Coas choivas xa temos a terra e as pedras pola Rúa Nova.

Esta rúa peonil situada no centro da vila presenta nestes días un estado lamentable por mor da terra procedente de terreos situados na parte alta de dita rúa. Ás choivas provocan que baixe unha enxurrada considerable con terra e pedras que ou ben quedan depositadas na propia rúa ou ben van para os sumidoiros o cal resulta tamén moi negativo pois os sólidos poden provocar atascos na rede que ocasionan sempre gastos á facenda municipal.

O goberno local debe tomar cartas no asunto co fin de garantir que non se arrastren terras e pedras de fincas particulares para as vías públicas. Nin os veciños da Rúa Nova nin as persoas que pasan por alí teñen porque soportar esta situación.

Pontecesures, 19/12/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP Pontecesures

Pontecesures, 19/12/12

¡Por fin!. Colocado o taboleiro da canastra do patio do CPI Pontecesures.

A primeiros de outubro rompeu o taboleiro dunhas das canastras do patio escolar do CPI Pontecesures. Logo de pasar uns días, a mediados de outubro a ACP solicitou publicamente a colocación dun novo taboleiro. Houbo un rogo tamén da ACP no pleno ordinario de novembro e unha nova nota pública o pasado 7 de decembro. Tamén foi reclamada a instalación polo club local de baloncesto e pola comunidade educativa do colexio.
Pois ben; por fin no día de hoxe, más de dous meses e medio despois da rotura, foi colocado o novo taboleiro.
? unha mágoa que pola desidia do goberno local estivese inutilizada a canastra tanto tempo impedindo o xogo dos rapaces. Esperemos que se actúe con celeridade noutras ocasións.

Presentadas 320 sinaturas reclamando contra a suba das taxas da auga, dos sumidoiros e do cemiterio.

No día de onte, e dentro de prazo de exposición pública de aprobación da modificación destas ordenanzas, foron presentadas no rexistro xeral do concello 320 sinaturas de veciños de Pontecesures ou de propietarios de inmobles reclamando contra a suba das taxas.

O escrito literalmente dí:

“Os abaixo asinantes, veciños de Pontecesures, ou con inmobles en dito municipio, alegan contra a suba das taxas do auga, do saneamento e do cemiterio acordada inicialmente no pleno do 19 de novembro e publicada no Boletín Oficial da Provincia do 21 de novembro.

As razóns son que as economías familiares e as de todo tipo de establecementos comerciais non poden soportar nestes intres de crise estas subas en servizos de primeira necesidade. Débense atopar outras solucións de aforro no concello, pero nunca adoptar estas medidos que nos prexudican a todos.

Solicitamos así que as subas nas tres taxas queden sen efecto.”.

As 320 reclamacións veciñais xunto coas presentadas polo PP. por IP e pola ACP (oposición municipal) deben ser agora debatidas nun pleno para aprobar ou non a modificación da taxa coas subas decididas cos seis votos do goberno local (BNG/PSdeG-PSOE/TeGa).

Un tramo do Camiño de San Xulián permanece a escuras dende hai tempo.

O Camiño de San Xulián é a rúa que une a N-550 coa Plazuela. ? unha rúa moi transitada con moitos peóns xa que comunica o lugar de San Xulián co centro da vila. Precisamente no tramo medio, o máis estreito, á altura da Portiña, hai una zona que está a escuras e os veciños que van a pé teñen que arrimarse por completo as muros das marxes pois os condutores dos vehículos teñen dificultades para para velos na noite.

? necesario, como propuxo a ACP no pleno ordinario de setembro, colocar un novo punto de luz alí. Non só non foi colocado, senón que o punto de luz que está na intersección do camiño coa Portiña está apagado en moitas ocasións e así agora o perigo e dobre e a zona de escuridade moito maior.

Hai bastantes queixas por esta deficiencia e incluso algunha veciña vese na obriga de atravesar o camiño nese tramo pola noite cunha lanterna.

Prégase ao goberno local unha vez máis que, por razóns de seguridade, adopte as decisións oportunas para corrixir estas deficiencias.

Pontecesures, 18/12/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Alertan de que el alumbrado del puente interprovincial no funciona.

El edil de ACP, Luis Sabariz, remitió un escrito a Carreteras del Estado en Pontevedra para alertar de que el alumbrado público del puente romano interprovincial sobre el río Ulla, en la N-550 no funciona desde el viernes pasado, a cuasa de una tormenta. “La situación es de riesgo, sobre todo al entrar al puente desde la provincia de A Coruña con la pronunciada curva de noventa grados. La falta de iluminación puede ocasionar problemas a los conductores y también a los peatones que transitan por la zona”, advierte. En consecuencia, ruega que se corrija la deficiencia a la mayor brevedad posible “como demanda la ciudadanía”.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 18/12/12