A Bonoloto deixa 47.440 euros en Pontecesures: un dos tres acertantes de España

O sorteo da Bonoloto do xoves 17 de setembro deixou un boleto agraciado en Pontecesures: un dos tres acertantes de segunda categoría de toda España, cada un cun premio de 47.440,14 euros (cinco acertos máis o complementario).
O billete afortunado foi validado na administración de loterías da rúa Avenida de Arousa, 4, local a-1, segundo a listaxe oficial de acertantes recollida por Laguinda. Os outros dous premios de segunda categoría foron para boletos xogados na Avenida de Portugal de Salamanca —onde a prensa local xa fala do «salmantino con sorte»— e en Cantillana (Sevilla).
A combinación gañadora foi o 3 – 6 – 18 – 20 – 22 – 43, co complementario 7 e o reintegro 0. Ao non haber acertantes de primeira categoría (seis acertos), para o vindeiro sorteo xerouse un bote de un millón de euros.
No escrutinio, a terceira categoría (cinco acertos) repartiu 1.016,57 euros entre 70 acertantes e a cuarta (catro acertos) 21,79 euros entre case 4.900 apuestas. Convén lembrar que os premios superiores a 40.000 euros están suxeitos a unha retención do 20 % sobre a cantidade que exceda ese importe, que se desconta no momento do cobro.
Fuentes: Laguinda e La Crónica de Salamanca