Será o venres, 8 de abril, ás 21 horas no Auditorio de Cordeiro.
ESTE XOVES 7 DE ABRIL, PRESENTACI?N DA FESTA DA LAMPREA DE PONTECESURES, EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.4 FM
Coma é habitual todolos anos, este xoves 7 de abril, sobre as 22h., no programa festeiro “Palco de Estrelas”, dirixido e presentado por Daniel Seijas Llerena, que se emite en Radio Valga 107.4 FM, estarán presentes en directo nos estudios a alcaldesa de Pontecesures, Dona Maria Isabel Castro Barreiro e o 2º tenente alcalde e concelleiro de relacións institucionais, Don Luis Sabariz Rolán, para falar da festa da Lamprea, que terá lugar en Pontecesures os días 9 e 10 de abril.
Ademais coma sempre, sonara a mellor musica das orquestras galegas,canarias,bandas de música e artistas e formacións iberoamericanas.Haberá concursos, chamadas e adicatorias en directo, e moito máis ata as tantas da madrugada…dende as 19h ata as 4 ou 5 da mañá.
Palco de Estrelas é o programa decano das orquestras de Galicia,e este xoves fará o programa número 304,que se emite todalas semanas, sen ningún tipo de interrupción, dende xullo do 2005.
Valados e espazos electorais para as eleccións do 22 de maio.
O Concello de Pontecesures ven de comunicar á Xunta Electoral a situación dos taboleiros para carteis, e os locais que se poden utilizar na campaña electoral das eleccións municipais do 22 de maio.
Haberá taboleiros preto da praza de abastos, na rúa Portarraxoi, na rúa San Lois e na rúa Víctor García.
Os espazos que se ofrecen para os actos electorais de campaña son o Centro Social e A Plazuela.
O pintado de liña continua ao salir da estación de servizo da ponte interprovincial impide aos vehículos xirar en dirección a Vigo.
O feito xa motivou queixas xa que antes había un tramiño descontinuo que permitía esta saída. A Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra, admitiu o errro, tras a solicitude do concello, e en breve prazo será corrixida alí a sinalización horizontal.
En breve serán reparados los daños en la señalización de una isleta de la N-550 en la Tarroeira.
El sábado pasado de nuevo (y ya van unas cuantas veces) un vehículo se llevó por delante la señalización completa de esta isleta próxima a la sala de fiestas Chanteclair. La Unidad de Carreteras del Estado en Pontevedra ya comunicó al Ayuntamiento que la reparación es inminente.
