Pontecesures debatirá el proyecto de los pasos de peatones elevados a finales de mes.

El gobierno local de Pontecesures ha convocado para el día 28, a las doce de la mañana, la sesión plenaria solicitada por los grupos de la oposición para debatir y votar el proyecto de elevar varios pasos de peatones que cruzan las tres calles que forman la columna vertebral de esta localidad: Portarraxoi, San Lois y Sagasta. Aunque no parece que el equipo que lidera Álvarez Angueira esté dispuesto a dar marcha atrás en su proyecto, que justifican en una cuestión de seguridad vial, la oposición quiso que este asunto fuese llevado al pleno de la corporación dado el rechazo cosechado entre los comerciantes (estos presentaron unas 582 firmas) y así será. De todas formas, la convocatoria de la sesión plenaria no ha convencido a todo el mundo. Luis Ángel Sabariz (ACP) criticó la hora a la que ha sido fijada la sesión. “En lugar de dar facilidades para que asistan comerciantes e veciños, fíxase nun día laborable a media mañá, co fin de que non se coñeza o debate sobre este polémico punto. O goberno local agóchase sen consensuar nada, como de costume”, protesta el edil independiente. Continúa indicando que “tampouco se facilita a asistencia ao pleno dos concelleiros da oposición que teñen os seus traballos á marxe do concello. Hai que pedir horas libres para asistir aunha sesión”.

La Voz de Galicia

A administradora do grupo de facebook “Xente de Pontecesures” copia de “pontecesures.net” só o que lle interesa.

No día de hoxe este medio publicou dúas novas seguidas relacionadas co pleno extraordinario sobre os badéns elevados a celebrar o vindeiro 28 de outubro. Unha foi “O pleno extraordinario sobre os badéns elevados será o 28 de outubro ás 12 horas” e a outra “Á ACP parécelle lamentable que o pleno solicitado pola oposición sobre os badenes elevados teña lugar en horario de de mañá.”.
Pois ben, a administradora só copiou e pegou no seu grupo de facebook a primeira das novas pero non a da crítica da ACP polo horario do pleno. ? comprensible que se recollan no grupo de facebook novas de “pontecesures.net” (neste caso deberíase revelar a fonte por respecto) pero o que non é de recibo e copiar unha nova relacionada con este pleno e non a outra. Resulta moi pouco serio actuar así, pois máis ben se desinforma. ? coñecida a afinidade da administradora cunha formación política da corporación e co seu representante, e nada hai que dicir por iso. Agora ben; non se pode perder a credibilidade e a imparcialidade de xeito tan descarado e non é a primeira vez que ocorren feitos deste tipo.

Pontecesures, 16/10/14

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Á ACP parécelle lamentable que o pleno solicitado pola oposición sobre os badenes elevados teña lugar en horario de mañá.

Para as doce horas do día 28 de outubro convocou o alcalde de Pontecesures o pleno extraordinario instado polos cinco concelleiros da oposición (2 PP, 2 IP e 1 ACP) o 11 de outubro pasado para tratar de que se non se leve a cabo a obra de elevación dos catro badéns elevados que pretende construir o goberno local no centro da vila (rúas Portarraxoi, San Lois e Sagasta), creándose unha comsión de seguridade viaria co fin de estudar posibles alternativas a esta iniciativa que rexeita a práctica totalidade dos comerciantes locais e moitísimos veciños (foron presentadas 582 sinaturas en contra do proxecto).
Pois ben. en lugar de dar facilidades para que asistan á sesión comerciantes e veciños, fíxase o pleno nun día laborable a media mañá, co fin de que non se coñeza o debate sobre este polémico punto que é moi importante para todos. O goberno local agóchase sen consensuar nada como de costume.
Pero ademais, tampouco se facilita á aistencia ao pleno dos concelleiros da oposición que teñen os seus traballos á marxe do concello. Hai que pedir horas libres para asistir a unha sesión cando se pode fixar perfectamente o pleno pola noite como se fai nos plenos ordinarios.
Aínda por enriba de ter que soportar que cos fondos do concello, os fondos de todos, haxa que sufragar as retribucións por dedicación exclusiva de tres dos membros do goberno municipal, fíxanse este tipo de actos en horario laboral de mañá para impedir a asistencia do público. Convócanse para celebrar no horario de traballo dos concelleiros das exclusivas e o público e os demais concelleiros a fastidiarnos.
En lugar de fomentar a participación cidadá e de dinamizar a vida política prefire o alcalde e o seu equipo que a veciñanza teña moi pouca información do que pasa no concello. Lamentable.

Pontecesures, 16/10/14

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

La oposición cesureña reclama un pleno para tratar los pasos peatonales elevados.

La obra que pretende acometer el gobierno local está suscitando malestar en el pueblo

Los grupos municipales en la oposición de Pontecesures, PP, IP y ACP, han sumado sus fuerzas para solicitar la convocatoria de un pleno de carácter extraordinario tendente a debatir la problemática instalación de los pasos de peatones elevados que el ejecutivo local pretende instalar en las principales calles del centro urbano. Dicha infraestructura, que está recibiendo a juicio de los grupos de la oposición el rechazo frontal de la inmensa mayoría de los vecinos, pretende acometerse en base a la línea de ayuda del Plan Urxente de Mantemento de Obras e Infraestructuras Municipais (PUSIM 2014) de la Diputación de Pontevedra.

Todos los grupos de la oposición consideran que dicha medida “non pode levarse a cabo de costas ós habitantes de Pontecesures” explica el portavoz popular Manuel Vidal. Precisamente por eso, la oposición propone llevar al pleno la creación de una Comisión de Estudo e Seguridade Viaria, presidida por el alcalde y en la que tomen parte tanto el colectivo de comerciantes cesureños y cualquier otro colectivo de vecinos del municipio.

También explican que en dicha comisión “sería desexable contar cun técnico de viabilidade e seguridade vial dalgunha administración supramunicipal co fin de avaliar e propoñer a idoneidade dos pasos elevados ou fórmulas alternativas viables técnica e economicamente que garantan a seguridade vial nás rúas Portarraxoi, Ssan Lois e Sagasta”.

Mientras tanto no se formalice dicha Comisión, la oposición pide que se paralice la iniciativa de incluir esta actuación en los programas de la Diputación.

El Corrreo Gallego

“Nunca collería unha Alcaldía cun só edil, pero hai quen o fai e é legal e democrático”.

Lorena Castro

Luis Álvarez Angueira (Pontecesures, 1962) anunciou hai unha semana a súa intención de non volver presentarse como candidato á Alcaldía despois de 24 anos na Corporación, doce deles como primeiro edil co BNG.

Liberado? Aliviado? Igual?

? unha decisión meditada de hai meses, os meus compañeiros xa o sabían e só foi facelo público.

Os veciños comentáronle algo?

Algúns dinme que me debía volver presentar, outros que fixen ben porque son moitos anos… Hai un pouco de todo. Creo que entenden e respetan a decisión persoal. Vintecatro anos xa pesan.

E entre os compañeiros da Corporación que reacción houbo?

Boa. ? entendible. Teño dificultades. Ir dar clase, vir… Pasa factura no sentido persoal e non tes a motivación inicial. Hai que dar paso á xente nova, con ganas. Foron etapas moi distintas. O BNG nunca gobernou con maioría (agora faino con PSOE e TeGa) e en cada mandato tivo apoios diferentes.

De cal ten mellor e peor recordo?
Presenteime por primeira vez en 1991 e estiven dous mandatos na oposición. No primeiro estaba de alcalde Piñeiro Ares (PP). O BNG e unha lista independente formamos parte da historia transformadora de Pontecesures porque foi a posibilidade de que houbera un alcalde diferente. Gobernaban os independentes de Victoriano Trenco, que pouco despois se pasaron ao PP, algo que sospeitabamos. En 1999 accedín á Alcaldía e desde entón -agás os anos na oposición entre 2007 e 2011- quizáis desde o punto de vista da tranquilidade persoal, sen agobios, este é o mandato máis tranquilo. Noutros sempre había tensións, tiranteces, momentos difíciles. Incluso a Corporación en xeral é máis sensata.

Inflúe neste aspecto que non teña a dedicación exclusiva?

Só tiven cinco meses de dedicación exclusiva en doce anos. Pero si inflúe. Antes tiña que ir a Vilalonga (Sanxenxo), agora dou clase en Noia, vivo en Taragoña (Rianxo)… Os horarios dificultan estar aquí. Non é igual vir de oito a dúas que cando podo. Iso tamén pesa. Con dedicación implicaríame máis. ? o momento ideal para relevar.

Cal foi o peor momento?

Cando os plenos se convertían en verdadeiros circos. Pásalo mal, persoalmente, pola familia… Teño que recoñecer que este mandato é máis tranquilo e é de agradecer.

Que lle quedou por facer?

Moitas cousas. Desde o parque empresarial, o centro de día, un pequeno local para actividades e para o asociacionismo, unha ordenación axeitada do monte para sacarlle uha rendibilidade que nunca miramos, adquirir os terreos de Valga situados no peirao, a recuperación da ponte vella ao lado da vía, os antiguos pilares da vía férrea e facer un sendeiro fluvial ata Padrón… Pero ao estar cogobernando sempre tes máis dificultades para acordar. Nestes momentos é máis problema económico. Non podemos afrontar infraestruturas destas caracteríticas nun concello cun presuposto limitado.

Pode ser que o apoio doutras administracións con Pontecesures non fora igual que con outros concellos?

? certo que se es doutro partido posiblemente che axudaran máis, pero tampouco creo que sexa absolutamente así. Inflúe, pero é unha cuestión da achega que ten que poñer o Concello, que a Pontecesures a confinanciación lle resulta elevada en proxectos grandes. Nunca se endebedou o Concello, que puido terse feito habendo superávit. Non sei por que, porque creo que os cartos están para gastar e servir aos veciños.

O BNG contou con apoio de distintos grupos. Como explica que haxa formacións políticas ou concelleiros que pasen de ser socios nun momento determinado a ser…?

Inimigos.

Máis ben rivais políticos

Non sei ata hoxe en día as razóns polas que se chegou a esa situación. Eu laméntoo, porque á fin e ó cabo somos veciños e chegar a situacións enfrontadas non é bo para as familias, nin para o pobo nin para niguén. Deuse e contra iso non se pode loitar. Non teño unha explicación. Se soubera eu que causou este detonante… Tamén hai persoas que están en distintas opcións políticas ao longo da súa traxectoria política. Por desencanto, porque as direccións dos partidos provinciais toman decisións erradas, que causan mosqueos na agrupación local… Iso xera o que pasou en Cesures: oito listas. E iso está ben, porque é un síntoma democrático, pero non tanto porque estamos falando de 106 candidatos en 2011. Tamén é certo que en 1996, cando Piñeiro Ares deixou de ser alcalde, só había tres listas (PSOE, BNG e PP) e a partir de aí houbo unha proliferación de listas. O que dá que pensar que había medo a enfrontarse a aquel alcalde. No BNG fomos coherentes na nosa traxectoria e as loitas de poder que poida haber nalgunha agrupación, algún tipo de oportunismo político, fixeron que algúns cambiaran. Ou simplemente por estar disconformes coas direccións provinciais. No noso caso sempre fomos o que somos e o seguiremos sendo.

Hai moitos casos distintos. Referíame a IP, ACP, grupos cos que nun momento gobernou o BNG e que noutro os tivo en fronte.

Iso habería que preguntarllo máis que nada a ela -en alusión a Maribel Castro, candidata de Independentes de Pontecesures (IP), quen lle arrebatou a Alcaldía en 2007, despois de catro anos como socia de goberno, co apoio do PP e de ACP, o terceiro do tripartito-.Pesou máis ter unha Alcaldía. Democraticamente é posible e fíxoo, non hai nada que reprochar. Eu persoalmente nunca collería unha Alcaldía tendo un só concelleiro, pero hai xente que o fai. En 1996, cando Victoriano foi alcalde (como independente, antes de pasar un ano despois ao PP), tiñamos dous edís e podiamos esixir a Alcaldía, pero non se nos ocurriu baixo ningún concepto. O máis normal é que goberne quen teña catro concelleiros. Nós daquela axudamos a votar a Victoriano como alcalde e que non fora Piñeiro Ares.

Como pode ser que Pontecesures, con pouco máis de 3.000 habitantes, teña sempre tantísimas candidaturas?

Hai pouca poboación, pero moita densidade. Ten pouca extensión. Creo que inflúe que é un pobo pequeño, todos nos coñecemos, hai moito asociacionismo, moita implicación a nivel deportivo, cultural… Iso fai que haxa un revulsivo de participación cidadá e iso pode animar a alguén a presentarse en política para formar parte da solución dos problemas dos cidadáns. Outros poden ir por revanchas, por conseguir certa capacidade de manobra para obter un cargo ou algo. Pero iso non é a maioría. O malo é que hai moitas candidaturas.

E dificulta un pouco a gobernabilidade. Non é fácil lograr unha maioría…

Non é fácil porque estamos acostumados a que como quero utilizar o meu cargo para presionar ou me das isto ou non che apoio. Se se utiliza a política como un instrumento para beneficio persoal, iso é malo. Se nun principio a utilizamos en beneficio colectivo, está ben, pero se é para ter unha Alcaldía, unha dedicación exclusiva, uns beneficios é cando se convirte en perniciosa. A política é boa en si, pero pódese converter en mala porque está feita polos homes. Eu sei cal é a miña, pero non as intencións das outras persoas que se presentan. A miña é mellorar a situación dos veciños do pobo. Outras veces é por cabreos. No PP houbo dúas listas porque non gustou como se elixiu o candidato, pero iso crea mala imaxe. A política ten que estar por riba dos intereses persoais, de amiguis- mos e dos conflictos internos dos partidos.

Cre que nas próximas eleccións se volverá dar esta situación?

Descoñézoo. A situación, tal e como está, non é para botar moi- tas flores. Os alcaldes non temos moi poder, estamos limitados, son crebadeiros de cabeza. Sempre digo que os veciños teñen que elixir os máis aptos para gobernar o pobo. Pode haber dificultades de gobernabilidade? Claro, porque entón estamos falando do de antes. Cando a xente se pon de acordo para resolver os problemas dos veciños é doado, pero cando hai intereses escuros por detrás é máis difícil.

«A política estase a converter nun proceso xudicial constante»

Cal foi o mellor momento como alcalde?

Quizais cando se lle dedicou a rúa a Avelino Pousa Antelo, o nomeamento de Fillo Predilecto a Borobó, a rúa de Carlos Bóveda, a María Magariños ??a Cuca??… Non son grandes obras, pero foron cousas emotivas. Tamén, como satisfacción persoal, a reforma do Club Náutico, aínda que puido facerse mellor, a escola infantil… Dáme pena que non se fixera un centro de día.

O peor?

O que dixen. Cando os plenos se convertían en circos. Unha cousa moi tensa, agobiante e moi desagradable. Penso que quedaron na historia. Podo recibir críticas, pero non veño facer o pallaso nin son un animal de feira. Ninguén o somos. Creo que esa imaxe non é positiva para o pobo.

Está pendente de xuízo no proceso polo caso do gasoil, acusado de malversación de fondos públicos. Dixo que es¬taba tranquilo, pero influíulle nestes anos?

Para nada, se non, non me tería presentado en 2011. Levo oito anos con ese tema, está nos xulgados, vai para adiante. Non me vou por iso.

Agora xa parece raro que non haxa un alcalde imputado.

Toda persoa que comete un delito ten que cumprir, pero a denuncia alegre e imputación… Primeiro hai que presupoñer a inocencia ata que se demostre o contrario. Ás veces a política convértese nun proceso xudicial constante. Hai que ser transparente, pero agora calquera é sospeitoso. Non todos os políticos son iguais, pero nos medios de comunicación fanse xuízos paralelos e a xente ten esa impresión. Quen lle resarce a súa vida a esas persoas que xa quedaron sinaladas.

Diario de Pontevedra

La ACP pide al gobierno local que escuche a los vecinos en el tema de los badenes elevados.

Presentadas 582 firmas de vecinos y 45 de, prácticamente, todos los titulares de establecimientos comerciales del centro de Pontecesures, está muy claro que es un clamor la oposición de la ciudadanía al proyecto de elevar los pasos de peatones en las calles Portarraxoi, San Lois y Sagasta. El gobierno local no puede hacer oídos sordos a esta petición y debe reconsiderar su postura.
La ACP considera que debe solicitarse con urgencia a la Diputación de Pontevedra (la obra está incluída en un programa de dicho organismo) el cambio de destino de la subvención. No deben gastarse más de 20.000 euros en un proyecto que no convence a nadie cuando hay otras necesidades. No puede ocasionar un problema el gobierno local donde no lo hay. En estos temas de tanto interés no se puede ser terco y prepotente y no consensuar las decisiones.
Aunque el alcalde anunció que no iba a aspirar a la reelección en los comicios del próximo año, le pedimos un esfuerzo (pocos hizo en estos tres años y pico en los que prácticamente no gestionó nada). Le rogamos que lidere de una vez al grupo, le haga recapacitar sobre este tema de los badenes elevados, imponga su autoridad como presidente de la corporación dando un “golpe sobre la mesa”  y se abandone este proyecto que no convence a nadie . No se necesitan los pasos elevados y él lo sabe a pesar de su posición titubeante.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concejal de ACP Pontecesures

Luis Sabariz se suma a la oposición a los badenes elevados en Pontecesures.

El concejal de la Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP), Luis Ángel Sabariz pide al gobierno local que reconsidere su postura de habilitar badenes elevados en algunas de las calles centrales del pueblo, como son Portarraxoi, San Lois o Sagasta.

El edil recuerda que los vecinos presentaron más de 600 firmas en contra de la iniciativa del gobierno, e insta al equipo que dirige Angueira a que “reconsidere su postura”, al entender que “no puede hacer oídos sordos” al “clamor” de la ciudadanía en contra de los referidos badenes.

“En estos temas de interés no se puede ser tan terco y prepotente y no consensuar las decisiones”, añade Sabariz, quien pide al alcalde que dé “un golpe sobre la mesa” y que haga recapacitar a su grupo.

En opinión del concejal de la oposición “no se necesitan los pasos de peatones elevados, y el alcalde lo sabe a pesar de su posición titubeante”. Por todo ello, el edil de la ACP pide al gobierno local que gestione con la Diputación un cambio de uso para esa partida, alegando que hay otras necesidades que se pueden cubrir con esos 20.000 euros.

El gobierno local planteó la posibilidad de elevar los pasos de peatones en esas calles del centro de la localidad al entender que de ese modo mejoraría ostensiblemente la seguridad vial de los peatones, e incluyó el proyecto en un programa financiado por la Diputación.

Pero en cuanto dio a conocer su propuesta se generó un cierto malestar entre muchos comerciantes y vecinos, que aluden a la incomodidad que supondrá para ellos la presencia de los badenes en esas calles. Además, consideran que no existe un riesgo, al tratarse de calles céntricas por las que los conductores no suelen ir rápido.

Faro de Vigo

ACP reparte los nuevos horarios del tren para fomentar su uso entre los vecinos.

Continuando con su política para potenciar el uso del ferrocarril en Pontecesures y en toda la comarca, ACP está distribuyendo en los establecimientos de la villa los nuevos horarios de trenes de media distancia que entraron en vigor el lunes. Las modificaciones, en relación con las anteriores, son mínimas, con apenas unos minutos de diferencia en las llegadas y salidas de la estación, pero el portavoz de ACP, Luis Sabariz, considera “importante divulgar al máximo os horarios co fin de potenciar o uso do tren”, y más ahora “que se está a facer un estudo sobre a viabilidade da liña Santiago-Vilagarcía pola vía convencional”, que corre el riesgo de desaparecer cuando entre en vigor el Eje Atlántico de Alta Velocidad.

Que el tren tenga cade vez más usuarios “resulta básico para acadar o obxectivo” de que la actual vía subsista, por lo que “pode ser decisivo mellorar nestes meses a cifra de viaxeiros” Es por lo que ACP hace un llamamiento a la ciudadanía para que utilice el ferrocarril como “medio de transporte do futuro por razóns económicas, medioambientais e de seguridade. Sería tremendamente inxusto quedar sen el”.

Diario de Arousa