O edificio é en Redondo 26 e a intersección e a da pista municipal que vai dende a N-550, polo lateral da finca de Maderas Magán, ata a Charca. Agora o cruce coa estrada nacional é moito máis ancho. Esta era unhas das obrigas da promotora e agora só lle queda poñer en funcionamento as dúas luminarias das farolas colocadas pola empresa nas beirarrúas do edificio, na N-550.
Cores Tourís visitou en Pontecesures as obras de Medio Rural.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado do xefe territorial de Medio Rural, Gerardo Zugasti, e do xefe de infraestruturas, Julián Alvira, visítou a rüa Mimosas e o Camiño dos Acevedos onde comezan estas obras do Plan de Emerxencias 2011 en base a un convenio asinado poolo goberno municipal anterior.
Estiveron no acto o alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira e os tres tenentes de alcalde, Cecillia Tarela, Ángel M. Souto e Roque Araújo.
O CONCELLO DE PONTECESURES ?NESE Á INICIATIVA DE ??RECICLAXE SOLIDARIA? XUNTO COA FUNDACI?N AMIGOS DE GALICIA PARA AXUDAR Á PEQUENA AITANA
A Fundación Amigos de Galicia, a quen se une o Concello de Pontecesures, en colaboración coa Fundación Seur, apoian a iniciativa de ??reciclaxe solidaria? para axudar á pequena Aitana, unha nena de nove anos, nacida en Tarazona (Zaragoza) cunha cardiopatía conxénita, ATRESIA PULMONAR SIN TRONCO PULMONAR CON COLATERALES.CIV, COMUNICACI?N INTERVENTRICULAR E FISURA PALATINA.
A iniciativa consiste en recadar o maior número de tapóns de plástico, que serán recollidos por unha empresa de reciclaxe, para poder costearse a intervención quirúrxica no Children Hospital de Boston, que ten un importe de 300.000?.
Tras varias operacións, 6 cateterismos e múltiples probas médicas ás que a pequena Aitana veuse sometida desde 2006, a única solución que aportaron os médicos sería un doble transplante de pulmón e corazón, sendo unha intervención moi complicada e sen ninguna garantía de éxito, pero que lles abreu unha porta á esperanza.
Unha iniciativa idéntica impulsada no mes de maio para axudar a un neno bilbaíno consigueu reunir 20 toneladas de tapóns. Trátase de Iker, de quince anos que sufre unha ATROFIA MUSCULAR ESPINAL. Para que a súa vida puidera cambiar necesitaba un sofisticado e caro aparato ortopédico que lle permitira estar de pé durante unhas horas o día, e con elo desenvolver os seus órganos vitais con normalidade. A empresa Bilboplastic comprometeuse a costearlle os 8.000 ? que costaba o aparato, a cambio de 20 toneladas de tapóns de plástico, que foron acadados.
Vista a grande aceptación que tivo dicha iniciativa, na actualidade estase levando a cabo outra campaña de ??reciclaxe solidaria? a nivel nacional para axudar a Aitana, á que se suma o Concello de Pontecesures, polo que solicitamos a todos os vecinos e veciñas que poidan e o desexen, que depositen no contenedor instalado ao efecto nas dependencias municipais, todos os tapóns de plástico que poidan.
Por outra banda, o Concello de Pontecesures ofrece contenedores a todos aqueles establecementos que así o soliciten para esta acción solidaria.
O día 21 de outubro Asemblea Xeral da Mancomunidade Ulla-Umia.
Será ás 20 horas na Casa da Cultura de Cuntis e están convocados todos os concelleiros de Valga, Catoira, Cuntis, Portas, Caldas, Moraña e Pontecesures. A orde do día é o seguinte:
1. Formación da mesa de idade e constitución da Asemblea Xeral
2. Elección dos vinteun membros da Comisión Executiva.
A orquestra Salsa Rosa, esta noite en Chanteclair.
Hoxe domingo, 16 de outubro, actuará a orquestra Salsa Rosa na sala de festas cesureña.
Música e churrasco os venres no Bar Mambís.
O Bar Mambís da rúa San Lois de Pontecesures anuncia que todos os venres, a partir das 20:00 horas, haberá música e churrasco no establecemento.
O “Cafetería Sol y Mar” gaña o Memorial Victoriano Trenco de fútbol 7.
O conxunto cesureño impúxose por 4-1 ao Norvel Extrugasa na final que tivo lugar onte no campo Ramón Diéguez. Previamente nas semifinais o Cafetería Sol y Mar eliminou ao JLL/Benjamín Ramos e o subcampión deixou fóra ao Elite Electricidad.
Vidal Seage nas listas do PP ao Senado.
Juan Manuel Vidal Seage, concelleiro do PP en Pontecesures, aparece como suplente primeiro de José Luis Rivera Mallo na lista que presenta o Partido Popular ao Senado na provincia de Pontevedra.
