
Isorna diante dun dos símbolos de Catoira, as Torres do Oeste.
Manuel isorna folgar Técnico de prevención de drogodependencia.
Manuel Isorna traballa no concello de Catoira e noutros da comarca, como Pontecesures, con dous programas que informan en forman aos pais sobre a facilidade de que un mozo caia na drogodependencia.
-¿Cal é o obxectivo principal destes programas de axuda aos pais?
-Sempre se fala de que o que falla é a educación, pero os que traballamos nisto sabemos que non só falla isto, senón tamén a familia. Por este mesmo motivo queremos que os pais se involucren neste tema cos seus fillos e teñan a información necesaria para poder manexar este tema.
-¿En que consisten?
-Temos dous programas diferentes. Un é o chamado Escola para pais, nos que citamos aos pais arredor dunha vez ao mes nos concellos, e o outro, Na casa tamén, está pensado para chegar a eses pais que non poden vir ás charlas. Deixámoslles uns DVD sobre o tema para que, a medida que os van visionando, entendan os seus perigos.
-¿Comezan os mozos a iniciarse nas drogas demasiado cedo?
-Si. A falta de control por parte dos pais e a imaxe idílica que se quere transmitir do botellón, como que só é un lugar onde divertirse, fai que os mozos teñan a súa primeira relación co alcol, e outras drogas, polo xeral neste contexto. A partir de aquí pode comezar unha relación destrutiva axudada polo efecto do mimetismo, que fai que uns mozos copien os comportamentos dos outros e non se dean conta dos seus perigos.
LA VOZ DE GALICIA, 12/09/10