Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 320

Festas

O Encontro dos Maiores de Valga cumpre 25 anos cun xantar o 30 de abril.

Por Redacción ·

A festa será no pavillón de Cordeiro e inclúe a actuación da Banda de música municipal de Valga

OEncontro cos nosos maiores de Valga cumpre este ano a súa edición número vinte e cinco o que supón un cuarto de século reunindo á poboación máis veterana do concello nunha xornada de confraternidade. A edición do 2023 terá lugar o vindeiro 30 de abril, domingo, no pavillón municipal de Cordeiro e nela poden participar os veciños que teñan cumpridos 65 anos ou que os cumpran durante este ano.

Nos últimos días informóuselles por carta da celebración da xuntanza, para a que se poden inscribir presencialmente no Concello, a través dos números de teléfono 986 55 94 56 (Concello) e 986 556 769 (auditorio) ou enviando un correo electrónico ao enderezo concello@valga.gal.

O prazo de inscrición remata o día 14 de abril. No caso de que algunha persoa que cumpra tanto o requisito da idade coma o de estar empadroado non recibira a carta do Concello, pode igualmente inscribirse dentro dese mesmo prazo.

O programa de actividades dará comezo ás 13 horas coa actuación da Banda de Música Municipal de Valga -na imaxe- no propio pavillón, onde a continuación terá lugar o xantar de confraternidade. No transcurso da xornada haberá sorteo de agasallos doados por casas comerciais e entidades de Valga e da contorna e tamén se entregará un recoñecemento ao home e a muller de maior idade que participen no Encontro e aos asistentes que estean de aniversario.

Por outra banda, estanse a quentar os motores para o Festivalga que organiza o CRA e polo que e invita aos veciños a gravar os seus vídeos con cancións que foran a Eurovisión. A gala será o 12 de maio e o prazo de inscrición ábrese o 29 de abril.

La Voz de Galicia

Obras

El Concello de Pontecesures pide a Xestur un estudio de tráfico para los accesos al futuro polígono.

Por Redacción ·

Juan Manuel Vidal Seage es el alcalde de Pontecesures

El Concello de Pontecesures instará a Xestur a que elabore un estudio de tráfico sobre posibles afecciones a la red de carreteras del Estado, concretamente a la N-550, derivadas de la construcción del futuro polígono. El informe –según el Concello– debe incluir la conexión contemplada ya en el PXOM de 2003 a través de un vial desde la intersección de Doutor Mosquera con la N-550 hasta la rotonda de A Charca. Un acceso –dice el Concello– que ya fue propuesto por el equipo redactor del PXOM y que fue aprobado con los votos a favor de BNG y PSOE. El regidor cesureño, Vidal Seage, expone que “o que fai o Ministerio de Transporte no seu informe é lembrar a necesidade de presenar un estudio de tráfico xa que entende que o acceso único dende a N-550 podería supoñer unha alteración no nivel de servizo e seguridade viaria desta estrada”. El alcalde dice que el informe “é un máis dos informes sectoriais que require a instalación do polígono . Tal e como me comprometín coa veciñanza: se os informes son negativos, o polígono non se fará. Se, como neste caso, son cousas solucionables, o proxecto seguirá a súa tramitación cunha escrupulosa aplicación da normativa, xa que consideramos que é positivo para os seus veciños e veciñas”.

Adelanta Vidal Seage que “dende o equipo de goberno de Pontecesures instaremos a Xestur a que presente unha proposta de reordenación e accesos conforme ao que require o Ministerio e que continúa co desenvolvemento do proxecto do parque empresarial, que consideramos fundamental para o desenvolvemento económico deste municipio”. El regidor conservador considera que “é cando menos sorpresivo que un informe asinado hai oito meses, 19 de xullo de 2022, vexa a luz a menos de sesenta días das eleccións. Supoño que non foi filtrado con ningunha pretensión de axudar a socialistas e nacionalistas cesureños na súa teima de botar por terra o parque empresarial de Pontecesures”.

Juan Manuel Vidal Seage se reafirma en que la creación de este polígono será beneficioso para los vecinos, pues permitirá la instalación de nuevas empresas y crear puestos de trabajo.

Diario de Arousa

Festas

Padrón estrea as súas festas de Pascua coa apertura de atraccións e concertos gratuítos.

Por Redacción ·

Festas da Pascua de Padrón

Festas da Pascua de Padrón

Coas parcelas ocupadas, a apertura das atraccións e dos postos de feira no Espolón e no Campo do Souto, Padrón vístese de festa dende este domingo 2 de abril para celebrar a Pascua. Padroneses e visitantes poderán gozar durante quince días dunha completa programación pensada para todos os públicos e na que, unha vez máis, un bo número de concertos e verbenas gratuítos se sumarán a citas clásicas como a feira cabalar e as competicións deportivas. O pregón correrá a cargo do humorista David Amor.

“A Pascua celébrase por segundo ano como Festa de Interese Turístico de Galicia e o obxectivo de superarse a si mesma en cada edición”, salientou o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, quen lembrou que as festas de 2022 pecháronse cun gran éxito de participación e supuxeron todo un revulsivo anímico e económico. “Traballamos arreo coa intención de manter o nivel e facer unhas festas que satisfagan a todos os públicos”, engadiu o mandatario. O Concello padronés destina á Pascua preto de 200.000 euros.

El Correo Gallego

Sociedade

O BNG de Pontecesures analiza o informe do Ministerio de Transportes sobre o proxecto de polígono.

Por Redacción ·

Ilustración de sección

𝗘𝗺𝗶𝘁𝗶𝗱𝗼 𝗼 𝟭𝟴 𝗱𝗲 𝗫𝘂𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟮𝟮, cómo é posible que o señor Seage descoñécese este informe? E se é coñecedor, por qué non llo traslada ós veciños?

𝐃𝐞𝐬𝐟𝐚𝐯𝐨𝐫𝐚𝐛𝐥𝐞 𝐨́ 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨 𝐝𝐨 𝐩𝐨𝐥𝐢́𝐠𝐨𝐧𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚𝐝𝐨 𝐩𝐨𝐥𝐚 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚 𝐩𝐨𝐫 𝐟𝐚𝐥𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐀𝐍𝐀́𝐋𝐈𝐒𝐄𝐒 𝐄𝐗𝐇𝐀𝐔𝐒𝐓𝐈𝐕𝐀𝐒 sobre cómo vai afectar á seguridade e condicións de servizos da N-550

𝐏𝐫𝐞𝐜𝐞𝐩𝐭𝐢𝐯𝐨 𝐞 𝐯𝐢𝐧𝐜𝐮𝐥𝐚𝐧𝐭𝐞, 𝐨́ 𝐪𝐮𝐞 𝐨𝐛𝐫𝐢𝐠𝐚 𝐚́ 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚 𝐚 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚𝐫 𝐮𝐧 𝐧𝐨𝐯𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨 ou eliminar as saídas de vehículos do polígono á N-550, o que provocaría o colapso da PO-548, estrada a Vilagarcía

Un dos datos máis preocupantes. O aumento do tráfico que contempla o proxecto do polígono, 𝐨𝐛𝐫𝐢𝐠𝐚𝐫𝐢́𝐚 𝐚́ 𝐞𝐱𝐞𝐜𝐮𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐮𝐧 𝐄𝐍𝐋𝐀𝐂𝐄 𝐀 𝐃𝐈𝐒𝐓𝐈𝐍𝐓𝐎 𝐍𝐈𝐕𝐄𝐋 (𝐭𝐢𝐩𝐨 𝐬𝐜𝐚𝐥𝐞𝐱𝐭𝐫𝐢𝐜 𝐨𝐮 𝐩𝐨𝐧𝐭𝐞 𝐬𝐨𝐛𝐫𝐞 𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐫𝐚𝐝𝐚 𝐍-𝟓𝟓𝟎) aumento o impacto negativo sobre as casas pegadas á estrada.

Este informe do Ministerio de Transportes, reafírmanos na nosa posición contraria á ubicación do proxecto industrial neste lugar, e con este 𝐨𝐛𝐱𝐞𝐜𝐭𝐢𝐯𝐨, 𝐝𝐞𝐟𝐞𝐧𝐝𝐞𝐧𝐝𝐨 𝐨 𝐝𝐞𝐫𝐞𝐢𝐭𝐨 𝐝𝐨𝐬 𝐯𝐞𝐜𝐢𝐧̃𝐨𝐬 𝐚 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐯𝐢𝐝𝐚 𝐝𝐢𝐠𝐧𝐚, 𝐢𝐦𝐨𝐬 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐢𝐫 𝐭𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐞 𝐥𝐨𝐢𝐭𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐛𝐞𝐧 𝐜𝐨𝐦𝐮́𝐧 𝐝o noso concello, 𝐪𝐮𝐞 𝐞́ 𝐨 𝐮́𝐧𝐢𝐜𝐨 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐞́𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐧𝐨𝐬 𝐦𝐨𝐯𝐞 𝐧𝐨 𝐁𝐍𝐆 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞𝐜𝐞𝐬𝐮𝐫𝐞𝐬.

BNG Pontecesures

Sociedade

O Ministerio de Transportes informa desfavorablemente o proxecto de polígono industrial de Pontecesures.

Por Redacción ·

O BNG informou á cidadanía do documento

O Bloque Nacionalista Galego organizou na tarde do venres un acto público para informar a todos aqueles veciños da localidade e demais afectados das súas xestións para tentar paralizar o proxecto de polígono industrial de Pontecesures que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) promove na zona da Tarroeira. Acompañado pola candidata nacionalista á alcaldía cesureña, Maite Tocino, e polo parlamentario autonómico Luis Bará, o congresista en Madrid Néstor Rego desvelou a existencia dun informe negativo do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana á construción da dotación empresarial.

Emitido pola Subdirección General de Explotación de la Dirección General de Carreteras do citado ministerio, no documento, de carácter preceptivo e vinculante, sinálase que o departamento estatal: «Ha resuelto informar desfavorablemente en lo referente a su afección a la red de carreteras del Estado el Proyecto de Interés Autonómico del Parque Empresarial de Pontecesures por incumplir el artículo 36.9 de la Ley 37/2015 de carreteras, que dice ‘La solicitud de accesos o cambio de usos de los existentes para servir a actividades que, por su naturaleza, puedan generar un volumen de utilización que pueda afectar negativamente, de forma cualitativa o cuantitativa, a la correcta explotación de la carretera, deberá acompañarse de un estudio de tráfico y, en caso de una afección significativa, de una propuesta de las medidas de acondicionamiento necesarias para mantener inalterado el nivel de servicio y de seguridad viaria de las carreteras afectadas». Neste caso, da área de influencia da N-550, que, se sinala no informe do Ministerio de Transportes, absorberá «la mayoría del tráfico generado y atraído» pola actividade nos 156.017 m2 edificables de uso industrial e os 4.165 m2 de uso terciario proxectados pola Xunta.

La Voz de Galicia

Festas

Sigue la tradición churrera de Pontecesures: Los mejores churros ambulantes se quedan a vivir desde mañana en el casco histórico de Santiago.

Por Redacción ·

La churrería La Quinta, originaria de 1842, abre su primer local fijo en la rúa Caldeirería con el espíritu de hacer de ella toda una plaza mayor

Cuando allá por 1842 el tatarabuelo de Ibai Castiñeiras instaló por primera vez su puesto de churros en una feria de Pontecesures, de donde era natural, no se imaginó que 181 años después un descendiente de su estirpe, el propio Ibai, le cogería el testigo abriendo permanentemente y vendiendo la misma materia prima en la zona más noble del casco antiguo compostelano. «Vin que coa xubilación da miña avoa era posible que a churraría pechase, así que non o pensei e lanceime con isto que tantas veces planeei na cabeza», indica el joven, de solo 25 años. Ahora bien, el espíritu se conserva aunque la idea original haya sufrido un cambio radical. «Sei, pola experiencia da miña avoa, que a ambulancia é moi dura, moi sacrificada, e son consciente de que os hábitos cambian», expone Ibai. Es justo por ello que se ha decidido por establecer los mejores y más tradicionales churros ambulantes en el número 42 de la rúa Caldeirería, en Santiago. Desde mañana, cuando todo echa a andar, en esa calle habrá una nueva plaza mayor, pues todo el local está ambientado de tal forma que nos traslada a un domingo de feria por la mañana, aunque también se venderán churros para llevar. La sala es tan luminosa como si brillase el Sol, cuelgan del techo las hojas verdes de los árboles y los toldos marrones de las carpas de la feria; las mesas y las sillas son como las de un café de antaño y hasta el suelo está decorado como los empedrados más típicos del centro en una villa marinera. Una renovación que no hace al negocio perder su esencia, pues la abuela de Ibai ya ha facilitado el visto bueno. «Onte, sen ir máis lonxe, estivo dándolles consellos aos cociñeiros, que eles escoitaron tomando nota». No hay nada como la voz de la experiencia, a la que Ibai rinde culto en la decoración del local a través de un mural en el que figuran las diferentes generaciones que han gestionado el negocio todos estos años. Ibai, representado en el centro de la obra, explica el nombre de la churrería, que nació como El Pirata, luego se llamó Fina «como a churreira, miña avoa» y ahora se renombra como La Quinta, «que son eu, a quinta xeración de churreiros».

La Voz de Galicia