Algueirada actúa o martes 13 de setembro na Guadalupe 2011.
O grupo folclórico cesureño actúa o martes da Guadalupe en Rianxo, no que se celebra o día de Padrón. A actuación comeza ás 20 horas na praza central.
Novas anteriores · páxina 3.301
O grupo folclórico cesureño actúa o martes da Guadalupe en Rianxo, no que se celebra o día de Padrón. A actuación comeza ás 20 horas na praza central.
Será ás 21.00 horas na Casa do Pobo da Travesía da Bandeira co obxecto de propoñer os candidatos e candidatas a Congreso e Senado nas vindeiras eleccións do 22 de novembro.
Segundo as informacións obtidas, persoal da empresa “Alvite Servicios Integrales S.L.” de Santiago de Compostela será o que prestará o servizo de mantemento do albergue de peregrinos de Pontecesures (albergueiro/a, limpeza, etc…), como o fai noutros albergues de titularidade da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.
Empatou así 1-1 co Bar Gento a domicilio na segunda xornada dentro do grupo 3º da liga de fútbol veterán.
Segundo as informacións que temos, persoal da unidade técnica da Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra van visitar hoxe venres 9 de setembro as instalacións do CPI Pontecesures para facer unha comprobación exhaustiva da caldeira o depósito e demais elementos da calefacción do colexio.
O consumo actual de gasóleo é desorbitado con notable prexuizo para a economía do centro e sempre se pensou que a solución era instalar unha nova caldeira por considerarse totalmente obsoleta á existente. De feito hai xa un orzamento co custo da nova caldeira que é considerablemente elevado
Porén; as autoridades de educación queren comprobar polo miudo, antes de tomar a decisión de cambiar a caldeira, o funcionamento de todo o sistema para avaliar as causas das deficiencias no consumo que se están a detectar e se é posible acometer os arranxos oportunos con garantías sen investir tantos recursos adquirindo unha nova caldeira.
Dende a ACP esperamos que o problema sexa solucionado para beneficio de toda a comunidade educativa.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Ponteecsures