Normalidade nesta xornada de visitas aos cemiterios.
Con normalidade desenvolveuse esta xornada. O Concello de Pontecesures había preparado un operativo coa presenza de Protección Civil e da Policía Local pola mañá e pola tarde. Tamén un operario de limpeza estivo a traballar nas entradas dos cemiterios ne xornada de mañá, e recolleuse o lixo a pesar de ser día festivo. Na capela do Cemiterio Municipal de Condide instalouse un pequeno equipo de megafonía para o exterior que aínda que tivo algún problema, axudou algo ao seguemento do acto relixioso.
A única incidencia foi a colisión da mañá na N-550 e hai que salientar a gran cantidade de vehículos que había no exterior do cemiterio de Condide á hora da misa. Sen dúbida, o espazo para aparcar para estes actos masivos vai quedando insuficiente.








