Programa electoral da ACP.

-Fomentar que os veciños que residen en Pontecesures estean empadroados.

-Ampliar o horario de atención ao público na Casa do Concello

-Comprometerse a que se abra unha quenda de rogos e preguntas do público ao remate dos plenos ordinarios.

-Darlle máis celeridade á xestión orzamentaria do Concello e aos pagos da institución.

-Potenciar as funcións e competencias da Policía Local.

-Garantir a publicidade e a transparencia na selección dos traballadores.

-Remodelar o edificio de Protección Civil e solicitar un novo vehiculo para a agrupación de voluntarios.

-Xestionar con Portos de Galicia o arranxo e ampliación do pantalán embarcadoiro do peirao.

-Potenciar a utilización das augas soterradas do monte municipal Salgueiras-Lagoa para abaratar o custo do subministro da auga da traída.

-Adoptar medidas de aforro enerxético na iluminación pública.

-Continuar coa rexeneración do monte municipal e instar á Xunta para que elabore o novo plan de ordenación do mesmo.

-Impulsar a creación de solo industrial na Tarroeira.

-Conveniar coa Deputación de Pontevedra a realización da obra de urbanización da Avda. dos Namorados de Porto.

-Xestionar con Augas de Galicia a execución da obra de saneamento integral do municipio para tratar todos os vertidos na EDAR.

-Poñer en marcha o servizo de recollida de lixo en Grobas-Fenteira, con periodicidade semanal.

-Desenvolver o polígono 10 do PXOM con rehabilitación do Muiño da Chancela e construción dunha zona de lecer entre Infesta e a Avda. de Vigo.

-Aprobar o inventario municipal de bens para defender as propiedades do concello.

-Acondicionar, anchear e instalar unha varanda de protección na rúa Miguéns Parrado na contorna da Igrexa Parroquial.

-Impulsar a obra de rehabilitación integral da zona portuaria.

-Potenciar o noso centro de saúde, para que contemos cun segundo médico e co servizo de pediatría.

-Xestionar coas administracións a construción de beirarrúas na Avda. de Arousa e arranxo das da N-550.

-Rematar as beirarrúas de rúa Ullán.

-Acondicionar a zona da canle inutilizada en Condide solucionando os problemas de salubridade.

-Continuar coas obras de ancheamento nos interiores de Porto, Toxa, Carreiras, San Xulián e nos demais lugares.

-Instar a que o Camiño Portugués sexa sinalizado polo trazado verdadeiro, é dicir, polo interior de Condide , polo Couto e por Carreiras.

-Estudar a posibilidade de ampliación do pavillón municipal para dar resposta ás demandas de maior utilización.

-Acondicionar os vestiarios do campo de fútbol.

-Xestionar a construción dun espazo para comedor escolar no CPI Pontecesures e crear o plan madruga en colaboración coa ANPA.

-Potenciar o servizo de asistencia a domicilio para as persoas discapacitadas e maiores.

-Organizar actividades de tempo libre para nenos e maiores.

-Organizar cursos de formación para desempregados.

-Continuar na potenciación das festas patronais, da festa da lamprea e da festa do churro.

-Utilizar puntualmente para outros usos o albergue de peregrinos nos períodos de ausencia de usuarios.

-Xestionar a incorporación da gardería de Pontecesures na rede de escolas infantís da Xunta de Galicia por razóns económicas e de funcionamento.

-Continuar a traballar para que o ferrocarril continúe en servizo pola vía actual, mantendo e potenciando o traxecto de cercanías Vilagarcía-Santiago.

Sabariz se compromete a que los ciudadanos puedan intervenir en los plenos en el turno de ruegos y preguntas.

ACP quiere incentivar la participación ciudadana y que los vecinos asistan a los plenos, de manera que se compromete a que en todas las sesiones ordinarias haya un turno de ruegos y preguntas para el público. Las intervenciones, explica el candidato a la Alcaldía de ACP, Luis Sabariz, serán “totalmente espontáneas, sen regulación previa de temática ou tempos”.
Por otra parte, Sabariz cree importante fomentar los empadronamientos de los residentes en la villa. “Estanse a perder cartos”, ya que hay bastantes persoas que viven en Pontecesures pero que non están inscritas no padrón municipal de habitantes”.

DIARIO DE AROUSA, 15/05/11

El programa de ACP para la zona de Porto incluye mejoras en viales interiores y en la rúa dos Namorados.

No programa electoral da Agrupación Cidadá de Pontecesures levase a realización de xestións para conveniar coa Deputación de Pontevedra a execución da obra de rehabilitación do víal provincial que no rueiro municipal leva a denominación de Rúa dos Namorados de Porto, que vai paralelo á vía do tren. Xa hai un documento da obra, asinado polo técnico Carlos Besada Ferreiro, e a actuación consiste na renovación de todos os servizos con soterramento, a colocación de nova iluminación, a creación dunha praza nunha das marxes, a construcción de novas beirarrúas e outras melloras.

Preténdese tamén mellorar os interiores de Porto como se viño facendo nos catro últimos anos, con novas pavimentacións en cemento con cor e adoquíns, e executando á para obras de mellora das conduccións de auga e saneamento.

Carta do candidato da ACP, Luis Sabariz, aos veciños/as de Pontecesures.

Prezado/a veciño/a

Como ben saberás, os compañeiros/as da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) depositaron na miña persoa a responsabilidade de encabezar a candidatura coa que nos presentamos ás eleccións municipais do 22 de maio. En primeiro lugar quixera agradecer publicamente ás persoas que conforman ACP a súa confianza en min e o seu desinteresado traballo en favor de Pontecesures. Podo asegurarvos que todos os compoñentes desta agrupación encaramos, cargados de ilusións e de proxectos de futuro, estes comicios.

Nesta pasada lexislatura, o traballo dos representantes de ACP propiciou a estabilidade do goberno municipal, prestixiando a institución e superando situacións anteriores onde as irregularidades, os enfrontamentos e a limitación dos dereitos estaban á orde do día.

O labor foi importante. As actuacións no campo de fútbol, no pavillón, na biblioteca, na praza de abastos, na Prazuela, no cemiterio municipal, no albergue de peregrinos, na Praza do coche de pedra, nos parques, nas rúas centrais e nas dos diversos lugares, as obras de saneamento en Grobas e Fenteira, en Carreiras, no monte de Porto, a potenciación de eventos festivos como a cabalgata de reis, as festas patronais, a festa do churro, o desfile de entroido, os festivais folclóricos, son algúns dos logros incluídos nunha xestión moi digna, deixando ao concello nunha aceptable situación económica nesta situación xeral de crise.

Quero facer especial fincapé no ferrocarril porque consideramos que temos, dende o Concello, que facer todo o posible para que a entrada en servizo do AVE non ocasione a supresión do tren en Pontecesures. ? decisivo seguir loitando para que teñamos sempre un tren de cercanías entre Vilagarcía e Santiago pola vía actual.

Teño que dicir, con toda humildade, que sei que o meu esforzo e dedicación é valorado positivamente polos veciños/as, cousa que sinceiramente agradezo. Pois ben; o 22 de maio é a data para demostrar ese apoio á ACP co teu voto, xa que sin el non é posible seguir traballando por Pontecesures e por todos vós.

Unha aperta.