Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 3.564

Deportes

HORARIOS DOS PARTIDOS DA FIN DE SEMANA DO CLUB BALONCESTO RIO ULLA

Por fru ·

Ilustración de sección

Sábado 31 de Marzo:

– Infantil Masculino: As 11.45 h. en Pontecesures:

Extrugasa Rio Ulla – Xuven Cambados

– Xunior Masculino: As 17 h. en Pontecesures:

Extrugasa Rio Ulla – Liceo de Vilagarcia “A”

– Senior: As 19.30 h. en Pontecesures:

Extrugasa Rio Ulla – C. B. Cuntis

O encontro dos Senior é de vital importancia para clasificarse para disputar a fase final de ascenso.

Avisos

Petición: “impactos” na prensa

Por Antonio Cortés ·

Ilustración de sección

Unha das funcións de esta web é que calquera veciño poda solicitar información, anunciar calquera cousa, a outros veciños. E vou a empregar esa función:

A miña moza ven de levar a comunicación da inauguración dunha tenda da franquicia galega Nanos, de roupa para nenos, en Sevilla, apadriñada esta inauguración pola modelo Laura Sanchez e o seu home, o futbolista Aitor Ocio.O seguemento por medios rexionais (televisión, prensa, radio) aquí en Andalucía foi moi grande. Como o comunicado de prensa foi enviado tamén a medios galegos, ela necesita saber en que medios galegos publicouse a nova.

Dende aquí non temos acceso ós xornais galegos en papel, polo que a miña petición e sinxela: Si alguén ve estos días unha nova nalgún xornal sobre este evento pode indicarnos O xornal e a data de publicación.

Sin más agradecendo calquera axuda, despidome cun saudiño.

Antonio Cortés

P.D.: Calquera petición/anuncio/comunicado podese enviar, coma sempre, a redaccion@pontecesures.net. As respostas a este directamente á miña dirección antonio@pontecesures.net ou coma un comentario nesta páxina.

Cultura

Catro gaiteiros de Algueirada participan no concurso “Xiradela”.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

NOTA DA ANPA DO CPI PONTECESURES

Os gaiteiros do Grupo Folclórica â??Algueiradaâ?�, pertencente a ANPA do CPI Pontecesures, Adriana Rivas Seijo, Lorenzo Rivas Seijo, Eric Torres Naveira e Miguel Castaño (este último é o monitor) participarán o domingo 1 de abril no VIII Concurso de Música tradicional â??Xiradela 2007â?� que se celebra no Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo
No concurso de cuartetos, os integrantes citados interpretarán â??Vals tradicionalâ?� e â??Muñeira de Maioâ?�
No concurso de solistas, Adriana Rivas Seijo interpretará â??Lixeiriñaâ?� e â??Muiñeira de Maioâ?�, mentres que Eric Torres Naveira interpretará â??Muiñeira de Teixeira de Baoâ?� e â??Xota de San Clodioâ?�.
Dente a Xunta Directiva da ANPA desexámoslle moita sorte aos nosos gaiteiros neste prestixioso concurso de música tradicional.

Pontecesures, 30 de marzo de 2007

Luis Angel Sabariz Rolán

Emprego

A Deputación de Pontevedra contrata dous peóns para traballar ás ordes do concello de Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

deputacion.jpgDentro do Plan de Actuacións Diversas 2007 da Deputación de Pontevedra este organismo contratou aos peóns Natalia Potel Saborido e José María Martínez Caamaño por tres meses para realizar tarefas nos servizos municipais (a Deputación aporta o 75% do custo, mentres o concello o 25%). O propio órgano provincial presentou unha oferta de emprego na oficina de emprego de Vilagarcía e logo as persoas preseleccionada despois da sondaxe foron entrevistadas para decidir as dúas persoas elixidas

Obras

Una pasarela sobre el Ulla unirá dos núcleos de Padrón y Cesures

Por Tuso ·

Ilustración de sección

Para ello se aprovecharán los seis pilares que sostenían la antigua vía férrea.

La senda peatonal tendrá un ancho de cinco metros y enlazará Lestido con San Xulián.

El Ministerio de Medio Ambiente prepara, a través del organismo de Demarcación de Costas, un segundo proyecto para el río Ulla a su paso por el municipio de Padrón y que, en este caso, también afecta al concello limítrofe de Cesures, en la provincia de Pontevedra.

Sociedade

El Valedor do Pobo advierte al alcalde de Cesures de que podría declararlo “hostil e entorpecedor”.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

El Valedor do Pobo acaba de hacerle una advertencia al alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira: «Que se no prazo máximo de quince días a contar desde a data deste escrito (22 de marzo) non se recibe nesta institución o informe, que unha vez máis lle requerimos, o Valedor do Pobo procederá a facerlle a declaración de hostil e entorpecedor das súas funcións en canto se refire á tramitación da presente queixa».