Así nas últimas horas, caeu derrubada, por mor do vento, unha barreira do paso a nivel de San Xulián (rúa Cantillo). A estas horas a deficiencia xa foi corrixida por persoal de ADIF.
Tamén unha das árbores pequenas do paseo peonil que vai dende o paso elevado pola N-550 ata o CPI Pontecesures (paseo “verde”), caeu arrancado polo vento.
Por último, tamén están afectando á estrada autonómica Pontecesures-Baloira, unhas árbores que caíron sobre a mesma despois da ponte sobre a Autopista (lémbrase que é o vial que vai para A Estrada). Forzas da Garda Civil dirixíanse á zona a primeiras horas da tarde.
Sucesos
Roubos, furtos, accidentes de tráfico, incendios, inundacións, rescates, actuacións policiais ou da Garda Civil, xuízos, detencións e calquera feito delituoso ou accidental. PRIORITARIA sobre Medio ambiente cando hai danos, feridos ou intervención de emerxencias.