Retornados de Ulla-Umia se manifiestan en Santiago por su conflicto con Hacienda.

La convocatoria a cargo de la Asociación do Ulla-Umia reunió a cerca de medio millar de personas de toda Galicia

La administración reclama la tributación de las pensiones recibidas del extranjero entre 2008 y 2012.

Una importante representación de la comunidad de emigrantes retornados a Galicia, en torno al medio millar, se manifestó en la mañana de ayer frente al Parlamento de Galicia para reclamar una solución al conflicto que vienen manteniendo con Hacienda. El ente público le reclama la tributación de las pensiones recibidas de otros países entre los años 2008 y 2012.

La magnitud de la problemática se reflejó en la solidaridad mostrada por representantes de asociaciones de toda Galicia. A la convocatoria de la delegación de Ulla-Umia se sumaron el resto de plataformas de Galicia como O Morrazo, Vimianzo-Carballo, Deza, A Mariña y O Salnés, entre otras. Tampoco faltó representación política encabezada en este caso por Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas de Reis.

La reivindicación del colectivo de emigrantes retornados se cimienta en tres puntos capitales. El primero de ellos es el referido al cierre de los expedientes abiertos y que se devuelvan los intereses y las sanciones que ya han sido abonadas. Otra de las peticiones es la de que no se inicien más expedientes sancionadores y, por último, se proceda a modificar la legislación vigente en lo relativo a las rentas generadas en el extranjero, y que además esta modificación tenga carácter retroactivo.

Los miembros de estas plataformas demandan “un trato justo e igualitario”. Celso Domínguez Búa, presidente de la Asociación de Emigrantes Retornados del Ulla-Umia, añade al respecto que “no podemos entender que aquellas personas que se acogen a la amnistía fiscal solo se les aplique un tipo de un 10% y, sin embargo, a los pensionistas nos apliquen no solo el interés correspondiente con el IRPF, sino también que tengamos que pagar intereses de demora y sanciones”. Añade además que “teniendo en cuenta, además, el grado de desinformación con el que nos encontrábamos en todo momento cuando íbamos a preguntar a Hacienda si debíamos declarar o no nuestras pensiones”.

La próxima actividad en la que participará la Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia será la manifestación que tendrá lugar en Madrid el próximo 29 de octubre organizada por la Federación Española de Emigrantes Retornados. La marcha partirá de la Puerta del Sol para dirigirse al Congreso de los Diputados. Además está previsto otro acto más de carácter reivindicativo en Vilagarcía, con fecha aún por determinar, que contará con la presencia de plataformas de toda Galicia.

Faro de Vigo

Plan marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal

O equipo de Goberno do Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de ampliación e mellora en cinco camiños municipais, actuacións necesarias para mellorar o funcionamento e a seguridade dos viais sobre os que se vai actuar, mediante a presentación dun anteproyecto dentro do Plan marco do AGADER, ??Programa de melloras de camiños de titularidade municipal?.

As obras consistirán na mellora do firme e na ampliación da sección viaria de cinco camiños, naquelas zonas onde máis necesidade exista polo estado actual dos pavimentos.

As zonas de actuación son as seguintes:

1)    Rúa Forneiras- Curva

Prevese ampliar a anchura da zona pavimentada, nunha franxa de 1 metro por 28 metros de largo, no interior da curva. Deprazarase a cuneta existente cara o interior.

Con esta actuación preténdese mellorar a seguridade nunha curva onde o largo actual do vial resulta perigoso para o cruzamento de vehículos.

Forneiras-curva

2)    Rúa Forneiras- Tramo Inicial

Colocarase unha canalización de PVC, ? 315 mm, duns 12 metros de lonxitude. Sobre eses 12 metros completarase o asfaltado actual do camiño. Nos seguintes 15 metros, asfaltarase unha franxa de 1 x 15 metros, pola marxe este. Colocarase un sumidoiro para recoller as augas pluviais e levalas ata o tubo instalado. O tubo envolverase con formigón.

Con esta actuación tamén se pretende mellorar a seguridade viaria, ampliando o largo do vial, evitando o  risco de accidentes pola proximidade dunha cuneta con bastante fondo (no tramo que se prevé canalizar) e encauzando as augas pluviais para que non discorran polo firme.

Forneira-tramo inicial

 

 

3)    O Souto

Prevese aplicar unha nova capa de rodadura, duns 460 m², así como facer un alcorque circular entorno á palmeira existente.

Trátase de mellorar a seguridade do firme, que está moi deteriorado, e ordenar o tráfico e protexer a palmeira que quedou no medio da zona asfaltada dun cruzamento de camiños.

O Souto1O Souto2

 

4)    Rúa Fontaíña

Os 160 metros de vial, uns 560 m², pavimentaranse cunha capa de asfalto sobre o formigón actual.

Trátase de mellorar a seguridade e a funcionalidade do vial, dotándoo dunha capa de pavimento asfáltico sobre o actual pavimento de formigón, que está moi deteriorado, con numerosas roturas e sucesivas reposicións das gabias de servizos que se foron abrindo desde fai moitos anos.

Fontaiña

5)    Condide

No camiño de Condide, que sirve de acceso ao cemiterio municipal, prevese anchear a súa sección nunha curva pechada onde resulta complico o paso de autobuses, mediante a ampliación do largo do vial polas dúas marxes. Polo lado este será preciso executar un pequeno muro de pedra do país,xa que a parcela cara a que se produce o ancheamento está a unha cota máis alta.

Entre a superficie ampliada e a de reposición do asfalto actual, realizaranse uns 395 m² de asfaltado.

Preténdese mellorar a seguridade e a funcionalidade deste tramo do camiño de Condide, que presenta unha especial dificultade para os autobuses e os coches fúnebres no seu camiño ao cemiterio, debido a que á forte pendente e á curva pronunciada únese o feito de que o pavimento está bastante deteriorado.

Condide1Condide2

6)    Rúa do ensanche

Nun tramo duns 40 metros de lonxitude por 6 de largo (240 m²), aplicarase unha nova capa de asfalto sobre a existente.

Trátase de mellorar a seguridade viaria mediante a reposición dun firme deteriorado.

Ensanche

Ascende o presuposto xeral por contrata (IVE incluído) á cantidade de 37.776,85 ?.

 

Agapito Sánchez Otero, contratado como técnico de protección civil.

A selección deste traballador, incluído no plan de emprego 2013 da Xunta de Galicia, foi realizada onte polo Concello de Pontecesures por entrevista diante do tribunal formado por Rafael Randulfe Vieites (presidente), Xurxo Gerpe Jamardo (vogal) e José Francisco Rodríguez Fructuoso (vogal e secretario).

As puntuacións dos presentados foron as seguintes:
-Agapito Sánchez Otero, 3,50 puntos.
-Olga Lestido Gerpe, 2,80 puntos.
-Santiago Longo Piñeiro, 0,50 puntos.
-José Luis Vázquez Blanco, 0,50 puntos.

Só había un posto a elixir e foi asxudicado ao aspirante de mellor puntuacción.

O contrato é por un ano, co 75% da xornada laboral.

José Carlos Angueira Bentrón e Natividad Agrasar de Villanueva contratados como auxiliares de xardiñería.

A selección destes traballadores, incluídos no plan de emprego 2013 da Xunta de Galicia, foi realizada onte polo Concello de Pontecesures por entrevista diante do tribunal formado por Rafael Randulfe Vieites (presidente), Xurxo Gerpe Jamardo (vogal) e José Francisco Rodríguez Fructuoso (vogal e secretario).

As puntuacións dos presentados foron as seguintes:
-José Carlos Angueira Bentrón, 8,90 puntos.
-Natividad Agrasar de Villanueva, 6,70 puntos
-María Gómez César, 5,10 puntos.
-Rosa Mª Alcalde Lojo, 4,35 puntos.
-Mª Jesús Cadilla Túñez, 3,60 puntos.

Dous eran os postos a elixir que recaeron nos aspirantes das dúas mellores puntuacións.

O contrato é por uns catro meses co 75% da xornada laboral.

MIRIAM GARCIA LESENDE DEBUTA CO EQUIPO DE LIGA FEMININA 2 DO CORTEGADA

0 roupa

A cesureña Miriam Garcia  Lesende debutou estes pasados días atrás co equipo senior da AD Cortegada, o Portomar Cortegada, que milita na 2ª máxima división do baloncesto feminino. Foi o pasado sábado 5 de outubro, nun amistoso en Pontedeume entre o seu equipo e o Universitario de Ferrol. A nosa veciña xa tuvo oportunidade de saltar á cancha e xogar uns minutos.

1 xogandoAqui a podemos ver o día do seu debut.

A crónica completa dese partido está no seguinte enlace:

CRONICA FERROL

Este pasado fin de semana repetiu, e xogou en Vilagarcía uns minutos do partido das maiores contra o potente equipo Balear do Instituto Fertilidade Air Europa.

A crónica deste outro partido está aquí:

CRONICA INSTITUTO FERTILIDADE AIR EUROPA

Hai que recalcar que esta xogadora, que se iniciou na escola e nos equipos de minibasket do CB. Rio Ulla inda é xogadora do equipo xuvenil do seu club, pois conta 17 anos (naceu en 1996). Leva xogando na AD Cortegada 6 anos. Froito do seu traballo e esforzo, chégalle agora esta oportunidade de xogar cas maiores nunha liga que é escaparate cara metas mais grandes.

¡¡¡ Parabens e non deixes de intentalo !!!

Para a ACP a ximnasia de adultos dependente do Concello de Pontecesures en clara decadencia.

Outra das actividades que ía a máis cada día coa xestión do goberno anterior marcha en picado. En esta ocasión é a da ximnasia de adultos. A ACP xa anunciou en varias ocasións que as decisións que ía tomando o goberno local conducían ao fracaso a esta actividade e, desgrazadamente, acertou de cheo.

No curso 2011/2012, no que había unha gran profesional á fronte da actividade que levaba anos contratada, tentouse rematar a actividade o 30 de abril de 2012 coas conseguintes queixas das usuarias. Prescindiuse para o curso 2012/2013 desta monitora e pasouse a unha confusa privatización do servizo cunha empresa con ánimo de lucro á que lle deixou gratuitamente o goberno local ás instalacións públicas e os materiais de todos permitíndolle cobrar ás usuarias directamente uns prezos fixados unilateralmente pola empresa pasando das cantidades previstas nas ordenanzas fiscais municipais que son máis baixos. Xa no seu día isto foi considerado como unha situación irregular dándose a circunstancia ademais de que non se promoveu a concorrencia para seleccionar á empresa en cuestión. Ademais, no derradeiro trimestre de 2013 houbo algunhas incidencias negativas ao facerse en horario de clases unha serie de chamamamentos para colaborar, a modo de voluntariado, en diversas actividades promovidas polo goberno local, algo que foi moi criticado por algunhas usuarias e por esta formación política e que causou xa un “goteo” de abandonos durante o curso ao tratar de mesturarse a ximnasia coa xestión do grupo gubernamental.

Para esta tempada 2013/2014 a mesma empresa do curso anterior está a fronte da actividade anunciando hai pouco o concello un convenio con dita empresa. Pois ben; de haber dous grupos completos ás 20 e ás 21 horas dos martes e os xoves e incluso unha listaxe de espera polo exceso de inscricións, como en moitos anos anteriores, temos este curso un grupo só, (o das 21 horas) por falla de asistentes.

Así van as cousas no noso concello. Os nosos veciños están a acodir en bo número ás actividades ximnásticas desenvolvidas noutros municipios limítrofes. ¿Cales son as razóns?. Pois as expostas, e tamén o non contar con aparellos para os exercicios. O goberno anterior preparou un espazo magnífico no anexo do pavillón para esta actividade, e para a colocación dos aparellos deixou tramitada unha solicitude de subvención xa que estaba recente o remate das obras de acondicionamento, pero este goberno abandonou a idea a pouco de chegar. Agora nos lamentamos de non ter unha oferta atractiva para o desenvolvemento destas actividades promovidas polo concello que, coas decisións do executivo de Pontecesures, van francamente á deriva.