
Os trinta e seis traballadores da empresa â??Novo y Sierraâ?� de Valga concentráronse onte ás portas da fábrica de ladrillo en contra do expediente de regulación de emprego (ERE) presentado polos propietarios da compañía ante o xulgado do Mercantil e a través do cal pretenden despedir a toda a plantilla para cesar por completo a actividade produtiva algo que, de facto, xa se produciu, posto que hai días que xa non se fabrica ningún material na factoría de A Torre (Campaña).
Con camisetas co lema â??Non ao despido, si ao empregoâ?�, os traballadores denunciaron a situación na que os deixa a decisión da empresa de botar o peche, que significará, máis pronto que tarde, 36 novos parados no municipio. A plantilla contou co respaldo, na concentración de onte, de representantes dos sindicatos CIG e Comisións Obreiras. Botaron man de pancartas con frases como â??Pola continuidade de Novo y Sierraâ?� ou â??Queremos traballo, non aos despidosâ?� para facer partícipes da súa protesta aos condutores dos vehículos que circulaban por Campaña. Tamén houbo berros: â??Novo y Sierra soluciónâ?�, â??A nosa xente non quere un expedienteâ?� ou â??Queremos traballar e non mendigarâ?� foron algunhas das consignas que corearon.
â??Novo y Sierraâ?�, propiedade de dúas familias de Pontecesures, solicitou no Xulgado Mercantil número 2 de Pontevedra o cese total de actividade, que está pendente de ser admitido ou non. Ademais presentou un ERE para rescindir os contratos dos 36 traballadores e agárdase que esta semana comecen as negociacións entre empresarios, administradores concursais e sindicatos para tratar de chegar a un acordo sobre as indemnizacións que percibirán os traballadores en caso de que finalmente se confirmen os despidos.
Damnificados > Tanto a CIG como CCOO sosteñen que os donos da empresa non teñen outro intese que â??salvagardar o seu patrimonio a costa dos traballadores, que son os grandes damnificadosâ?�, apunta Juan Fajardo, de Comisións. Sospeitan que tras este cese de actividade pode agocharse un intento de vender a compañía a outra empresa do sector, â??desvincularse así dos empregados, que teñen unha antigüidade media de 20 anos, e volver a reabrir a fábrica con menos cargasâ?�. Se isto chegara a suceder e a factoría reabre, advirten que â??imos poñer todo o empeño en que os traballadores sexan os mesmosâ?�.
A débeda que acumula a empresa, uns 2,5 millóns de euros, â??non é como para pecharâ?�, cren os sindicalistas, que ademais denuncian que, nos últimos tempos, os seus responsables â??espantaron clientes e deriváronos a outras compañías do sector que son acreedores de â??Novo y Sierraâ?�, ademais de pechar vías de negocio e restrinxir a súa produción exclusivamente ao ladrilloâ?�, algo que Rafael Iglesias, da CIG, interpreta como un signo de que os donos xa non apostaban polo futuro da factoría.
As críticas sindicais diríxense aos directivos de â??Novo y Sierraâ?�, aos que califican de â??insolidarios. Durante anos tiveron beneficios e agora, ás primeiras mal dadas, pagan os pratos rotos os traballadoresâ?�, comenta Juan Fajardo, que anuncia novos actos de protesta nas vindeiras semanas.
DIARIO DE AROUSA, 17/05/09