Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 2.898

Cultura

Ruta de sendeirismo “Ollando O Ullán”.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Ruta que discorre por diversos lugares de Pontecesures, inclue as subidas polas ladeiras dos montes Castro Valente e Salgueiras pasando polos Petroglifos de Campo Redondo e polo Mirador da Galiñeira.

Esta ruta está programada para o domingo 2 de setembro dentro do Programa GOZA DO ULLA que inclue outras rutas por concellos que están bañados polo río Ulla.

A duración estimada desta ruta é de 5 horas. Inscricións para o 2 de setembro no teléfono 986 564 410 ou no mail xuventude@pontecesures.org

Prazo de inscrición ata o 31 de agosto. Lugar e horario de saída: Na Plazuela ás 9.00 horas.

Información completa do Programa GOZA DO ULLA con tódalas rutas neste enlace:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=382

 

Festas

Festas do San Roque de Porto 2012.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

22/08/12
-Verbena pola noite cun grupo musical sorpresa.

23/08/12
-Ás 9:00 horas comezará a tirada de bombas de palenque.
-Pola tardiña, actuación do grupo folclórico Algueirada de Pontecesures.
-Ás 22:00 horas, XXIII Mexillonada. Serviranse 2.200 Kg. de mexillóns e 575 litros de viño barrantes y tamén cervexa e pan.
-De seguido verbena coas orquestras Televisión e Jerusalén.

24/08/12
-Ás 8:00 horas comezará a tirada de bombas de palenque.
-Ás 10:00 horas, alborada a cargo da Banda de Música Cultural de Arcade (patrocinada polo concello de Pontecesures e pola Deputación Provincial de Pontevedra.
-Ás 12:00 horas sairá a procesión dende a Praza dos Valeiros ata a Igrexa Parroquial de Pontecesures.
-Ás 12:30 horas, Misal Solemne cantada polo coro A Barcarola de Pontecesures.
-De seguido Poxa de Ramos.
-Ás 20:00 horas, concerto da Banda de Música Cultural de Arcade.
. Pola noite, verbena coas orquestras Panamá e Armonía Show.

Sociedade

As silvas invaden as beirarrúas na Avda. de Vigo.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

En plena travesía urbana (Avda. de Vigo) da N-550 estase a dar esta sensación lamentable de abandono que é a tónica destes catorce meses que leva no poder o goberno municipal de Pontecesures. A suciedade nas beirarrúas da Avda. de Vigo con lixo por todas partes motiva as queixas dos veciños. Agora tamén temos silvas. Triste.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures