Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 3.604

Obras

Abre a Parafarmacia Centro Farma en Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Mañá día 21 abre ao público a Parafarmacia “Centro-Farma” que está situada no baixo do edificio da rúa San Lois nº 26 (onde estivo provisionalmente Caixanova cando reformou as súas instalacións actuais). O establecemento está rexentado pola cesureña María Dolores Castiñeiras Mondragón e está adicado a herboristería e a parafarmacia en xeral.

Emprego

Relación definitiva de alumnos do obradoiro de emprego.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

ALBANELERIA

Mª Pilar Andrade Martínez, José Carlos Angueira Bentrón, Amparo Boullón Pérez, Inés Crespo Moure, Mª Mercedes Fernández Cordo, Mª Nieves Rodríguez Grela, Remedios Rodríguez Requeijo, Ana Serantes Codesido, Mª Carmen Souto Durán, Elisardo Taibo Jamardo, Silvia Vallladolid e Josefa Mª Vicente Enrique.

CARPINTERÍA

Mercedes Buela Martínez, Pilar De Jesús Martínez, Ana Isabel Eitor Vázquez, Manuela Enrique Casal, Mª Isabel Rey García, Dores Rial Barreiro e Mª José Rial Rodríguez.

XARDINERÍA

Ramona Agrasar Castrelo, Mª Carmen Conde Barral, Mónica Eitor Garrido, Alberto Enrique Cordo, Mª Elisa García Dopazo, Mª Olga Guitián García, Olga Lestido Gerpe, Fernando Moares Villaverde, Mª Carmen Rodríguez Castrelo e Angela Rodríguez Vázquez.

AXUDA A DOMICILIO

Ramona Barreiro Domínguez, Rosa Blanco Blanco, Mª Concepción Castro Ferro, Mª Begoña Diz Magán, Mª Cristina Enrique García, Carmen Garabán Paz e Mª Virtudes Rey Lago.

SUPLENTES

Santiago González González, Mónica Lafuente Otero, Jose Mª Martínez Caamaño, Marina Buceta Balado, Mª Carmen Chenlo Carregal, Mª Carmen Eitor Grela, Margarita Ferro García, Aurea Garabán Paz, Mª Teresa Jamardo Curros, Ana Belén Da Rocha Lafuente e Josefa Diz Rey.

Hai que lembrar que o obradoiro comeza o 26 de decembro próximo.

Sociedade

Pontevedra ten a xerencia de primaria con máis poboación de toda España

Por Antonio Cortés ·

Ilustración de sección

A futura xerencia de Atención Primaria de Pontevedra integrada na Area Sanitaria de Pontevedra Norte anunciada onte polo presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, terá unha poboación asignada de 368.470 habitantes, residentes en 36 concellos do norte da provincia, nos que hai un total de 49 centros de saúde e 11 consultorios periféricos.

Sociedade

Disculpas

Por Antonio Cortés ·

Ilustración de sección

Á hora de evitar o SPAM (mensaxes publicitarios automatizados) activamos certos filtro, un deles, que aparentaba ser inócuo “Prohibir comentarios de proxies abiertos e inseguros.” ó final empezou a marcar coma spam comentarios feitos por persoas en sitios públicos, polo que non se amosaban na web directamente nin aparecían coma “pendentes de moderación”.

Acabamos de quitar esa opción polo gran número de falso positivos (mensaxes válidos que trataba coma non válidos), dende aquí, coma administrador prego acepten as disculpas pola perda “temporal” deses comentarios, tardaremos un pouco en revisar a base de datos de comentarios buscando eses “falsos positivos” e aparecerán os comentarios, eso si, non no momento que se escribiron senón á medida que os atopemos.

Coma disculpa indicar que, a explicación ó sucedido, radica no gran número de comentarios automatizados que reciben os blogs, e que, o fin o cabo, non hai unha solución definitiva. A percura desta busca da solución ó problema do SPAM ten este tipo de “daños colaterais”.

Sin mais, mil disculpas, Antonio Cortés.

Sociedade

Nota da ANPA aos pais/nais sobre diversos temas.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

ANPA CPI PONTECESURES

Realizada en días pasados a demostración de aeromodelismo, infórmase que en xaneiro comezará a actividade dirixida a nenos/as maiores do 8 anos. Os interesados deben poñerse en contacto coa ANPA para ver se é posibel formar un grupo de traballo.
Tamén se informa de que se prorroga o prazo para o pago da cota da ANPA ata o día 15 de xaneiro de 2007.

Emprego

ACP critica a incompetencia do alcalde en materia de emprego.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)

Nestes días estánse a coñecer as cantidades concedidas, en concepto de subvencións, aos distintos concellos por parte da Consellería de Traballo en virtude do I Plan Integral de Emprego regulado pola Orde de 31 de maio de 2006. Temos información de que prácticamente tódolos concellos da comarca Ulla-Umia tiveron subvencións para contratar traballadores desempregados por prazo dun ano ( Catoira 12 traballadores, Moraña, 6, Cuntis 8, Valga 4 etc..) con cantidades que nalgúns casos superan os 100.000 ?.