Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 2.612

Sucesos

Un cabalo causa pequenos danos a un vehículo estacionado na Avda. de Vigo.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

A primeira hora da tarde un cabalo que se atopaba nunha finca situada a carón de edificio onde está a libraría Palermo, case fronte Electrofer, achegouse ao marxe da N-550 e causou pequenos danos a un vehículo estacionado.
Eran dous os cabalos que estaban na finca, pero un soltouse. A Policía Local localizou ao dono dos animais co fin que adoptase as medidas oportunas para que os cabalos non estivesen soltos e para que respondese do dano causado.

Obras

O BNG de Pontecesures solicita a comprobación do expediente da obra do regato da Chancela.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Na mañá de hoxe, a concelleira nacionalista, Cecilia Tarela, en representación do BNG de Pontecesures, solicitou a comprobación do expediente da obra que se está a realizar no regato da Chancela.
Xa lle foi comunicado que mañá mesmo, 11 de marzo, pode facer as comprobacións oportunas na Casa do Concello, onde está á súa disposición:
1. Convenio do PEIM do 2009 asinado entre o Concello de Pontecesures e a Consellería do Medio Rural onde aparece reflectida a obra en cuestión: “Acondiconamento e rexeneración ambiental do entorno do regato da Chancela. 1ª Fase”.
2-Posta a disposición de Medio Rural dos terreos necesarios para realizar a obra e autorizacións dos particulares dos terreos próximos ao regato para levar a cabo a actuación da maquinaria.
3-Autorización de Augas de Galicia.
O proxecto, os datos da dirección da obra e os da licitación para a selección do contratista están na Consellería do Medio Rural, que foi o adxudicatario da obra. De todos os xeitos realizaranse xestións para que os representantes nacionalistas coñezan os detalles da obra que se está a realizar,. que comezou a proxectarse, precisamente, en tempos do goberno bipartito da Xunta de Galicia.

Festas

O venres, 12 de marzo, noméase ao novo presidente da Fundación da Ruta Xacobea Mar de Arousa Ulla.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Será ás 14:30 horas no Hotel de San Francisco de Santiago cando se reunan os membros da Fundación da Ruta Marítimo Fluvial Xacobea Mar de Arousa Ulla. Como asunto máis importante da orde do día figura o nomeamento do novo presidente que vai substituir a José Luis Sánchez-Agustino recentemente falecido.
Tamén vaise decidir o venres a data do remonte oficial polo río Ulla 2010 e os detalles deste acto.

Política

Carmen Cajide pode ser de novo diputada tras a renuncia de Touriño.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

O ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presentou hoxe a súa renuncia coma deputado do Parlamento de Galicia. Como na lista do PSdeG-PSOE por Pontevedra saíron elixidos 7 diputados/as e Touriño era o cabeza de lista, ábrese a posibilidade de que Carmen Cajide, cuntiense, que ía de 8ª na lista coma principal representante dos socialistas de Ulla-Umia na candidatura, se incorpore como deputada no Parlamento.
Carme Cajide é na actualidade responsable do área de igualdade da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE.

Deportes

JLL e Sol y Mar manteñen o cerco na Liga de Valga a aun A Palmeira que se regala unha goleada.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

A Palmeira continúa unha semana máis á fronte da Liga de Fútbol 7 de Veteráns de Valga, logo de golear 6-1 o Elite Electricidad nunha decimosétima xornada na que non fallou ningún dos candidatos ao título: Cafetería Sol y Mar 1-0 A Casa Vella; Desigual 1-3 JLL/Benjamín Ramos; A Redonda 1-2 A Cacharela/Karymo; Bar Muelle 1-4 Joyería Riveiro; e Transportes Veiga/Bar O Belén 1-1 Valdeza/Bar Juan. A Palmeira ten 41 puntos, polos 38 do JLL e os 36 do Sol y Mar.

LA VOZ DE GALICIA, 10/03/10

Emprego

Valga proyecta un taller de empleo para “reciclar” a los despedidos de Novo y Sierra.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

La recalificación laboral en un sector con futuro de los trabajadores despedidos tras el cierre de la fábrica de Novo y Siera en 2009 es el objetivo del proyecto impulsado por el Concello de Valga y que beneficiará a 28 personas.
Se trata de un taller de empleo destinado a estos operarios que podrán formarse en dos especialidades: fabricación mecánica (soldadura, construcciones metálicas, equipamientos e instalaciones…) y energía y agua (montaje y mantenimientos de instalaciones solares, fotovoltaica y térmicas).
“? imposible que se recoloquen coa súa profesión (en Novo y Sierra fabricaban ladrillos), polo que o boxectivo é que aprendan outra nova”, explicó el alcalde, José Mª Bello Maneiro. De hecho, el módulo de construcciones metálicas “pode ser fonte de posibles contratacións” dada la “forte implicación” del sector en Valga.
La agente local de empleo. Mª José Devesa apuntó que entre los despedidos “hai xente próxima á xubilación, pero tamén xente nova, que traballaron como electricistas, en mantemento…pero que non teñen un certificado profesional. Este obradoiro permitiríalles conseguir a categoría de oficial de primeira”, igual que con un taller de empleo habitual.
Devesa destacó que el proyecto formativo “é o máis axeitado para eles”, ya que el contenido se adapta al opuesto que venían ocupando en la extinta empresa. “Fíxoselle una entravista previa a cada un e un estudo do seu posto de traballo que permitiu calcular as necesidades formativas de cada perfil profesional”
BELLO maneiro subrayó que la viabilidad del proyecto, que recibió su aprobación en la última reunión del Pacto de Emprego Local, depende de un convenio tripartito entre el Concello, la Consellería de Traballo y la de Educación.
“Falarei con raballo, a ver se temos que esperar a que convoquen a orde para os obradoiros de emprego ou se trata de algo especial. Falta a xestión don Educación”.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 10/03/10