O mércores 13 de abril, ás 12 horas, haberá o espectáculo de pantomima “Pinpam” do grupo Pes Ceives, dentro das actividades programadas polo Concello de Pontecesures de “Abril, mes dos libros”. Colabora na fiananciación a Consellería de Cultura e Turismo (programa Letras Vivas Animación).
Está prevista a asistencia dos 153 alumnos de educación primaria do CPI Pontecesures.
Mañá presentación do programa de “Custodia Fluvial Ulla-Umia-Lérez” mañá en Pontecesures.
A asociación ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) convoca unha xuntanza mañá mércores 13 de abril ás 20:30 horas, no salón de sesións da Casa do Concello de Pontecesures sobre o programa de referencia, facendo un chamamento á participación dos veciños.
Trátase dunha iniciativa de participación, educación, e voluntariado ambiental promovido por ADEGA coa finalidade de dar a coñecer o papel dos espazos fluviais, amosar as súas problemáticas e fomentar iniciativas de custodia do territorio que permitan á cidadanía a conservación e a mellora dos ríos.
Rafael Randulfe tamén participará no debate de Canal Rías Baixas como candidato.
Representando á Agrupación Pontecesures Independentes (API) asistirá a este debate de mañá en A SETE CANALRIASBAIXAS, Rafael Randulfe que encabeza a candidatura.
Así pois, polo de agora aceptaron a invitación, Manuel Luis Álvarez Angueira (BNG), Juan Manuel Vidal Seage (PP), Roque Araújo (PSdeG-PSOE), Luis Sabariz (ACP) e Rafael Randulfe (API).
Segundo informa a canle de televisión, a alcaldesa Maribel Castro rexeitou asistir por motivos políticos e persoais e don Ángel Manuel Souto Cordo, quen concorrerá por Terras Galegas, aínda non conta coa correspondente formalidade legal requerida para participar neste debate; malia o seu reiterado interese en formar parte do mesmo.
El cesureño Jose Manuel Chenlo abrió ayer la Semana de las Ciencias en el IES Valga.
El instituto valgués abrió ayer la Semana de las Ciencias y lo hizo, precisamente, con una charla sobre física cuántica. La responsabilidad de abordar esa cuestión recayó en el profesor José Manuel Chenlo, que explicó a los alumnos del centro cuáles son los problemas que deberán ser resueltoso por una disciplina cuyo nombre puede provocarnos sudores fríos a los que somos de letras. Chenlo aceptó el reto y lo superó. Ahora les tocará el turno a otros ponentes. Y a los alumnos del centro, que durante los próximos días formarán grupos, prepararán temas a conciencia y durante unas horas se convertirán en profesores. Serán alumnos, por ejemplo, los que expliquen en qué consiste la cromatografía, y los que hablarán de egagrópilas (bolas de restos de alimentos no digeridos por algunas aves rapaces nocturnas). En fin. Que igual me tengo que dar una vuelta por Valga…
LA VOZ DE GALICIA, 12/04/11
Obradoiro de manualidades para nenos en Semana Santa.
O Concello de Pontecesures organiza para os nenos e nenas de Pontecesures de entre 5 e 12 anos un obradoiro de manualidades a desenvolver no Centro Social os días 18,19 e 20 de abril en horario de 10:30 a 13 horas.
As solicitudes pódense presentar na Casa do Concello de 9 a 13 horas na oficina da educadora familiar (986/564427). O prazo pecha o 15 de abril e o número de prazas é limitado por orde de inscrición. E necesario estar empadroado/a en Pontecesures.


