Dende hoxe estou empadronado en Sevilla. Levo aquí seis anos e medio e, tras mercar unha casa en Sevilla, e ter a miña vida máis ou menos feita aqui, xa era hora de marcar o cambio de domicilio.
Moitos son os cesureños que viven fora de Pontecesures, algúns estarán ainda empadronados en Pontecesures, outros non, e moitas serán as causas polas que non viven en Pontecesures. Ã? por isto que plantexo unha pequena equisa, cunhas simples preguntas, para ver cales estamos nesta situación. Uns vivirán preto (Padrón, Santiago, Vigo…), e outros máis lonxe, e noutros paises.
As preguntas son as seguintes, e aproveito para poñer a primeira resposta a esta “enquisa”. O resto de respostan poden ir coma comentarios.
A) Lugar de Residencia actual e tempo dende que estás nese lugar:
En Sevilla, fai seis anos e medio.
b) ¿ Cómo é que chegastes ahí ?
Por traballo, apareceu unha boa oferta laboral en Sevilla e alá fun.
c) ¿ Pensas voltar a Pontecesures algún día ? ¿ Cando ?
Si, pero ainda non sei cando poderá ser.
d) ¿ Que votas de menos ?
Moitas cousas, á miña familia, á miña xente, …
e) ¿ Cantas veces vas a Pontecesures ó longo do ano ?
Normalmente tres veces: No nadal, pola Pascua (este ano non fun), e en Agosto, para as Festas de Porto.