O senador do BNG, Pérez Bouza denuncia que o ministerio de Cultura aínda usa topónimos como “Puentecesures”.
O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, denunciou esta mañá en rolda de prensa â??as barbaridadesâ?� que a Administración do Estado está a cometer coa toponimia oficial de Galiza con â??perlas do estilo de â??Junquera de Ambíaâ?�, â??El Bolloâ?�, â??Poyoâ?�, â??Monasterio de Oseraâ?�, entre outras moitas, e que achegamos nun arquivo.
Xosé Manuel Pérez Bouza puxo de manifesto que â??as reiteradas vulneracións da toponimia oficial de Galiza por parte do Estado é unha mostra clara e evidente da falla de respecto para con Galiza, para coa cidadanía galega xa que a nosa toponimia forma parte do patrimonio dun poboâ?�.
Explicou que â??é na páxina web do Ministerio de Cultura, en concreto, na fiestra pola que se accede ao Patrimonio Histórico e de aí aos Bens Culturais Protexidos, onde atopamos auténticas barbaridades na escrita dos nosos topónimosâ?�. O senador do BNG sinalou que se parte de â??Orenseâ?� ou â??La Coruñaâ?� para logo cometer sinsentidos do tipo: â??PUente de Bibeyâ?�, â??Junquera de Ambíaâ?�, â??Ordenesâ?�, â??Puebla del Caramiñalâ?�, â??Villanueva de Arosaâ?�, â??Caldas de Reyesâ?�, â??Puentecesuresâ?�, â??Viveroâ?�, â??Lorenzanaâ?�, entre outras moitasâ?�.
MÁIS GALICIA DIÁSPORA, 20/09/10

