancadillas.

Esta agrupación presenta unha relación de preguntas ao alcalde que se enganden as 20 pendentes de contestar na sesión ordinaria de setembro pasado cando o presidente levantou a sesión sen respostar as mesmas. Son as seguintes:

(máis…)

ACP acusa ao alcalde de poñer trabas á acta que recolle o debate do gasóleo

gasolinera.jpgA Agrupación Cidadá de Pontecesures acusa ao alcalde, Luís Álvarez Angueira, de retrasar a firma da acta do pleno do día 28 de xuño na que se debateu sobre o gasto do gasóleo nos vehículos municipais.

O portavoz dos independentes, Luís Sabariz, achaca esta situación a que o alcalde non está conforme co contido da acta redactada pola secretaria dadas as aseveracións que el fixo no pleno e que trata de «obstruír» a función dos concelleiros da oposición que precisan este documento para «actuar en consecuencia», di Sabariz.

A pesares de que xa pasaron tres meses, a acta segue sen ser aprobada pola corporación. En teoría debería votarse no pleno do día 25 de outubro.

:: La Voz de Galicia :: Ed. Arousa

A traballadora social de Pontecesures nomeada coma candidata á alcaldía polo BNG no concello de A Estrada.

No día de onte foi presentada en A Estrada como cabeza de lista do BNG para os comicios locais 2007 en dito municipio a traballadora social do concello de Pontecesures, Raquel López Doce que leva prestando servizos na nosa vila dende 1994.

O responsable local do partido Xosé Magariños e Gonzalo Constenla facían pública a decisión adoptada por unanimidade pola asemblea local, ratificando a decisión anterior do consello comarcal.

Raquel López naceu en Figueroa de Arriba en 1967 e milita no BNG dende 1990. Foi responsable local do partido dende 1997 ata 2003 e actualmente exerce coma concelleira (voceira do grupo municipal), vicerresponsable comarcal e membro das comisións nacionais do BNG.

(máis…)