Corpus 2018 en Pontecesures.

Texto do anuncio publicado nas rúas de Pontecesures:

“O vindeiro 3 de xuño lucirán alfombras de Corpus Christi na rúa central do noso pobo.
Gustaríanos que participaras nelas podendo axudar a recoller e picar a flor; con un pequeno donativo para axudar cos materiales utilizados (serrín, viruta e tinte) e que poderás deixar na parafarmacia de Ponhtecesures, ou na propia elaboración das alfombras o sábado pola noite.
Animádevos a participar, esperamos que vos gusten.
Moitas grazas pola súa colaboración.
Un saúdo”

Morreu “MARUJA A GAGA”

Aos 97 anos de idade morreu a veciña de Infesta, María Mosquera Barreiro. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flaviz de Padrón. Hoxe 23 de maio, ás 19 horas, terá lugar o funeral “Corpore Insepulto” na Igrexa de Pontecesures. Logo os restos maortais recibirán sepultura no cemiterio parroquial de San Xulián.
Descnase en paz.

ATOPADAS UNHAS GRADAS GRADUADAS

Este pasado sábado pola tarde unha persoa entregou á policia local de Pontecesures unhas gafas graduadas que apareceron na zona do muelle, preto do club naútico.

O seu propietario/a pode pasar a recollelas nas oficinas da policia local do concello.

Nota: As gafas NON se corresponden cas da imaxe.