Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 1.942

Sociedade

Homenaxe ás mulleres emprendedoras en Valga.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

O Concello de Valga, dentro dos actos do Día da Muller Traballadora, quere homenaxear ás mulleres emprendedoras, polo que lle prega a todas aquelas xubiladas que foran autónomas, empresarias, ou que estiveran á fronte dun negocio familiar que se poñan en contacto co Consistorio ata o 3 de marzo.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 21/02/12

Emprego

Preparación do aniversario da Batalla de Casal do Eirigo.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

O Concello de Valga, en colaboración coa Asociación Cultural Héroes de Casal do Eirigo 1809, están a preparar os actos do 203 aniversario da Batalla de Casal do Eirigo, polo que se convoca a todos os que queiran participar nas actividades. Máis información nos teléfonos 986/559456 e 659/087290.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 21/02/12

Festas

Mércores de cinza.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Columna “Devagar”, Por Xavier Senín (Escritor).

UN ANO os rapaces formárona boa no entroido. Polo menos, a maioría da xente apuxéralles a eles aquela entroidada. A tarde do martes de entroido apareceu un grupo de choqueiros, que así era como se chamaba alí a xente que se disfrazaba. Ían todos vestidos de farrapos, con pezas de roupa vella de muller que colleran pola casa nos baúis dalgún fallado. A cara levábana tapada con caretas de cartón que deberan comprar na tenda da Luzdivina, por máis que despois ela asegurase que non eran das que ela tiña a vender. Todos eran homes, polo empeño que poñían en disimular as súas voces verdadeiras falando de falsete. Con todo, víase que procuraban falar o menos posible e non levaban reloxos no pulso nin calquera outra cousa que puidese identificalos. Paseaban xuntos pola rúa e íanse metendo coa xente coa que se cruzaban, facendo referencias a pequenas cousas que demostraban que eran bos coñecedores do que se cocía na vila. Algunha xente asustárase e andaba cos nervios á beira de todo porque quen máis quen menos tiña algo que rañar e non quería que se soubese. Unha das persoas máis afectadas foi a Manuela, que liscou coma un foguete para a casa, logo de lle cuscubiñaren dous deles algo que só ela escoitou. Ninguén sospeita o que podía ocultar a muller, pero debía ser asunto serio pola reacción que tivo. O grupiño aquel esvaeuse con tanto misterio como aparecera e nunca máis se soubo, por máis que houbo quen tentou identificar aqueles entremetidos.

Ao día seguinte era mércores de cinza e aínda que non existía obriga de asistir á misa coma nos días de precepto, nalgunhas casas mandaron a xente nova á cerimonia. Na misa o cura foilles marcando na fronte unha cruz coa cinza mentres pronunciaba aquelas palabras en latín que parecían máxicas, sobre todo aquilo de “… et in pulverem reverteris”. O abade, mentres cumpría o rito, fitaba os mozos un a un para tentar adiviñar quen foran os responsables do que pasara o día anterior. Ningún deixou traslucir nada e, por certo, a Manuela aquel día non pisou a igrexa.

EL CORREO GALLEGO, 20/02/12

Escritor

Festas

Ganadores de los premios de Carnaval en Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Pontecesures también se vistió de Carnaval y repartió premios en metálico, como los que recayeron en â??El arco irisâ?� (infantil individual), â??Un sono, un pesadeloâ?� (parejas infantiles), â??Raíña do Faiadoâ?� (individual adulto), â??Hoxe toca cocidoâ?� (parejas de adultos) y â??Natación desincronizadaâ?� (carrozas).

DIARIO DE AROUSA, 20/02/12

Deportes

Campionato de truco no Belsay.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

A cafetaría Belsay de Pontecesures, da Avda. de Vigo. organiza este campeonato que terá lugar o venres, 24 de febreiro, ás 22:00 horas e no que está previsto pue participen 32 parellas que deben pagar 30 euros coma cota de inscrición. Os premios serán de 500, 300 e 100 euros para as tres parellas que ocupen os tres primeiros postos.
O sorteo celebrarase o propio venres no local ás 21:30 horas. Información é inscricións no teléfono 669/530887.