Na mañá deste domingo de entroido, ademais de aparecer derrubado o ancla do peirao, tamén apareceron dúas pintadas con spray de cor verde co seguinte texto: “Dimite Maribel”. Están situadas, ámbalas dúas, na rúa San Lois. Unha na beirarrúa, practicamente diante do supermercado Froiz, e a outra na fachada do edificio onde está ubicado o Banco Pastor, preto do caixeiro automático.
Tamén apareceu pintado o sinal colocado hai uns días para a limitación horaria dos estacionamentos, que se atopa na rúa San Lois, preto de “Golosinas Castiñeiras”.
Coa mesma pintura, tamén apareceu nun edificio en ruínas (antigo club de Nestlé), na fachada da rúa San Lázaro, a inscipción “Jhonatan”, e o debuxo coa cara dun boneco.