O alcalde de Valga anuncia que os asesores xurídicos estudan interpoñer unha querela contra Villares polas “difamacións” ao goberno e aos traballadores municipais.
– José María Bello Maneiro ratifica que â??todo o que fai o Concello está dentro da legalidadeâ?�.
– â??En política non vale todo. Hai que ser serios e respectuosos e alguén ten que empezar a tomar medidas contra as descalificacións e os insultosâ?�.
O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, acompañado polas concelleiras Begoña Piñeiro e Carmen Gómez compareceu esta mañá para negar todas e cada unha das acusacións e descalificacións que o portavoz de En Marea, Luís Villares, proferiu a semana pasada e que afectaban non só ao grupo de goberno senón tamén a funcionarios e traballadores municipais. Os asesores xurídicos están a estudar a interposición dunha querela contra o señor Villares e o seu partido. â??En política non todo vale. Hai que ser serios e respectuosos e xa é hora de que alguén empece a tomar medidas contra as descalificacións e os insultosâ?�, sostén o alcalde en nome do equipo de goberno.
O rexedor remarcou que â??é falso que o Concello contratara a unha sociedade. Contratou durante un ano por 1.000 euros ao mes a unha persoa autónoma, precisamente para garantir o bo funcionamento da administración e para axilizar temas atrasados que o anterior responsable non logrou poñer en día. Este contrato remata en xuño e é un traballo que, na meirande parte, non se fai físicamente no Concello de Valga, senón de xeito telemático a través da Sede Electrónica que implantou o Concello. Ao traballar con ordenadores é doado tirar do fío e saber quen traballaâ?�, remarcou o alcalde, que engadiu que “o señor Villares debe saber sobre iso porque, segundo recolleron algúns medios de comunicación, denunciárono ante a Fiscalía Xeral do Estado, o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Axencia Española de Protección de Datos por, presuntamente, utilizar os servizos informa?ticos e a rede interna do Poder Xudicial para coñecer procesos xudiciais sobre políticos doutros partidosâ?�.
Bello Maneiro defendeu a profesionalidade, responsabilidade e compromiso do secretario e o interventor que exercen como acumulados en Valga. O salario que recollen os orzamentos para o secretario e o interventor está dentro que marca a lei, e non só iso, â??senón que é superior ao mínimo que establece a lei. Porque ten que pagar máis o Concello de Valga?â?�, afirmou Bello Maneiro. Ademais, aludiu â??á irresponsabilidadeâ?� de que o Colexio de Secretarios e Interventores (Cosital) contribúa a difamar a dous dos seus asociados. Pregúntase o goberno de Valga se, por esa regra de tres, â??o secretario de Pontevedra, un dos que asina o recurso contra os orzamentos municipais, cobra un bo soldo para que faga o que quere o alcalde? Ou se o alcalde de Santiago ten como secretario a unha persoa da súa confianza polo mesmo motivo? Nós dicimos que non. Son profesionais que defenden a legalidade e cumpren coas súas obrigas e deberes. Os de Valga tamén. Pero algúns non reparan en que detrás destes dous profesionais hai dúas persoas que teñen familiaâ?�.
As dietas que perciben â??tamén están recollidas na lei. Cobran 37,40 euros por cada día que veñen ao Concello. Só faltaría que tiveran que pagar do seu bolsillo as comidas e os desprazamentos dende Riveira e Sanxenxoâ?�, engade o alcalde. Hai que ter en conta que o secretario e o interventor acuden ao Concello de Valga un ou dous días á semana.
Sobre o recurso interposto por Cosital aos orzamentos municipais, o alcalde pregúntase â??cantos recursos presentaron aos presupostos de concellos da Provincia por non ter RPT e tesoureiro? Que interese teñen en recurrir en Valga?â?�. Os orzamentos cumpren coa legalidade xa que inclúen tanto a relización do persoal municipal como a praza de tesoureiro e, ademais, a súa aprobación â??foi totalmente transparenteâ?�.
Páxina do Concello de Valga



