Sin Categoria
El concejal de Valga, Javier Carballo de Jesús, nombrado secretario de derechos LGTBI en la nueva ejecutiva del PSdeG-PSOE.
Al frente de la Secretaría de Derechos LGTBI fue nombrado Javier Carballo de Jesús, concejal de Valga y titulado en Relaciones Laborales.
Sin Categoria
La banda de música y la radio de Valga cumplen 25 años y lo celebran con una jornada festiva.
La banda de música y la radio municipal de Valga celebran este 17 de mayo su 25 aniversario, para el que han organizado una jornada llena de actividades gastronómicas, culturales y lúdicas, en el Parque Irmáns Dios Mosquera.
La programación arrancará a las 13 horas, con un concierto de la Banda, y a continuación se celebrará una comida con un menú de pulpo, churrasco, postre y café. Para participar hay que realizar el pago en la cuenta ES97 2080 5447 1230 4010 3378 o a través de Bizum al 606 237 654. El precio es de 3 euros para niños de hasta 9 años, 15 euros para jóvenes de 10 a 15 años, y 37 euros para el resto. El ingreso se hará individualmente indicando el nombre y apellidos. Además, habrá una fiesta infantil con hinchables, un espectáculo de magia e ilusionismo del Mago Noel, juegos populares y las actuaciones del Dúo Reflejos y la orquesta Capitol. El DJ Matrek será el encargado de cerrar la jornada festiva.
Diario de Arousa
Sin Categoria
Anxo Angueira entra na RAG: “A ‘Alborada” de Rosalía ten un fondo político e feminista indiscutible”.
O escritor, profesor da UVigo e presidente da Fundación Rosalía de Castro, ingresou na Academia.
A encargada de responderlle foi a poeta Chus Pato.
Os versos de Rosalía de Castro tallados na estatua de pedra situada no Espolón de Padrón foron as primeiras liñas que Anxo Angueira Viturro leu na súa lingua materna. Descubriunos aos dez anos, cando chegou á vila para estudar EXB na escola Santiso.
O novo académico centrou a súa intervención na poética da luz na obra da autora fundacional das letras galegas contemporáneas, un elemento que en Rosalía funciona como símbolo tanto da dimensión social como da existencia da súa obra, salientou.
O profesor da área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Vigo e presidente da Fundación Rosalía de Castro escolleu o auditorio municipal de Padrón como escenario para a cerimonia de entrada na Real Academia Galega. “Dalgún xeito, con este acto de tan alta honra regreso ó lugar no que empecei e do que partín, onde se forxou de xeito decisivo o que eu son como escritor, como profesor e como cidadán”, compartiu.
Desta forma, Anxo Angueira é o ocupante da cadeira que quedara vacante en marzo de 2023 tras o pasamento de Salvador García-Bodaño. Por este motivo, decidiu homenaxear ao autor lembrando na súa primeira intervención Tempo de Compostelae salientando que pertence “á estirpe dos grandes poetas que son quen de deixar versos de bronce na historia literaria”. Tamén quixo rememorar a outros tres académicos ausentes: Darío Xohán Cabana; o expresidente da RAG Xosé Luís Méndez Ferrín e Bernardino Graña.
A encargada de responderlle en nome da Real Academia Galega foi a poeta Chus Pato, quen definiu no seu texto a Anxo Angueira como “un dos nosos”. Desta forma, indagou nas raíces familiares do novo académico e presentouno. “Se tivese que elixir unha palabra para definir o corpo letrado de Anxo Angueira non dubidaría: a palabra é Rexurdimento”, propuxo Chus Pato facendo referencia ao ensaio publicado polo novo académico no 2019 Rexurdimento:a palabra e a idea.
O ingreso na RAG de Anxo Angueira converteuse nun día de festa en Padrón. Tras a recepción do alcalde aos membros da Academia no concello, celebrouse unha ofrenda floral ante a estatua de Rosalía no Espolón, onde a agrupación folclórica O Pedrón interpretou o himno. Xa ás portas do auditorio, o académico electo foi recibido cos remos en alto por integrantes da Escola de Navegación Tradicional Dorna. Unha vez aberta a cerimonia, Anxo Angueira entrou na sala acompañado polos dous académicos de número de máis recente incorporación, Lourenzo Fernández Prieto e María López Sández.
A poética da luz en Rosalía
Anxo Angueira dedicou o seu discurso á poética da luz en Rosalía de Castro, un elemento que “acabou por converterse nun signo moi persoal e ó mesmo tempo moi significativo, mesmo senlleiro, a respecto de todo o conxunto da súa obra”. O académico percorreu a produción literaria rosaliana desde La flor (1857) e A mi madre (1862) ata En las orillas del Sar (1884), deténdose especialmente nos Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880).
É en Cantares Gallegos onde atopamos Alborada: “A luz da mañá, a luz do primeiro albor non esperta os mozos que pasaron xuntos a noite. Xa non é a luz dun novo día, é a luz dun novo tempo, no que cómpre espertar e mais erguerse con esperanza e alegría. O discurso aparentemente inocuo asociado ó lirismo de paxaros e mociñas ten un fondo político e feminista indiscutible. O xogo simbólico de noites e amañeceres simple ten unha carga épica en que a alegría e a esperanza resultan unha verdadeira arenga. Todo isto converte a Alborada de Rosalía nunha referencia literaria e histórica chea de simbolismo para todo o que chamamos Rexurdimento”, afondou o profesor.
El Correo Gallego
Sin Categoria
Presentación do libro «Qué miras» na Biblioteca de Pontecesures.
O pasado venres, na Biblioteca de Pontecesures, tivo lugar a presentación do libro de Fernando Salgado e Susi Maquieira «Qué miras». Interviron Maite Tocino, Cándido Duro, Fernando Salgado e Susi Maquieira. Gustou moitísimo esta presentación tan amena e da que nos quedamos co máis importante: QUE TODOS SOMOS DIFERENTES PERO, Á VEZ, IGUAIS.
Biblioteca de Pontecesures
Sin Categoria
Gañadoras da «Ruta de Tapas».
Xa temos gañadores da Ruta de Tapas de Primavera! O evento, no que participaron nove establecementos hosteleiros de Pontecesures, revelouse un éxito, acadando unha gran participación. O balance positivo achegado polos bares e restaurantes participantes, afianza a aposta do Concello de Pontecesures por seguir apostando neste tipo de actuacións que fomentan a economía local e dinamizan a vida social da nosa vila.
Nesta edición, resultou gañador do certame a cafetería 𝐎 𝐑𝐞𝐞𝐧𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐨, que participou coa tapa «𝐏𝐚𝐢𝐱ó𝐧 𝐀𝐮𝐭ó𝐜𝐭𝐨𝐧𝐚,» Hai que resaltar o nivel dos participantes desta edición, que plasmaron o seu bo facer tanto na elaboración como na presentación das tapas. Parabéns a todos. No sorteo realizado o pasado xoves 24 de abril, coa presenza de representantes do sector, sorteáronse tres vales agasallo para empregar no comercio e hostaleria local donados polos establecementos participantes, por valor de 𝟑𝟎,𝟓𝟎 𝐞 𝟏𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 Parabéns ós afortunados!.
Por outra banda, o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐚𝐩𝐨𝐫𝐭𝐨𝐮 𝐮𝐧 𝐯𝐚𝐥𝐞 𝐝𝐞 𝟏𝟓𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 para gastar en Supermercados Froiz, colaborador habitual dos eventos que desenvolve a administración local.
Concello de Pontecesures