NOTA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE A CONCESIÃ?N DE SUBVENCIÃ?NS POR PARTE DA XUNTA E DEPUTACIÃ?N
O grupo municipal do Partido Popular recibe con satisfacción a nova da concesión por parte da Consellería de Economía e Industria ó abeiro da orden do 30/04/2013 que destina subvencións para revitalizar o comercio de proximidade e potenciar unha rede galega de mercados de abastos, dunha subvención para obras de reparación no mercado municipal de Pontecesures por un importe de 8.712 â?¬.
Este grupo municipal xa se interesara no pasado Pleno do mes de Xaneiro polas deficiencias estruturais que presentaban ditas instalacións, presentando fisuras nos apoios das cerchas do tellado, e instando ó goberno municipal á elaboración dun informe de solidez e a levar a cabo as correspondentes accións correctoras. Ã? sen dúbida unha boa nova para os usuarios destas instalacións da Praza de Abastos e ven a amosar de novo o compromiso do goberno autonómico co comercio de proximidade.
Destacar do mesmo xeito, que despois de varias denuncias por parte do Partido Popular do mal estado no que se encontraba o Parque Infantil Vicente Moure, o goberno municipal, a través das subvención que concede a Deputación de Pontevedra dentro do Plan de Obras e Servizos, vai a poñer en valor unha area de esparcemento e lecer para os máis cativos do noso concello cun investimento de 48.268 euros.
Dúas boas novas que van a representar investimentos por parte do goberno da Xunta e a Deputación de Pontevedra e que se traducirán nun mellor aproveitamento destas instalacións municipais.
