Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 1.611

Cultura

‘As notas do pemento’ encherá de música o convento de Herbón.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

O emblemático convento de Herbón, en Padrón, converterase en xullo nun inigualable escenario para a posta en marcha dunha nova iniciativa que vén da man da asociación Sementar. Baixo o lema As notas do pemento, o entorno do convento franciscano acollerá todas as fins de semana do próximo mes un ciclo de concertos. Entre a variada oferta atópanse tanto cuartetos de vento coma recitais líricos.

Así, os primeiros en saltar ao escenario do emblemático entorno padronés serán os membros da agrupación Ensemble Gioia. Trátase dun grupo de mozos composto por Belén Freire (á frauta), Natalia Insua (clarinete), José Manuel Quintián (Trompeta), Marta Freire (saxo alto), María Santos (saxo tenor) e Ana Moas (ó cello). A actuación será o próximo venres, 5 de xullo, ás 20.30 horas.

EL CORREO GALLEGO, 29/06/13

Cultura

O grupo Algueirada actúa nun festival en Rois.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

O sábado 29 de xuño, ás 19 horas, no Multiusos de Rois celebrarase un festival infantil de folclore tradicional coa participación dos seguintes grupos:

-AC Rosalía de Castro de Padrón.
-AC Algueirada de Pontecesures.
-AC A Mámoa de Teo.
-OCT Chorima de Rois.

Organiza o Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima de Rois e colabora o Concello de Rois.

Cultura

Festas do Carme 2013 en Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

VENRES, 5 DE XULLO

-Pola mañá gran disparo de foguetes.
-Ás 20:00 horas no “Ramón Diéguez” partido de fútbol Flavia S.D-Cordeiro, equipos de 1ª rexional.
-De 22:00 a 2:00 horas. Dj na Plazuela.
-De 00:00 a 4:00 horas. Dj xunto a Correos e no no peirao.

SÁBADO, 6 DE XULLO.

-Pola mañá disparo de foguetes.
-Ruada a cargo dos grupos Xarandeira e Airiños do Meda.
-De 11:00 a 13:00 horas, xornadas de baloncesto no pavillón para nenos/as de 8 a 11 anos (organiza o CB. Extrugasa Río Ulla).
-Ás 12:30 horas na Plazuela, actuación de Xarandeira e de Airiños do Meda.
-Ás 21:00 horas 1ª Carreira de burros. Trofeo A.C. Festa Rachada. Saída da Plazuela.
-Ás 22:00 horas, no peirao verbena cos grupos Troco e Nubes.

DOMINGO, 7 DE XULLO

-Pola mañá disparo de foguetes
-Ruada a cargo da Banda de Música Municipal de Valga e concerto ás 13:00 da citada banda na Plazuela.
-Ás 18:30 horas, tradicional Desfile Valeiro
-Ás 19:00 horas, misa cantada pola Coral Polifónica A Barcarola, e deseguido procesión da Virxe do Carme polas rúas do pobo con ofrenda floral no peirao. Ao remate da procesión concerto pola Banda de Música Municipal de Valga.
-As 22:00 horas no peirao,Orquestra Capitol.
-Ás 00:00 horas, Hugo y Yhadira en concerto, concursantes do programa La Voz de Tele 5.
-Remata a festa a Orquestra Capitol.

LUNES, 8 DE XULLO.

-Pola mañá, disparo de foguetes-
-Ruada a cargo do grupo folclórico Algueirada.
-Ás 12:30 horas, nmisa cantada pola Coral Polifónica de Pontecesures na honra do Santo Antón.
-De seguido na Plazuela, actuación do grupo Algueirada.
-Ás 18:00 horas na Plazuela, xogos populares para nenos e maiores, carreiras de sacos, baile da pataca, tiro á chave, etc…
-Ás 22:00 horas no peirao, Festa Rachada co grupo Assia e a orquestra Olympus.

Organiza: A.C. Festa Rachada
Colaboran. Concello de Pontecesures, Concello de Valga, Deputación de Pontevedra, casas comerciais e veciños.

Esquelas

Morreu Mª Luisa Duarte Fojó.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Aos 58 anos morreu esta veciña de Porto (rúa Calera 31) que estaba casada con Secundino Domínguez Castiñeiras. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. O venres día 28 de xuño, ás 19 horas, terá lugar a misa fuenral na Igrexa Parroquial de Pontecesures e logo os restos mortais recibirán sepultura no camposanto muncipal de Condide.
Descanse en paz.

Medio ambiente

La ACP de Pontecesures denuncia el estado de abandono en el que está el cementerio.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

La ACP de Pontecesures ha denunciado ante el gobierno local el mal estado en el que, dice, se encuentra el cementerio de Condide. Según el partido liderado por Luis Ángel Sabariz, hay “maleza alta delante de los nichos y en las zonas ajardinadas”, que lucen un estado de “abandono con malas hierbas por todas partes”.

Sabariz declara que “no se concibe por qué no se cuida este espacio municipal”, pues, apunta, “es realmente triste el estado que presenta nuestro cementerio”.

Muchos vecinos de Pontecesures que tienen enterrados allí a sus seres queridos se han quejado, según la versión de la ACP, del estado en el que se halla el camposanto. “Lo consideran una falta de respeto”, dice el edil.

“Hace más o menos un año, un vecino tuvo que ir con una hoz para cortar la maleza frente al nicho de un familiar”, recoge Luis Ángel Sabariz, que adelanta que “si no se limpia el cementerio en breve va a tener que hacer ahora lo mismo”.

El líder de la ACP de Pontecesures reclama al gobierno local que “reaccione y acondicione el cementerio”, lo cual, señala, es una “tarea prioritaria” para el concello del Ullán.

La explicación del partido de la oposición es que el camposanto lleva años abandonado por la administración local, que se ha desentendido, dicen, del mantenimiento que necesita para que no presentar esta imagen.

FARO DE VIGO, 27/06/13