Dous padexeiros do Naútico de Pontecesures, Adrián e Rebeca, entre os candidatos a entrar nos grupos de tecnificación da RFEP

Mentres os mellores padexeiros séniores, sub 23 e júniores españois ultiman as súas respectivas preparacións de cara ás grandes citas internacionais do ano, a elite da categoría cadete exprime a tempada coa vista posta no acceso aos grupos de adestramento do Plan Nacional de Tecnificación Deportiva da Real Federación Española de Piragüismo (RFEP) do 2013. Grupos de padexeiros júniores diseminados pola xeografía nacional que traballan baixo a supervisión directa de técnicos federativos, e coas vatanxes que iso lles reporta á hora de prepararse para os controis selectivos polas prazas en xogo para os campionatos continental e mundial da correspondente tempada.

Despois de computadas a regata clasificatoria do Campionato de España de Inverno, sobre 2.000 metros en augas de Sevilla, e da Copa de España Cadete de 1.000 metros no encoro asturiano de Santa Cruz de Trasona, os responsables do Plan Nacional de Tecnificación Deportiva (PNTD) da RFEP veñen de convocar a unha trintena de kaiaquistas e de canoístas cadetes de último ano a unha concentración a finais do presente mes. Será a última referencia á hora de decidir a identidade dos novos integrantes dos grupos de adestramento júniores do PNTD. E entre eses 30 elixidos, figuran tres deportistas do Baixo Ulla.

Trátase dos kaiaquistas do Náutico Pontecesures Adrián Castiñeiras Troáns e Rebeca Laurijssen Busto, e mais do canoísta Jacobo Gómez Loureiro, das Torres-Romaría Vikinga de Catoira. Os dous rapaces concentraránse en Trasona do 23 ao 26 de xuño, ambos inclusive, mentres que a padexeira cesureña acudirá a Sevilla do 26 ao 29.

Test sobre 200 e 500 metros

Por diante, as tres promesas do Baixo Ulla probarán as súas aptitudes e actitudes en tests específicos sobre 200 e 500 metros, tests de forza máxima en remo en banco, tests de condición física xeral, probas antropométricas e análises da técnica de paleo individual. Ademais, avaliaráse a capacidade de traballo e de convivencia dos deportistas nunha concentración de cara á súa posible incorporación aos equipos nacionais correspondentes a vindeira tempada.

Miguel Tacón Fernández será o técnico ao cargo da concentración da canoa masculina, Ángel Jesús López González da do kaiak masculino, e Jesús Buzón Barba da do kaiak feminino. Narciso Suárez Amador fará o seguimento das concentracións como responsable do PNTD.

LA VOZ DE GALICIA, 12/06/12

II Campus de Fútbol Base SD Esclavitud.

Algunos de los participantes en el campus en la edición del pasado año.

La SD Esclavitud organiza el II Campus de Fútbol Base dirigido a niños/as entre 5 y 13 años que se celebrará del 2 al 13 de julio en el campo de A Baiuca, en Pazos, y en el pabellón y piscina de A Esclavitud. La cuota es de 60 euros (40 euros los jugadores del club). Para mayor información: 616 260 212 (Manolo) y 606 827 806.

TIERRAS DE SANTIAGO, 12/06/12

Alberto Lucas, del Club Ciclista Padronés, gana en Asturias.

Alberto Lucas, del Club Ciclista Padronés, en el momento de la salida

Alberto Lucas, del Club Ciclista Padronés-Aluminios Cortizo, se anotó el título de campeón de Asturias contra reloj individual en categoría sub 23. El corredor del equipo padronés paró el crono en 32:09 (superó en 10 segundos al segundo clasificado) para hacer frente a los 22 kilómetros de recorrido de una prueba disputada en el ayuntamiento de Morcín.

TIERRAS DE SANTIAGO, 12/06/12

Dobre homenaxe á Coral Padronesa.

Sendas homenaxes se preparan para premiar á Coral Polifónica Padronesa no seu vintecinco aniversario.

O primeiro será do Concello o sábado,16 do actual, consistente nunha recepción oficial durante a que lle será entregada unha placa conmemorativa. E outra homenaxe será a que lle dedicará a Sociedad Cultural Padronesa (antigo casino) oito días despois, o seguinte sábado, día 30, durante o transcurso dunha cea-baile.

Nada mais xustas que istas manifestacións de admiración e simpatía trala longa traxectoria da Coral Polifónica Padronesa que, como nos comenta Manolo Bascoy, voz cantante -e nunca mellor dito- coralista dende a fundación da Agrupación no 1987, exercendo diversos cargos directivos e presidente dende 2004 ata actualidade, foi fundada por un grupo de afeccionados co doutor Villlar Piñón ao fronte, entón presidente da Sociedad Cultural. Como principal obxetivo era conservar, fomentar e difundir a tradición musical. Foron 64 compoñentes contra os 38 actuais.

As actuacións da coral se extenderon por diversas poboacións de Galicia, asemade de Asturias, León, Madrid ou Portugal, etc. con variedade de repertorio sobresaíndo obras musicadas da nosa eterna Rosalía de Castro. Aparte, nos segue a comentar Bascoy, a organización anual dos festexos da patrona Santa Cecilia, panxoliñas da vila de Padrón e dende 1997 ininterrumpidamente cantando a Rosalía na semana das Letras Galegas.

Merecidas pois coma diciamos as mostras de simpatía e agradecemento que sen dúbida os padroneses en xeral saberán apreciar amosándolles todo o seu apoio e agarimo sendo xa unha boa ocasión durante as dúas actuacións que con motivo do aniversario se teñen programadas no auditorio municipal unha, e na Sociedade Cultural Padronesa outra.

José Castro Cajaraville
TIERRAS DE SANTIAGO, 12/06/12

Padrón tivo políticos con pouca vista.

Padrón vai ver como en poucos días botan abaixo o esqueleto de formigón que se levantou hai xa once anos na Pedreira. A construcción sempre despertou polémica e foi o centro de debates políticos en moitas ocasións. Non era para menos.

No seu día a idea era facer setenta e catro vivendas con semisótano, planta baixa, dous pisos e baixo cuberta mesmo ó carón do convento do Carmen e a un paso do Santiaguiño. Pero a construcción se fixo sen licenza municipal, sen permiso da Xunta e sen autorización de Patrimonio. Pero coa vista gorda do alcalde e dos responsables de Urbanismo, que non foi dabondo.

Chegaron as denuncias e os xuízos e as multas e as ordes de derribo… E agora, despois de que durante once anos os padroneses tivesen que frotar os ollos cada vez que veían ese esqueleto de cemento cerca do convento e ata tirarse dos pelos, hai que contratar a piqueta.
Son vinte mil euros que ben se podían aforrar se en canto apareceron os da obra se lle pediran os permisos. E o peor é que aquí non pasa nada. Ninguén asume responsabilidades. Pois eses cartos terían que saír dos que fixeron a vista.

“Cousas do demo”, por Víctor Furelos
TIERRAS DE SANTIAGO, 12/06/12