Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 1.558

Sucesos

Un vehículo calcinado en Infesta a pasada madrugada.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Sobre ás 6:50 horas da pasada madrugada incendiouse un Seat León de cor bermella fronte ao domicilio do seu propietario na rúa Ullán nº 27. As explosión que se ian producindo no vehículo pola acción das chamas espertaron a varios veciños da zona.

Participaron na extinción do lume o GES de Padrón de Protección Civil de Pontecesures.

Obras

Colocación de Bandas Sonoras Reductoras de Velocidade na Pista da Barosa e na Rúa Carlos Maside

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

la foto (1)

 

la foto

 

Entre o día de hoxe e mañán, a brigada de obras do Concello está a colocar na Pista da Barosa e na Rúa Carlos Maside unhas bandas sonoras reductoras de velocidade coa correspondente sinalización vertical.

Esta era una actuación moi demandada polos veciños das zonas,  pola peligrosidade,  dada a velocidade á que circulaban os vehículos por ditos lugares.

la foto (2) la foto (5)

Obras

Nota íntegra da ACP sobre a actuación no parque infantil “Vicente Moure”.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

O goberno municipal de Pontecesures decideu incluir a obra do arranxo do parque infantil “Vicente Moure” (a carón da Casa do Concello) no Plan de Obras e Servicios da Deputación de Pontevedra que é o organismo que vai financiar ao 100% a actuación:

Como nada se tratou coa oposición sobre este investimento, a ACP desexa comunicar aos veciños o seguinte:

1. Ã? unha mágoa, pero parecer que non está previsto incluir na actuación o reconstrución da parte danada do muro de contención do parque infantil. Nun dos laterais o muro está danado como se pode apreciar dende as escaleiras do paso que hai entre o edificio da Casa do Concello e o propio parque.

2. Esta agrupación desexa que a actuación no seu conxunto non dane ás árbores antigas que temos no parque. Ã? un patrimonio de todos, o activo máis importante do recinto, e deben quedar a salvo de calquera actuación que prexudique ás mesmas.

En canto ao muro, solicítase que se acometa á reparación en canto sexa posible e sobre ás árbores dicimos, con bastante antelación, que debe estarse moi atento ás actuacións a realizar para evitar os danos e non levarnos logo sorpresas desagradables con feitos consumados.

Pontecesures, 09/09/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures