Os ladróns forzaron na madrugada a verxa de entrada deste establecemento, situado nun dos baixos do edificio da Avda. de Vigo, nº 18 (Nacional N-550). Romperon logo un fixo de aluminio da parte baixa do anexo á porta de entrada, deixando un oco, pero aínda que por dito oco era posible a entrada dalgunha persoa delgada, o certo é que ninguén entrou, ignorándose as causas polas que os ladróns abandonaron o lugar sen entrar na librería.
O titular presentou a correspondente denuncia diante da Garda Civil.
Sucesos
Roubos, furtos, accidentes de tráfico, incendios, inundacións, rescates, actuacións policiais ou da Garda Civil, xuízos, detencións e calquera feito delituoso ou accidental. PRIORITARIA sobre Medio ambiente cando hai danos, feridos ou intervención de emerxencias.