Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 2.344

Sociedade

La Fundación Cela, a debate.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

La Comisión de Cultura reclama que se investigue el destino de los fondos públicos ·· El PSdeG reafirma la sede de Iria pero habla de traslado de fondos al Gaiás

La Comisión de Cultura,integrada por los tres grupos parlamentarios PPdeG, PSdeG y BNG, acordaba el pasado jueves día 25 solicitar a la Mesa del Parlamento que se dirija a la Comisión no Permanente del Consello de Contas para que éste realice una investigación acerca del destino y el empleo de los fondos públicos ortorgados por la Xunta a la Fundación Camilo José Cela en los últimos diez años.

La propuesta partía de la proposición no de ley presentada por la formación nacionalista en octubre pasado y defendida por Ana Pontón. Dicha iniciativa también recoge que, de no iniciarse en 2011 esta fiscalización de los fondos recibidos por la Fundación Cela, el Parlamento pedirá a la Xunta que la inicie por cuenta propia.

Sin embargo, el PPdeG rechazaba uno de los puntos de la iniciativa nacionalista relativa a la permanencia en Iria de los fondos bibliográficos de Cela, defendiendo, pro contra la cesión a la Cidade da Cultura.

Ana Pontón recordó durante su intervención, según recoge Europa Press, las numerosas “denuncias” que “cuestionan” la gestión de fondos públicos dentro de la Fundación Cela; y pidió conocer qué costes asumirá la Xunta tras la conversión en pública de esta fundación.

OTRA INICIATIVAPermitir el acceso al entorno personal y objetos del Nobel
Por otra parte, dicha comisión también aprobaba con los votos a favor del PPdeG, y la abstención de PSdeG y BNG, que la sede de la fundación se mantenga en Iria, tras su conversión en pública.
Los populares recalcan que la Xunta pondrá en marcha un plan de saneamiento y que se permitirá el acceso al â??entorno personal y objetosâ?� de Cela.
En la defensa de su proposición no de ley, el PPdeG también apostó por una rebaja en el precio de la entrada para promocionarla y han dejado la puerta abierta a que los fondos de la entidad â??más vinculados a la actividad investigadoraâ?� puedan â??tenerse en depósito en la Biblioteca de Galicia situada en el Gaias, algo que rechazó la oposición.

TIERRAS DE SANTIAGO, 30/11/10

Medio ambiente

El puente interprovincial sobre el río Ulla.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

El primer dibujo que ilustra estas páginas es un hermoso trabajo a plumilla que data del siglo XVIII. En él se ve parte del lugar padronés de A Ponte (o Puente Cesures), con el emblemático puente interprovincial que separa Padrón de Pontecesures, y las provincias de A Coruña y Pontevedra.

A Ponte sigue manteniendo el mismo espíritu que hace dos siglos, con ligeras diferencias, alguna construcción más y un nuevo pantalán. El abandono de los márgenes del río Ulla es notorio, y al fondo, el puente sigue pétreo, con más tránsito que hace doscientos años atrás.

TIERRAS DE SANTIAGO, 30/11/10

Política

Los concellos del Sar-Ulla retoman el tren de cercanías.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

La comisión de defensa del tren de cercanías del tramo Vilagarcía Santiago, integrada por los diez concellos afectados y por la Federación Española de Asociaciones de Amigos del Ferrocaril retoman su actividad. La comisión está llamada a una asamblea a celebrar en Padrón, el próximo 2 de diciembre (17.30 horas) en el salón de plenos donde se analizarán las gestiones realizadas hasta la fecha para la permanencia del tren de cercanías, las iniciativas y gestiones a corto plazo. También se hablará sobre la exposición itinerante del primer ferrocarril gallego Carril-Cornes.

TIERRAS DE SANTIAGO, 30/11/10

Medio ambiente

Miguel Piñeiro: “Queremos significar o compromiso cos ríos”.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Periodista e director editorial do xornal de pesca “Trueiro”

O xornal entregaralles o día 3 en Padrón os seus terceiros premios a persoas e entidades comprometidas co medio natural galego ·· Pescadubra será unha das galardoadas por achegar á pesca as persoas con discapacidade

– Antes de falar dos premios e da pesca, falemos de Trueiro. Hai uns anos que botou a andar ¿cal é o seu balance?

– Levamos tres aNos de andaina; 12 cabeceiras, un especial para Asturias e nos vindeiros días saíra o último número deste ano. Incrementamos nun 24% a mancha publicitaria, porque o mercado ao que nos diriximos é hiperespecializado. Foron uns anos bonitos, traballando arreo e pondo un pouquiño de luz neste mundo de verteduras incontroladas, tentando facer un pouco de país e mirando polos nosos ríos.

– â??Trueiroâ?? non é só un xornaldedicado á pesca, senón a todo o que a rodea.

– Si. A pesca é algo máis que sacar peixes. Hoxe é un factor de dinamización económica e social en Galicia, pero é un exercicio de liberdade, un compendio de sensacións, de estar cos amigos e co medio. Segue habendo un reduto de furtivismo que segue usando os ríos como despensa e fonte de ingresos ilegais.
– A achega de â??Trueiroâ?? tamén é para concienciar a xente de que é necesario protexer os nosos ríos.
– Tentamos concienciar á xente de que o prezo do progreso está sendo alto para as circunstancias actuais e que os ríos de Galicia son a verdadeira arteria do noso país, que precisan dunha concienciación colectiva e unha actuación inmediata por parte do poder político.

– A todos nos debería preocupar o tema medioambiental dos ríos, pero máis aos pescadores. Serán agora máis pacientes que nunca…

– A paciencia dos pescadores non ten límites. E chegará ata que veden a pesca. E imos camiño diso. As estruturas da administración son cada vez máis restritivas e máis duras para co pescador, non para outros factores que inflúen nos stocks poboacionais de salmónidos dos ríos, enténdase grandes centrais, presas, obstáculos naturais, furtivismo, contaminación, etc…Iso parece que non conta.
– Supoñemos que alguén traballará para solucionalo, ¿non?

– Moita xente e sen ir máis lonxe esta casa mesmo, pero estamos contra unha apisoadora que é o poder da sociedade actual, o poder da contaminación. Hai xente que si ten un compromiso moi firme co medio natural e cos ríos de Galicia. Nese senso temos pensado o vindeiro ano institucionalizar un premio para medios de comunicación que se teñan significado na defensa dos ríos de Galicia.
– Os que xa están instaurados son os premios Trueiros, que se entregarán este venres, día 3. ¿Como naceu a iniciativa?

– O xornal naceu como unha necesidade dun grupo de profesionais que nos interesa a pesca e o medio natural. Non só había que traballar en prol da defensa dos ríos senon felicitar e darlles apupo a aquelas persoas, empresas, organismos… que levanten a man dicindo eu quero traballar polos ríos de Galicia.

– Imos co primeiro, o Liña tensa

– Polo vencello e o compromiso con Galicia, dámolles este ano á empresa Think Fish, con sede en Madrid, con I+D español, desenvolvemento empresarial alemán e materiais de Suecia.
– ¿Onde hai que estar?

– Onde hai que estar é para nós a definición de â??Trueiroâ?? e onde hai que estar estivo a gardería do Mandeo, que tivo un comportamento exemplar cernando unhas operacións duns furtivos que ían supor un dano irreparable para o río.

– ¿O que pasa?

– Ã? para Adega e o Proxecto Ríos, e en concreto para todo ese corpo de voluntarios que traballan nel, pondo de manifesto que pasa cos nosos ríos e a calidade das súas augas.

– ¿E o premio A nosa?

– Para unha sociedade realmente exemplar O Ranqueiro que todos os anos organiza dúas xornadas de Pescadubra, unha delas para persoas con discapacidade, de xeito que poidan acercarse ao mundo da pesca como calquera outra persoa. Para Pescadura, o noso recoñecemento e o noso aplauso.

– E, ¿as graciñas, para quen van?

– Para o exemplar labor realizado dende o ano 1994 polo xefe de biodiversidade da provincia de Pontevedra, Pablo Caballero. O seu labor permitiu a repunta das capturas de salmóns autóctonos no Ulla.

EL PERFIL
-Naceu o 3 de setembro de 1960 en Catoira.
-Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela, maila iso, sempre traballou como escritor e periodista. Ã? director editorial do xornal de pesca Trueiro, locutor da Radio Galega e colabora con diversas revistas especializadas en pesca deportiva.
-Ã? amante da pesca esa é a súa principal afEción, xunto coa montaxe de moscas. Pero tamén goza tocando a batería e coidando a súa horta de Pazos, en Padrón.

TIERRAS DE SANTIAGO, 30/11/10

Sociedade

Ximnasia terapéutica para maiores en Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Estan dirixidos estes cursos para homes e mulleres maiores de 6o anos que estean empadroados en Pontecesures.
As prazas son 20 (por orde de inscrición) e as clases serán impartidas no Centro Social de Pontecesures.
Os interesados/as pódense inscribir no servizo de atención primaria do concello persoalmente ou chamando por teléfono 986/564409

Obras

Nuevo apagón de luz en Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Sobre las 18:45 horas de hoy, 30 de noviembre, la línea de media tensión y los dispositivos de un poste cerca de la pista de Forneiras en San Xulián comenzó a explosionar ocasionando un fuerte ruido e incluso llamas en el tendido. Fue avisada la Policia Local y el servicio de averías de Gas Natural Fenosa.
Quedaron sin servicio las mismas calles que en la avería del pasado sábado (José Novo Núñez, Avda. de Vigo, Ullán, Redondo, Plaza de Pontevedra, el lugar de San Xulián, etc..). El suministro se reanudó a las 19:10 horas en la mayoría de las zonas. En San Xulián, algunos minutos después.

Obras

Medio Rural afronta as pavimentacións da Subida ás Escolas e dun tramo da pista da Tarroeira.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

A Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural ven de comunicar ao concello que con cargo ao Plan de Infraestruturas Municipais 2010 vanse executar en Pontecesures dúas obras:

-Pavimentación da Subida ás Escolas.
-Pavimentación de pista en Tarroeira.

Na primeira das actuacións vaise mellorar o firme da rúa Raimundo García Domínguez “Borobó” que vai dende a intersección da Estrada Autonómica PO-214 Pontecesures-Baloira ata o CPI Pontecesures. O treito afectado vai dende a citada intersección ata a biblioteca municipal xa que o firme actual parte do vial está moi deteriorado.

Na segunda vaise mellorar o firme nunha pequena parte da pista da Tarroeira que ten a capa de rodadura moi danada con numerosos baches, partindo da redonda de intersección coa Nacional 550, e case na liña divisoria de Pontecesures con Valga.

O importe de ámbalas dúas actuacións é de 20.163,97 euros que son afrontados pola consellería do Medio Rural na súa totalidade.

Dende o concello xa foi enviada a documentación sollicitada en canto á titularidade dos terreos e as obras van ser licitadas en xaneiro segundo as informacións que temos.