Pontecesures C.F. (Benjamines)

El Jueves 17/03 a las 17:30 se enfrentan el Furia contra el Pontecesures C.F. en cordeiro.

Despues de lograr un empate ante el Tordoia (2-2), el Pontecesures intentara conseguir los 3ptos. en campo del Furia.

En estos momentos se encuentra 9º en la clasificación, aunque con tres puntos a mayores, que aun no han sido corregidos y que no haran variar su clasificación.

Suerte y a ganar.

A Deputación designa mañá, 15 de marzo, aos cinco peóns para Pontecesures.

Para mañá convocou o organismo provincial aos aspirantes que figuran na lista remitida alí pola Oficina de Emprego para realizar as entrevistas que levará a cabo o persoal da Deputación.
Está previsto que os traballadores seleccionados xa comecen a prestar servizos o 16 de marzo por un período de seis meses.
Lémbrase que ante a demora (noutros concellos os traballadores xa foron contratados o 1 de febreiro), o concello realizou todo tipo de xestións para adiantar no posible a selección xa que os traballadores son moi necesarios para realizar diversas tarefas nos bens públicos.

Celsa Mariño Pereiras, obtivo o premio de disfraces na cena da Barcarola.

A cena desta asociación cesureña de amas de casa tivo lugar o sábado, 12 de marzo, no Restaurante Sena de Caldas de Reis. Asistiron unhas 60 mulleres e ían disfrazadas unhas 15.
Lembrando coa súa vestimenta e complementos ao ex presidente Fraga, Celsa Mariño Pereiras obtivo o premio ao mellor disfraz e gañou a estadía perante dous días nun hotel con SPA.

ESTE MARTES 15, COMEZO DAS CLASES DE “BAILOTERAPIA” NO PAVILL?N POLIDEPORTIVO DE CORDEIRO

O vindeiro martes 15 de marzo, en horario de 21-22h., comezarán as clases de Bailoterapia no pavillón polideportivo de Beiro-Cordeiro, enmarcadas dentro das actividades ofertadas polo Ximnasio Municipal de Valga.
A Bailoterapia, é unha especie de exercicio areóbico, moi de moda, dende fai anos, en Venezuela, que consiste en facer exercicio ó ritmo da musica caribeña (cumbia, merengue, salsa, bachata…). Con isto conseguese relaxarse, liberar estrés, queimar calorias, aprender mellor os pasos de baile da musica festeira e divertirse. Non é preciso vir en parella e vale para todalas idades.
A primeira clase será sempre gratis,para que poidas probar si che gusta. O precio das clases e de tan so 15 euros ó mes.
Para apuntarse e solicitar máis información, chamar a profesora-monitora Evelyn no telefono 630-29 17 78. Esta profesora ademais é a encargada de impartir clases de “Bailoterapia” no pavillón universitario de Pontevedra, Sanxenxo, Portonovo e Campo Lameiro.