Aos 76 anos morreu esta veciña da rúa Carlos Maside nº 22, e que era viúva de Cándido Cascallar Piñeiro. O velorio é no Tanatorio Iria Flavia de Padrón e dende alí o martes 20 de marzo, ás 16:30, sairá a comitiva fúnebre ata a Igrexa Parroquial de Pontecesures onde terá lugar a misa funeral. O cadáver recibira sepultura no camposanto parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.
Taichi en Pontecesures.
Reunión informativa e clase GRATUÍTA para tódalas persoas interesadas.
Monitor David Orihuela.
Será preciso levar para esta xornada roupa e calzado depotivo.
LUGAR: Local anexo ao pavillón polideportivo.
DATA: Mércores 21 de marzo ás 20.30 horas.
Ao final da reunión concretaránse os días da semán nos que se impartirá, os horarios e o prezo da actividade.
Organiza: Agrupación Cultural Pontecesures.
Colabora: Concello de Pontecesures.
Doazóns de sangue no Concello de Valga.
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia estará o luns, 19 de marzo, no Concello de Valga. Pola mañá, de 10 a 14 horas estará en Ponte Valga. Pola tarde, de 16 a 21 horas estará en Cordeiro, a carón do Auditorio
Remata o prazo de exposición pública para retirar un dos coches abandonados en Redondo.
O anuncio foi publicado no BOP o 27 de febreiro de 2012 e detállase que este Citroën Berlingo que está a nome de Suministros Meicende SLL pernanece abandonado na rúa Redondo, na estrada N-550, aparcado en batería. O 16 de marzo rematou o prazo de 15 días hábiles para a súa retirada ou para facer as reclamacións oportunas. De pasar a ter a consideración de residuo sólido urbano, será o concello o que ordene a retirada para o desguace.



