Este grupo, que gañou o concurso de Pontecesures co nome “Arrancadeira”, obtivo o 4º premio (300 euros) no desfile que se celebrou o Martes de Entroido de Vilagarcía.
O xoves, 10 de marzo, funeral por María Virginia Campos Taibo.
O 25 de febreiro de 2011 morreu en As Somozas a cesureña de Porto, María Virginia Campos Taibo, onde recibiu sepultura.
O 10 de marzo, ás 18 horas, terá lugar unha misa funeral na Iglesia Parroquial de Pontecesures.
Descanse en paz.
Sabariz critica el retraso en las contrataciones de personal de la Diputación.
El Concello de Pontecesures lamenta la demora que acumula la contratación del los cinco trabajadores que le corresponden dentro de un plan de la Diputación de Pontevedra. «Se nos dixo que ían comezar o 1 de marzo, e agora o 15 de marzo, pois na primeira data tampouco foi posible. Pero aproxímase o día 15 e aínda nin sequera foi fixada a data na que o tribunal da Deputación ten que reunirse para decidir a selección dos traballadores», según explica el concejal de Relacións Institucionais, Luis Ángel Sabariz.
Ante esta situación, desde el Concello, le solicitan a la Diputación «a maior celeridade» para resolver este tema. «En Pontecesures precisamos os traballadores de inmediato para realizar tarefas moi necesarias».
LA VOZ DE GALICIA, 09/03/11
Derrota do Joyería Riveiro no grupo V do futbol veterán.
O Joyería Riveiro e mais o Bar Gento Abalo viron seriamente recurtado o seu colchón de puntos no primeiro e no segundo postos da táboa logo de sufrir sendas derrotas fronte aos seus inmediatos perseguidores, o A Lama, no caso cesureño (1-0), e o Bueu, no vikingo (2-1). O Catoira tamén perdeu, 0-2 co Cralem Nós, e só disfrutou do triunfo o San Martín, 1-2 en Sanxenxo.
LA VOZ DE GALICIA, 09/03/11







