Na tarde do sábado 6 de agosto, actúa o grupo folclórico cesureño nun festival nesta feigresía do municipio de Penafiel (Portugal)
Reparado un dos semáforos da Praza de Pontevedra.
Dende o 29 de xullo levaba sen funcionar o semáforo de pulsar da Praza de Pontevedra que facilita o paso de peóns entre a beirarrúa onde está “Decoraciones Sinda” ata onde está situada a xestoría “Afyt”. No día de hoxe está de novo operativo. ? importante que este semaforo funcione con normalidade pois é moi utilizado polos veciños.
Axudas para a rehabilitación de vivendas no Camiño de Santiago.
Axudas do IGVS e do Ministerio de Fomento para a rehabilitación de vivendas no Camiño de Santiago, en Pontecesures se poden solicitar estas axudas para as vivendas situadas no trazado do Camiño Portugués.
Mais información no seguinte enlace:
A asociación San Roque de Porto convida á corporación aos actos da festa.
Esta asociación cultural convida aos membros da corporación a procesión de San Roque que terá lugar o venres, 19 de agosto, ás 12 horas, con saída dende a praza dos Valeiros, é a posterior Misa Solemne na Igrexa Parroquial. De regreso á Praza dos Valeiros servirase un viño galego, antes do concerto da Banda de Arcade.
Roque Araújo representante do Concello no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Mediante resolución da alcaldía, o segundo tenente de alcalde e concelleiro delegado de servizos sociais, educación e deportes, Roque Luis Araújo Rey, foi nomeado como representante do concello nese organismo.

