CIPa denuncia falta de salubridad en la plaza de abastos de Padrón.

El portavoz del CIPa, Eloy Rodríguez Carbia, presentó ayer en el registro padronés un escrito en el que denuncia la “falta de salubridade” en las instalaciones de la plaza de abastos de la capital municipal.

En el documento, Rodríguez pide al ejecutivo local, dirigido por el popular Antonio Fernández Angueira, que explique “cales son os motivos polos cales non se recolle e limpa a praza de abastos, así como os servizos sanitarios, trala celebración do mercado dominical tendo en conta o incremento de actividade debido ao número de usuarios e ás vendas con respecto a calquera día da semana”.

EL CORREO GALLEGO, 29/04/12

A treboada provocou avarías nos sinais dos pasos a nivel de Pontecesures.

Sobre ás 18:30 horas de hoxe, 28 de abril, comezou a chover con forza e con forte treboada. Pasou rápido, pero houbo danos nos pasos a nivel de FF.CC. de Pontecesures e as barreiras quedaron baixas moito tempo. Antes as retencións de vehículos, o tráfico foi desviado das rúas centrais participando nesta función Protección Civil de Pontecesures. Tardou o persoal de ADIF en solucionar a avaría aínda que os trens pasaban moi despaciño.
Tamén quedou inoperativo o semáforo do cruce da Estrada por mor da treboada. Ata o de agora, 22:30 horas, segue apagado.

A Asociación Cultural Pontecesures pretende crear un coro infantil/xuvenil.

A Xunta Directiva da Asociación Cultural Pontecesures ven de publicar un anuncio para que todos os nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos que desexen formar parte dun coro infantil/xuvenil que a asociación está a crear se poñan en contacto para pertencer ao mesmo, coa autorización dos pais, con Francisco Enrique Souto (Paco “O francés”).

Os teléfonos para se informar e se inscribir son:
-676/197088
-615/018297
-609/954736
-629/966995

Nota íntegra da ACP sobre o mantemento da caldeira do CPI Pontecesures.

Logo de anunciar o alcalde no pleno ordinario de xaneiro que o concello seleccionara unha empresa encargada do mantemento da caldeira do CPI Pontecesures, reparada a fondo pola Consellería de Educación xunto con todo o sistema de calefacción do centro, esta agrupación solicitou a consulta do expediente de adxudicación de dito mantemento á empresa en cuestión xunto coas facturas emitidas ao concello, ou acordos municipais, no seu caso. Pois ben; despois de máis de dous meses, nin temos autorización, nin sabemos nada deste tema.

Sí nos resultou sorprendente que na nota pública do goberno local publicada no día de onte, con motivo do remate das obras da calefacción no CPI Pontecesures por parte da Consellería de Educación, se informe que xunto con técnicos da consellería, operarios do concello e persoal do colexio, estivo presente no recinto escolar para recibir as instruccións da empresa adxudicataria da obra sobre o funcionamento do novo sistema de calefacción, PERSOAL DA EMPRESA ENCARGADA DO MANTEMENTO.

Non sabemos o que está a motivar este obscurantismo e todo este misterio. Reiteramos unha vez máis que queremos ter acceso ao expediente para efectuar as tarefas de fiscalización e control que temos encomendadas. Non pode ser que unha empresa comece a realizar unhas tarefas que corresponden ao concello e os concelleiros da oposición nin saibamos quenes son, a documentación acreditativa da idoneidade da mesma, o prezo da prestación, etc…

Pontecesures, 27/04/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

ACP pide información sobre la empresa de mantenimiento de la caldera del CPI Pontecesures.

El concejal de ACP, Luis Sabariz, reclama al gobierno local de Pontecesures que le facilite información sobre la empresa contratada por e Concello para efectuar el mantenimiento de la caldera del colegio (que acaba de ser reparada, junto al sistema de calefacción, por la Consellería de Educación con una inversión d 58.000 euros), ya que “non pode ser que a oposición nin saibamos que empresa é, a idoneidade da mesma ou o prezo da prestación”. Sabariz ya solicitó acceder al expediente tras el pleno de enero, cuando el ejecutivo anunció la contratación, pero “despois de máis de dous meses, nin temos autorización, nin sabemos nada deste tema” lamenta. El edil afirma que “non sabemos que está a motivar este obscurantismo e todo este misterio” entorno al mantenimiento de la caldera e insta al tripartito a actuar con transparencia.

DIARIO DE AROUSA, 28/04/12