Inversión simbólica para la N-550 entre Pontecesures y Valga en los Presupuestos del Estado para 2022.
I
En concreto para el tramo entre Pontecesures y Valga están consignados 50.000 €.
Novas anteriores · páxina 415
I
En concreto para el tramo entre Pontecesures y Valga están consignados 50.000 €.


O vindeiro venres 29 de outubro festexamos o Samaín en Pontecesures. A partir das 18 horas, os veciños e veciñas poderán achegarse á Praza de Abastos e sumarse ás celebracións arredor desta data.Haberá un desfile de disfraces con premios para os máis terroríficos e elaborados; para participar no mesmo tan só vos tedes que anotar no mesmo día. Poderedes traer tamén as vosas cabazas a concurso e conseguir algún agasallo; pero, sobre todo, non esquezades reunir valor e coraxe suficiente para enfrentar o espeluznante día en que, contan, é mais sinxelo transitar entre o mundo dos vivos e dos mortos…

O número gañador do sorteo celebrado hoxe da campaña “PONTECESURES PRÓXIMO” é o 31178 entregado no establecemento BOCATERIA KTAMARÁN.

OFERTA DE EMPREGO. Randstad selecciona CARPINTEIROS con EXPERIENCIA en INSTALACION DE COCIÑAS para incorporación inmediata. Xornada partida de luns a xoves e intensiva os venres. Contrato temporal con posibilidade de estabilidade en función da valía. Salario por convenio.As persoas interesadas deben poñerse en contacto con Vanesa Casas vía correo electrónico (vanesa.casas@randstad.es) ou no teléfono 981568360.

RECORDATORIO: Mañá venres dia 22 de Outubro terá lugar as 13.00 h no Salon de Plenos na Casa do Concello o UNDÉCIMO sorteo da campaña “Pontecesures Próximo”. A entrada será libre ate completar o aforo máximo de 25 persoas. Animamos a que calquer comerciante, hostaleiro, veciñ@ que queira asistir se achegue ate a Casa do Concello para presenciar o sorteo e incluso ser a persoa que extraia a papeleta gañadora do vale por importe de 250€.

Na xornada do XOVES 14 DE OUTUBRO, debido a reparacións na rede de abastecemento de auga, procederáse a un corte no subministro que afectará ás seguintes zonas:
O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 16.00 ata ás 21.00 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.
