No día de onte, a empresa Elenor, por contrata de Gas Natural Fenosa, comezou a obra de retirada de dous vellos postes de madeira, xa escorados, que foron colocados provisionalmente, hai nada menos, que tres anos e medio na rúa San Lois de Pontecesures (practicamente no centro da vila) para alimentar a uns abonados por mor da construción dun novo edificio. Nestes postes se apoian unha maraña de cables grosos.
Tanto os postes, como o cableado transmitiron durante todo este tempo unha imaxe estética lamentable, provocando as queixas veciñais pois o edificio en cuestión leva rematado máis dun ano e canalización soterrada necesaria para a retirada dos postes e do tendido varios meses, canalización que tivo que afrontar o promotor de edificio
Esta concellería realizou varias xestións co departamento de Gas Natural Fenosa en Pontevedra, expoñendo o abuso que se estaba a cometer con Pontecesures.
Aclarado o tema do ingreso dunha cantidade mínima por parte da empresa que realizou a canalización soterrada que xurdiu por un malentendido en canto á modificación da obra proxectada nun principio, recibimos con satisfacción a nova de que a retirada vai ser unha realidade nestes días. ? moi posible que a obra remate o luns día 27 de decembro.
Concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures

