Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Caen dous valados de obra por mor do vento desta mañá.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Un deles corresponde á obra de Construcciones Ramón Taibo na rúa Carlos Maside (fronte á cafetería NU-2) e outro da obra de Construcciones Constantino Taibo Tojo na obra da rúa Sagasta (fronte a Correos). Non se ten coñecemento de danos.
Por outra banda, as barreiras do paso a nivel da Factoría están caídas e xa ten aviso ADIF para colocalas de novo.

Máis sobre isto

6 comentarios

  1. Terabyte

    No valado da obra de C.R.T frente a NU-2, sobre as 13:30, creo que se trataba dun Clío, non estou seguro, tiña o valado enriba do coche, non sei se lle ocasionou graves danos.

    O recinto da pista deportiva do final do peirao, está tumbado para o lado contrario do que se reparou, e agora si que está practicamente sobre a pista, ¡case mellor!

    Responder
  2. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Certo, “Terabyte”, pero o coche apenas tivo danos. Só unha raspadura nun espello segundo me dixeron.
    O valado da pista do peirao está nas últimas. Mañá irán ali operarios para decidir o que se pode facer.

    Responder
  3. xiana cores

    O arranxo chapuceiro da pista do peirao e de libro.Esta que da pena siguese poñendo en perigo a xente que utiliza dita pista.Pero bueno supoño que non o queren arranxar porque total coa super remodelación do peirao que vai a vir xa pasan dela.Bueno no caso de que Maneiro lles deixe xa que esta bastante cabreado co do terreo de Valga.E con toda a razón.Aprobase un anteproxecto da obra no pleno que inclue o terreo de Valga e el nin siquera estaba enterado.Moi ben sigan asi tendo esas boas relacións cos concellos veciños.

    Responder
  4. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Estou apreciando “xiana cores” que non encaixas ben a obra do peirao e que desexas que todo vaia mal. Mal asunto; o catastrofismo non é bo. Non pode ser todo negro, pois haberá algo blanco, ou gris. ¿Non si?

    Responder
  5. xiana cores

    Que equivocacdo estas Sabariz.Non estou encontra da obra do peirao todo o contrario.Pero e como se fas unha casa teras que empezar pola cementación e non polo tellado que e o que vos esta pasando a vos con esta obra.Porque penso que o que non se pode e incluir uns terreos no proxecto que non son deste concello.E menos aprobar o anteproxecto no pleno con estas irregularidades sobre o terreo de Valga.

    Responder
  6. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Coa mellor intención do mundo, Portos de Galicia fixo o anteproxecto da obra do peirao incluíndo a maior superficie posibel. Aquí non hai irregularidade ningunha. Senón se poden incluir eses terreos, non pasa nada. Quedan fóra da actuación, e punto.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.