Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 5.847

Medio ambiente

A ACP denuncia a situación perigosa duns piñeiros preto de zonas habitadas

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Uns piñeiros situados preto do campo de fútbol de Porto poden desplomarse sobre a pista que discorre entre a instalación deportiva e as vivendas de protección oficial segundo denuncia a ACP. 

O pasado día 8 de xullo presentouse no rexistro do concello de Pontecesures o seguinte escrito:

Na actualidade estase a realizar a obra de reconstrucción do muro de peche do campo de fútbol “Ramón Diéguez” no monte de Porto e que afecta a toda a banda que vai paralela ás vivendas de protección oficial construídas hai 11 anos en Porto. O muro estaba moi deteriorado hai tempo e había unha ameaza evidente de caída.

Deportes

CAMPIONATO GALEGO DE PISTA XUVENIL E CADETE

Por Club Náutico ·

Este sábado celebrouse no embalse de Castrelo de Miño o XVII Campionato Galego de pista xuvenil/cadete donde o Náutico acadou uns resultados extraordinarios e sobresaíntes.

Acudiron un total de seis palistas, catro deles cadetes e os dous restantes xuvenís. O Campionato disputouse nas distancias dos 1.000 e 500 metros, así como nas modalidades de K1, K2, K4, C1, C2, e C4.

Estes foron os resultados acadados polos palistas de Pontecesures:

DISTANCIA DOS 1.000 METROS

?Cristián Barreiro: C1 cadete: eliminado en semifinais
?André Oliveira: C1 cadete: CAMPI?N GALEGO
?André Oliveira/Adrián Vicente/Cristián Barreiro/Lorenzo Riveiro: C4 cadete: CAMPI?NS GALEGOS
?Marcos Pesado: C1 xuvenil: 8º posto
?Carlos Castro: C2 xuvenil: 13º posto
?Marcos Pesado/Carlos Castro: C2 xuvenil: 6º posto

DISTANCIA DOS 500 METROS

?Cristián Barreiro: C1 cadete: eliminado en semifinais
?André Oliveira: C1 cadete: SUBCAMPI?N GALEGO
?Lorenzo Riveiro: C1 cadete: 8º posto
?Adrián Vicente: C1 cadete: 11º posto
?Lorenzo Riveiro/Adrián Vicente: C2 cadete: 4º posto
?André Oliveira/Adrián Vicente/Cristián Barreiro/Lorenzo Riveiro: C4 cadete: CAMPI?NS GALEGOS
?Marcos Pesado: C1 xuvenil: 9º posto
?Carlos Castro: C2 xuvenil: 13º posto
?Marcos Pesado/Carlos Castro: C2 xuvenil: 5º posto

Obras

O vello camión da recollida de lixo abandoado preto da gardería municipal.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)

En decembro pasado cando este concelleiro formaba parte do equipo de goberno fixéronse xestións para vender o vello camión que se atopaba moi deteriorado e non se usaba dende que en febreiro de 2005 se levou o lixo a Lousame. Precisamente o quedar o vello camión obsoleto foi unha das razóns que motivaron o convenio coa Mancomunidade de Barbanza-Outes para que ésta recollera o lixo, pois senón habería que mercar un novo camión.
Pois ben; este concelleiro foi cesado do grupo de goberno xa hai 5 meses e da venta do camión inservible nunca máis se soubo. Agora está en completo estado de abandono e á intemperie na parte traseira da nave-almacén de obras e preto do patio da gardería. Xa pouco ían a dar polo camión e agora vai haber que pagar para que o leven de alí.
Preguntouse no pleno por isto (en concreto foi o concelleiro socialista Oscar Gerpe) pero o alcalde non contestou nada.
Este concelleiro quere denunciar esta deixadez do alcalde e o pouco que lle importa prexudicar ó concello coa súa inactividade. Pouco se lle pode esixir ós veciños para que non deixen os vehículos abandoados por razóns medioambientais cando é o propio concello o que incumple as normas máis elementais.
Espérase que, dunha vez por todas, se solucione este tema e se retire o vello camión do lixo do seu actual e sorprendente paradoiro.

Pontecesures, 7 de xullo de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Obras

A ACP critica o retraso na apertura da piscina municipal.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

A pesar de que estamos xa a 7 de xullo todavía non está aberta a piscina municipal “A Serea” que está situada no peirao de Pontecesures (Avda. Eugenio Escuredo). Son varios os veciños que preguntan as razóns desta demora e numerosos pais/nais de nenos que queren asistir ós cursos de natación que teñen lugar polas mañás non se explican a que se debe este retraso.
Todo isto demostra a apatía e o desinterese do goberno local á hora de dar servizos ós veciños (se houbo problemas coas instalacións ou coa adxudicación do servizo houbo tempo para arranxalos e non esperar a última hora). Xa non é moito o tempo que pode estar aberta a piscina descuberta é, pola incompetencia do alcalde e do grupo de goberno, acurtase sen sentido algún.
Esperemos que a instalación sexa aberta neste fin de semana como desexan os veciños.