Miguel Piñeiro: “Queremos significar o compromiso cos ríos”.

Periodista e director editorial do xornal de pesca “Trueiro”

O xornal entregaralles o día 3 en Padrón os seus terceiros premios a persoas e entidades comprometidas co medio natural galego ·· Pescadubra será unha das galardoadas por achegar á pesca as persoas con discapacidade

– Antes de falar dos premios e da pesca, falemos de Trueiro. Hai uns anos que botou a andar ¿cal é o seu balance?

– Levamos tres aNos de andaina; 12 cabeceiras, un especial para Asturias e nos vindeiros días saíra o último número deste ano. Incrementamos nun 24% a mancha publicitaria, porque o mercado ao que nos diriximos é hiperespecializado. Foron uns anos bonitos, traballando arreo e pondo un pouquiño de luz neste mundo de verteduras incontroladas, tentando facer un pouco de país e mirando polos nosos ríos.

– ??Trueiro?? non é só un xornaldedicado á pesca, senón a todo o que a rodea.

– Si. A pesca é algo máis que sacar peixes. Hoxe é un factor de dinamización económica e social en Galicia, pero é un exercicio de liberdade, un compendio de sensacións, de estar cos amigos e co medio. Segue habendo un reduto de furtivismo que segue usando os ríos como despensa e fonte de ingresos ilegais.
– A achega de ??Trueiro?? tamén é para concienciar a xente de que é necesario protexer os nosos ríos.
– Tentamos concienciar á xente de que o prezo do progreso está sendo alto para as circunstancias actuais e que os ríos de Galicia son a verdadeira arteria do noso país, que precisan dunha concienciación colectiva e unha actuación inmediata por parte do poder político.

– A todos nos debería preocupar o tema medioambiental dos ríos, pero máis aos pescadores. Serán agora máis pacientes que nunca…

– A paciencia dos pescadores non ten límites. E chegará ata que veden a pesca. E imos camiño diso. As estruturas da administración son cada vez máis restritivas e máis duras para co pescador, non para outros factores que inflúen nos stocks poboacionais de salmónidos dos ríos, enténdase grandes centrais, presas, obstáculos naturais, furtivismo, contaminación, etc…Iso parece que non conta.
– Supoñemos que alguén traballará para solucionalo, ¿non?

– Moita xente e sen ir máis lonxe esta casa mesmo, pero estamos contra unha apisoadora que é o poder da sociedade actual, o poder da contaminación. Hai xente que si ten un compromiso moi firme co medio natural e cos ríos de Galicia. Nese senso temos pensado o vindeiro ano institucionalizar un premio para medios de comunicación que se teñan significado na defensa dos ríos de Galicia.
– Os que xa están instaurados son os premios Trueiros, que se entregarán este venres, día 3. ¿Como naceu a iniciativa?

– O xornal naceu como unha necesidade dun grupo de profesionais que nos interesa a pesca e o medio natural. Non só había que traballar en prol da defensa dos ríos senon felicitar e darlles apupo a aquelas persoas, empresas, organismos… que levanten a man dicindo eu quero traballar polos ríos de Galicia.

– Imos co primeiro, o Liña tensa

– Polo vencello e o compromiso con Galicia, dámolles este ano á empresa Think Fish, con sede en Madrid, con I+D español, desenvolvemento empresarial alemán e materiais de Suecia.
– ¿Onde hai que estar?

– Onde hai que estar é para nós a definición de ??Trueiro?? e onde hai que estar estivo a gardería do Mandeo, que tivo un comportamento exemplar cernando unhas operacións duns furtivos que ían supor un dano irreparable para o río.

– ¿O que pasa?

– ? para Adega e o Proxecto Ríos, e en concreto para todo ese corpo de voluntarios que traballan nel, pondo de manifesto que pasa cos nosos ríos e a calidade das súas augas.

– ¿E o premio A nosa?

– Para unha sociedade realmente exemplar O Ranqueiro que todos os anos organiza dúas xornadas de Pescadubra, unha delas para persoas con discapacidade, de xeito que poidan acercarse ao mundo da pesca como calquera outra persoa. Para Pescadura, o noso recoñecemento e o noso aplauso.

– E, ¿as graciñas, para quen van?

– Para o exemplar labor realizado dende o ano 1994 polo xefe de biodiversidade da provincia de Pontevedra, Pablo Caballero. O seu labor permitiu a repunta das capturas de salmóns autóctonos no Ulla.

EL PERFIL
-Naceu o 3 de setembro de 1960 en Catoira.
-Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela, maila iso, sempre traballou como escritor e periodista. ? director editorial do xornal de pesca Trueiro, locutor da Radio Galega e colabora con diversas revistas especializadas en pesca deportiva.
-? amante da pesca esa é a súa principal afEción, xunto coa montaxe de moscas. Pero tamén goza tocando a batería e coidando a súa horta de Pazos, en Padrón.

TIERRAS DE SANTIAGO, 30/11/10

Nuevo apagón de luz en Pontecesures.

Sobre las 18:45 horas de hoy, 30 de noviembre, la línea de media tensión y los dispositivos de un poste cerca de la pista de Forneiras en San Xulián comenzó a explosionar ocasionando un fuerte ruido e incluso llamas en el tendido. Fue avisada la Policia Local y el servicio de averías de Gas Natural Fenosa.
Quedaron sin servicio las mismas calles que en la avería del pasado sábado (José Novo Núñez, Avda. de Vigo, Ullán, Redondo, Plaza de Pontevedra, el lugar de San Xulián, etc..). El suministro se reanudó a las 19:10 horas en la mayoría de las zonas. En San Xulián, algunos minutos después.

Medio Rural afronta as pavimentacións da Subida ás Escolas e dun tramo da pista da Tarroeira.

A Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural ven de comunicar ao concello que con cargo ao Plan de Infraestruturas Municipais 2010 vanse executar en Pontecesures dúas obras:

-Pavimentación da Subida ás Escolas.
-Pavimentación de pista en Tarroeira.

Na primeira das actuacións vaise mellorar o firme da rúa Raimundo García Domínguez “Borobó” que vai dende a intersección da Estrada Autonómica PO-214 Pontecesures-Baloira ata o CPI Pontecesures. O treito afectado vai dende a citada intersección ata a biblioteca municipal xa que o firme actual parte do vial está moi deteriorado.

Na segunda vaise mellorar o firme nunha pequena parte da pista da Tarroeira que ten a capa de rodadura moi danada con numerosos baches, partindo da redonda de intersección coa Nacional 550, e case na liña divisoria de Pontecesures con Valga.

O importe de ámbalas dúas actuacións é de 20.163,97 euros que son afrontados pola consellería do Medio Rural na súa totalidade.

Dende o concello xa foi enviada a documentación sollicitada en canto á titularidade dos terreos e as obras van ser licitadas en xaneiro segundo as informacións que temos.

La campaña “Merca na Rúa” sortea en Valga 3.000 euros en vales entre los clientes de la villa.

El vicepresidente de la Diputación de Pontevedra, José Juan Durán, y el alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, presentaron ayer la campaña ??Merca na Rúa? una iniciativa que se pone en marcha en diferentes localidades de la provincia de Pontevedra y que tiene como finalidad impulsar las compras en el pequeño comercio.
Después de iniciarse en Cambados hace ya unas semanas, Valga es ahora el lugar en el que azafatas y dinamizadores comerciales se instalarán en el centro urbano con el fin de motivar las compras. La recompensa es, teniendo en cuenta la época de crisis, suculenta. ??Merca na Rúa? repartirá 3.000 euros en vales de compra entre los clientes más fieles a los establecimientos de la localidad. La campaña en Valga se inició ayer y se prolongará hasta el 11 de diciembre que será cuando se sorteen los citados vales.

José Juan Durán aclaró ayer que todos los que deseen participar deben depositar en la hurna los tíquets de las compras realizadas entre las diez de la mañana de ayer y las seis y media del día 11. La otra mitad del boleto la debe conservar dado que en ella figura el número de participación en el sorteo.

El cierre de campaña será el sábado día 11 a las seis y media de la tarde con un sorteo público. Los 3.000 euros se repartirán en 24 vales de 100 euros y dos de 300.

Esta actividad de dinamización comercial pretende fomentar las ventas en el pequeño comercio y así lo refrendó ayer el alcalde del municipio que alentó que este tipo de propuestas siempre son bien recibidas sobre todo en una época en la que el pequeño comercio está pasando por una mala época.

DIARIO DE AROUSA, 30/11/10