Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 3.048

Cultura

A SUPERORQUESTRA “LOS SAT?LITES” ESTARÁ ESTE XOVES 12 DE FEBREIRO NO PROGRAMA “PALCO DE ESTRELAS” DE RADIO VALGA

Por DANIEL SEIJAS S.L. ·

Ilustración de sección

Este xoves 12 de febreiro,no programa lider de audiencia das tardes-noites-madrugadas dos xoves na zona, “Palco de Estrelas” de Radio Valga 107.4 FM, que dirixe Daniel Seijas Llerena, contará cuns convidados moi especiais. Esa noite virán ós estudios de Radio Valga parte dos compoñentes dunha das formacións musicais máis importantes de España,e considerada por moitos entendidos a mellor orquestra de Galicia e España,coma son ” LOS SAT?LITES” da Coruña.

[photopress:70.jpg,full]

Está previsto que a acudan os seus tres vocalistas ,Eric Hidalgo,Alma Beatriz e Jose Manuel “Noly”, asi coma o seu trombonista, director e xefe,Francisco Javier Saavedra, natural dunha terra de grandes músicos,coma é Taragoña.

A orquestra Los Satélites, cumpliron o ano pasado 70 anos de historia , polo que aproveitando o acontecemento, editaron dous discos.O primeiro titulado “Sempre Pucho” adicado a un dos seus máis afamados vocalistas,Pucho Boedo.A lista de temas deste disco o compoñen grandes éxitos de “Los Tamara” tocados con novos arranxos feitos para á orquestra e no que a voz a puxeron artístistas coma Paco Lodeiro,Miguelón ou ex-vocalistas de Los Satélites,coma Sito Sedes ou Luz Alonso. E por outra banda,o segundo disco “70 aniversario”,que saía en novembro,ven sendo xa un disco propiamente “100% satélites”, coa inclusión de moitos novos temas arranxados ou compostos en exclusiva para esta formación,combinados coa reactualización de outras cancións que marcaron ou marcan un selo na orquestra Los Satélites.

Tamén está previsto realizar para esta primavera, unha gala especial para celebrar o “70 aniversario” no Palacio da ?pera da Coruña.

Actualmente a orquestra a forman 14 compoñentes,descando por ser a única orquestra galega,en posuir unha sección de vento,formada por 7 musicos : 3 saxos,3 trompetas e 1 trombón.

A dita agrupación conta con “S.L.Espectáculos” de Cesures, coma representante para a comarca.

Así que si queredes saber un pouco máis sobre a historia e actualidade desta orquestra,teredes que escoitar a entrevista en “Palco de Estrelas”,este xoves,despois da axenda festeira e dos “santos”,así que sobre as 21,30h. e 21.45h. comezará a entrevista….e ademais nesa noite,a partir das 00h. comeza xa a propaganda electoral (seguramente antes que en ningunha outra emisora de Galicia)

Obras

Ante el riesgo de caída fue talado otro abeto rojo en las inmediaciones de la guardería municipal.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Hace unos minutos fue talado dicho abeto por operarios muncipales. La planta, de grandes dimensiones, estaba resquebrajada al medio y amenazaba con venirse abajo por los fuertes vientos.
Sólamente quedan en pie tres abetos rojos en pie en la zona. Ante su gran tamaño, los frecuentes temporales y la proximidad tanto de la escuela infantil como del colegio, serán talados todos en las próximas horas. Ya hay signos preocupantes en el asfalto y no queda más remedio que adoptar esta medida de seguridad.

Esquelas

Morreu María García Pedrosa, veciña de San Xulián.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Aos 72 anos, morreu hoxe María García Pedrosa, dona de José Miguéns Turnes, e veciña da Rúa do Castro nº 6 de San Xulián. Era xubilada de Nestlé.
O cadáver está a ser velado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá martes, día 10 de febreiro, ás 17:45 horas sairá a comitiva fúnebre ata a Igrexa Parroquial de Pontecesures onde ás 18:00 horas terá lugar a misa funeral. Logo recibirá sepultura María no camposanto municipal de Condide.
Descanse en paz.

Esquelas

Hoxe ás 17:00 horas misa funeral por Hipólito “O Cubano”.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Ás 16:30 horas sairá o féretro cos restos mortais de Hipólito José Diz García, de 67 anos, e veciño de Condide, dende o Tanatorio de Padrón. Ás 17:00 horas terá lugar a misa funeral na Igrexa Parroquial de Pontecesures. Logo “O Cubano” recibirá sepultura no camposanto municipal de Condide.
Descanse en paz.

Deportes

Campionato de truco na Parrillada o Criollo.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

O venres día 13 de febreiro, a partir das 22:00 dispútase o XVII Campionato de Truco “Parrillada o Criollo” de O Pino-Valga.
O 1º premio é de 1.000 ? e trofeos, o 2º de 400, o 3º de 150 e o 4º de un lote de bebidas.
Na repesca, o 1º premio é de 300 ?, e o 2º de un lote de bebidas.
O prezo de inscrición son 30 ? por parella (986 559253) e o sorteo terá lugar o xoves día 12 ás 21:00 horas no local.
O límite son 64 parellas, e será servido un pincho aos participantes.
No suposto que non se acaden ás 64 parellas, os premios serán reducidos proporcionalmente.

Sucesos

Alerta laranxa por vento.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

A Axencia Estatal de Meteoroloxía informa dun episodio adverso por vento do sudoeste a partir de mañá día 9 de nivel de alerta laranxa (risco importante) para toda Galicia.
Espérase que o vento do sudoeste vaia en aumento a partir das primeiras horas da mañá con refachos que superarán os 100 qm/2
A precipitación acumulada en 12 horas podería chegar aos 40 l/m2 na provincia de Pontevedra, especialmente na zona costeira, entre as 10:00 e as 00:00 do día 10 de febreiro.