Espectacular colisión dun turismo contra unha farola na rúa Rosalía de Castro.
Sobre as 7,15 horas da mañá de hoxe, un coche de cor negro que circulaba a gran velocidade polas rúas centrais da vila (Portarraxoi, San Lois e Sagasta) empotrouse contra unha farola e un arbusto situados na rúa Rosalía de Castro (preto do pub “Baila Conmigo”, na intersección coa rúa Sagasta), apreciándose marcas dos neumáticos no pavimento uns 12 metros antes da farola.