Dúas personas, segundo algunhas testemuñas encarapuchadas, romperon, sobre ás 00:45 da madrugada do domingo 25 de outubro, unha cristaleira desta cafetería situada na rúa Carlos Maside de Pontecesures coa intención, ao parecer, de roubar.
O ruido alertou a varios veciños do edificio onde se atopa este establecemento, e os delicuentes fuxiron sen entrar no inmoble.
Presentáronse, logo de producirse os feitos, dúas patrullas da Garda Civil, que investigan o sucedido.
Borobó contra Wallace Souza.
Foi un xornalista que facía agromar as palabras dun raro manancial no que converxen a dignidade e o sentimento gozoso da cultura. Nada que ver cos espadachíns do abrente que segan pescozos desde as columnas xornalísticas de neón. Tampouco pertencía á estirpe dos mefistofélicos que se venden ao mellor postor cun aceno cínico e un pasador inzado de billetes na gravata.
Raimundo García Domínguez, Borobó, foi un sobrevivente da vida e do xornalismo, cun lirio eterno de brancura na alma. Nin os expedientes trala guerra civil, nin os azares dunha profesión moralmente perigosa, segaron a súa bonhomía. ?l representa un xeito de vivir o xornalismo, de anaco en anaco, que nada ten que ver con esta feira mordaz das vaidades e dos estragos. As televisións énchense de pseudoxornalistas que escrutan, coma lobos frecuentadores, os sumidoiros do mundo rosa. Iso por non falar dos moitos tertulianos e discutidores afeitos a manexar o látego a piñón fixo. Despois da nobre arte da dialéctica quédanos a demagoxia pseudoideoloxizada.
Hai, claro está, profesionais irreductibles que fan o seu traballo coas armas fráxiles da decencia. Pero iso é difícil nestes tempos de cruzadas con hematomas colaterais. Demasiada xenreira entre empresas xornalísticas que reducen a política a unha guerra de titulares oportunistas.
Certo que sempre existiron os comisarios na profesión e as prumas alugadas, molladas no alcol do cinismo. Pero en medio deste panorama enteirámonos de que un famoso presentador televisivo do Brasil, un tal Wallace Souza, provocaba crimes para ofrendalos como gran primicia no seu programa de sucesos. Pagaba para que os mercaderes da morte segasen vidas por un pouco máis de share. Velaí unha representación simbólica dunha nova fronteira para o xornalismo infamante. Un eco cruel desa filosofía de que todo vale para alimentar a serpe golosa e omnívora da audiencia.
Por iso é necesario volver a aqueles que sentiron o xornalismo como unha forma de observar e relatar o mundo, con culta lucidez e sen estridencias sensacionalistas.
Falo de Borobó, que foi tamén Don Gallego, Uriel ou o impagable Ánxelo Novo, pseudónimos dunha obra con múltiples vasos comunicantes. Convén revisar ese legado para saber que o xornalismo tamén pode ser un eido plural, luminoso e reconfortante.
Artigo de Xavier Lama (escritor). Tribuna Abierta. ELCORREO GALLEGO, 25/10/09
Curso de aromaterapia en Pontecesures.
Será o martes 10 de novembro de 16:30 a 20:30 horas, no semisoto da Casa do Concello. Estará impartido por unha persoa profesional no campo.
Información: 986/557125 ou 986/564409, Casa do Concello de Pontecesures.
Organizan o curso a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e o Concello.
Moito público onte en Chanteclair.
Unas 3.400 entradas, segundo fontes da empresa, foron vendidas onte sábado, 24 de octubre, na sala de festas cesureña.
Lémbrase que estiveron a orquestra Foliada e o Dj catalán Marsal Ventura, e que foron recollidas imaxes da actuación deste último para o programa “La Noche Mix” de Antena 3 TV.
Telefónica acomete unha obra para mellorar as conexións da Casa do Concello.
Hai uns días comezou na parte traseira da Casa do Concello (Camiño de San Xulián) unha obra de canalización soterrada da nova rede de alimentación da Casa do Concello. Os obxectivos son eliminar a centraliña obsoleta do edificio e todo tipo de vellas caixas con cables á vista que hai en varias dependencias, colocando unha centraliña nova, eliminar o actual cableado aéreo que pasa por fincas e que está grapado á fachada do edificio (a liña soterrada entrará polo soto), e mellorar o servizo telefónico e da internet das oficiñas municipais que dende hai tempo dan problemas.
Agás algún traballo a realizar por operarios municipais no interior do edificio, Telefónica asume os custos da mellora.
Xa basta de enganos
O BNG de Pontecesures ao respecto da instalación da rede wifi municipal quere manifestar o seguinte :
Como supoñíamos e denunciamos en diferentes ocasións (nos plenos e medios de comunicación) a rede wifi aínda non està operativa, a pesares de que o concelleiro do partido popular Rafael Randulfe, (así tamén o fixo o tránsfuga Sabariz), prometeu ata a saciedade que ía estar en funcionamento a finais do ano 2008.
Así nos invadían nos medios de comunicación en febrero de 2008 ?? Pontecesures contará con wifi gratuito en todo su territorio. El sistema llegará a todos los núcleos a través de 14 antenas conectadas a un ordenador situado?? En noviembre dese mesmo ano o desgoberno municipal emitía un novo comunicado ao pobo a través da prensa escrita con expresións como: ??Pontecesures tendrá su red inalámbrica de comunicación antes de que expire 2008, a pesar de que se ha ido encontrando con diversas dificultades en el proceso de instalación?. Pero de rede wifi nada de nada.
En marzo de 2008 o tránsfuga, a través dos medios afirma que ??Pontecesures contará con rede wifi en el plazo de un mes logo de asinar o contrato coa empresa o 25 de marzo? . O mesmo anuncio se fai en agosto e a mesma información se da no pleno de setembro, que en mes, mes e medio, estará a rede operativa en todo o término municipal. Mentira tras mentira como o demostra a realidade.
Unha vez mais Rafael Randulfe engana aos veciños/as de Pontecesures . As súas mentiras e artimañas xa non collen por sorpresa a ninguén . Recordemos que xurou non dar na pasada investidura a alcaldia a Maribel Castro e chegado o día do pleno non tivo escrúpulos en apoiar a Sra Castro colocando de alcaldesa ao candidato menos votado .
A pesares disto o mais grave, como sospeitamos , é que tan só se colocaron tres antenas da citada rede , ubicándose as mesmas nas rúas centrais do noso pobo, esto implica, como denunciamos en moitos plenos, que a rede wifi só abarcará unha mínima parte do municipio quedando moitos veciños sen cobertura.
Este desgoberno segue a menospreciar aos cidadáns de Cesures e clasificaos en dúas categorias: os de primeira e os de segunda. Queremos recordarlle ao goberno municipal que todos os cidadáns pagan impostos por igual e polo tanto teñen os mesmos dereitos . Este trato desigual xa ocurreu cos fondos estatais que foron invertidos por completo nas rúas centrais .
O BNG esíxelle á alcaldesa Maribel Castro que deixe de enganar constantemente ao pobo, que a rede sexa realidade dunha vez por todas (a empresa incumpríu todos os prazos establecidos no contrato que fixo co concello e este mira para outro lado) e sobre todo que o servicio de internet wifi chegue a todos/as veciños/as do noso pobo e que non continue menospreciando a maior parte da poboación recordándolle ademais que é alcaldesa de todos/as por igual.
Grupo Municipal do BNG
Nota íntegra enviada aos medios