Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 3.049

Obras

Ante el riesgo de caída fue talado otro abeto rojo en las inmediaciones de la guardería municipal.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Hace unos minutos fue talado dicho abeto por operarios muncipales. La planta, de grandes dimensiones, estaba resquebrajada al medio y amenazaba con venirse abajo por los fuertes vientos.
Sólamente quedan en pie tres abetos rojos en pie en la zona. Ante su gran tamaño, los frecuentes temporales y la proximidad tanto de la escuela infantil como del colegio, serán talados todos en las próximas horas. Ya hay signos preocupantes en el asfalto y no queda más remedio que adoptar esta medida de seguridad.

Esquelas

Morreu María García Pedrosa, veciña de San Xulián.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Aos 72 anos, morreu hoxe María García Pedrosa, dona de José Miguéns Turnes, e veciña da Rúa do Castro nº 6 de San Xulián. Era xubilada de Nestlé.
O cadáver está a ser velado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá martes, día 10 de febreiro, ás 17:45 horas sairá a comitiva fúnebre ata a Igrexa Parroquial de Pontecesures onde ás 18:00 horas terá lugar a misa funeral. Logo recibirá sepultura María no camposanto municipal de Condide.
Descanse en paz.

Esquelas

Hoxe ás 17:00 horas misa funeral por Hipólito “O Cubano”.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Ás 16:30 horas sairá o féretro cos restos mortais de Hipólito José Diz García, de 67 anos, e veciño de Condide, dende o Tanatorio de Padrón. Ás 17:00 horas terá lugar a misa funeral na Igrexa Parroquial de Pontecesures. Logo “O Cubano” recibirá sepultura no camposanto municipal de Condide.
Descanse en paz.

Deportes

Campionato de truco na Parrillada o Criollo.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

O venres día 13 de febreiro, a partir das 22:00 dispútase o XVII Campionato de Truco “Parrillada o Criollo” de O Pino-Valga.
O 1º premio é de 1.000 ? e trofeos, o 2º de 400, o 3º de 150 e o 4º de un lote de bebidas.
Na repesca, o 1º premio é de 300 ?, e o 2º de un lote de bebidas.
O prezo de inscrición son 30 ? por parella (986 559253) e o sorteo terá lugar o xoves día 12 ás 21:00 horas no local.
O límite son 64 parellas, e será servido un pincho aos participantes.
No suposto que non se acaden ás 64 parellas, os premios serán reducidos proporcionalmente.

Sucesos

Alerta laranxa por vento.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

A Axencia Estatal de Meteoroloxía informa dun episodio adverso por vento do sudoeste a partir de mañá día 9 de nivel de alerta laranxa (risco importante) para toda Galicia.
Espérase que o vento do sudoeste vaia en aumento a partir das primeiras horas da mañá con refachos que superarán os 100 qm/2
A precipitación acumulada en 12 horas podería chegar aos 40 l/m2 na provincia de Pontevedra, especialmente na zona costeira, entre as 10:00 e as 00:00 do día 10 de febreiro.

Política

O luns 16 de febreiro, mitin do PSdeG-PSOE na Maty.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Dentro da campaña electoral dos comicios autonómicos do 1 de marzo anunciase un mitin do PSdeG-PSOE na tarde noite do luns, día 16 de febreiro, na Discoteca Maty de Pontecesures.
Falarán ?scar Gerpe (secretario xeral da Agrupación Local de Pontecesures), Carmen Cajide (deputada no Parlamento de Galicia) e Mº José Caride (Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes).
Tamén a agrupación local de Pontecesures anunciou a celebración dunha cena (laconada) para afiliados e simpatizantes que terá lugar o sábado día 14 de febreiro ás 22:00 horas en “Casa Gómez”, e para a que están convidados alcaldes e cargos do partido socialista da comarca (prezo: 10 ? por persoa).
Por último, a agrupación local anuncia unhas reunións co fin de organizar a campaña e tratar de asuntos de índole municipal de interese. Serán todos os xoves ás 21:00 horas no local da “Escola de Daniel” (fronte ao Centro Social).