Segue a obra do Cagaxol.

lcag3

Pinchar fotografía.

O goberno local en funcións non adopta medidas urxentes na obra do Cagaxol a pesar de non ter proxecto nin licenza e afectar aos terreos municipais do Monte de Porto según os documentos catastrais e outros que se atopan no Concello. Se ben a maquinaria pesada estaba parada, algúns obreros continuaban o colocar bloques de formigón esta mañá. Resulta triste que unha obra que afecta ao Monte de Porto de titularidade municipal continúe a realizarse sen mais. Neste casos non hai mañá como desculpa, hai que actuar de inmediato para defender os bens públicos.

Pontecesures, 03/06/15

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro en funcións da ACP de Pontecesures

Preocupación pola obra do Cagaxol.

cagaxol1cagaxol2

Pinchar fotografías

Sen proxecto nin licenza municipal se está a realizar unha obra en solo rústico no Cagaxol (Pontecesures) que consiste no movemento de terras e construción dun muro de contención e de peche de terreos. Segundo os datos que se poden obter do Catastro pódense estar ocupando, presumiblemente, terreos municipais do Monte de Porto.

Estes feitos son realmente graves e ninguén entende a pasividade do alcalde ou do concelleiro de obras, Ángel Souto aínda que ocupen os cargos en funcións nestes días. Non pode ser que se estean executando obras de relevancia que poden afectar ademais ao patrimonio de todos e que se deixe pasar o tempo sen actuar.

Polo exposto, instase a que, con toda urxencia, se adopten as medidas urbanísticas que procedan en relación coa obra que se está a executar e, sobre todo, que no caso que se estea a ocupar monte municipal, se utilicen os mecanismos que establece a normativa de bens das entidades locais para recuperar o terreo municipal.

Pontecesures, 02/06/15

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP en funcións

Colocaron a correr estes bancos vellos na rúa do Regadío na xornada de reflexión.

banco1banco2

Pinchar fotografías.

No mesmo tempo que se estaba a colocar a mesa de pedra de parque de Carreiras retiráronse do recinto estes bancos para colocalos o día de reflexión das elección locais do 24 de maio na rúa do Regadío. Está ben aproveitar os bens de todos e incluso paréceme axeitada a situación dos bancos no Camiño Portugués. Pero o que é incrible e que se levaran así a correr sen darlle sequera unha man de pintura. Damos así unha impresión de vergoña pois os bancos neste estado non deben colocarse en ningún sitio. O máis normal é retirar os bancos, acondicionalos e pintalos, para, posteriormente, colocalos de novo. Pero claro, había que levar os bancos á rúa do Regadío antes das eleccións.

Solicítase ao goberno local en funcións que ordene o pintado e acondicionamento dos bancos con toda urxencia. Estes detalles hai que coidalos.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP en funcións

Perigo na rúa Doctor Mosquera de Condide.

mosquera

Pinchar en fotografía.

Nestes días estase a proceder ao asfaltado desta rúa situada no lugar de Condide. Tamén foron construídos na mesma actuación dous pasos de peóns elevados na rúa por razóns de seguridade viaria. Pero o problema é que os badéns quedan cos pasos sen pintar toda a fin de semana.Sen sinalización horizontal e cunha deficiente sinalización vertical, como a que foi colocada, hai perigo de que algún vehículo sufra danos por non decatarse da existencia dos badéns.

Dende a ACP instamos ao goberno local para que, con toda urxencia, se proceda ao pintado da sinalización horizontal en toda a rúa.

Por último, comentar que foi unha mágoa que antes de botar a capa de rodadura non se rebaixase o firme. Agora os bordillos das beirarrúas teñen moi pouca altura séndolle doado aos coches montar os bordillos co corrrespondiente perigo para os peóns. Por desgracia isto de non renbaixar previamente os fimes xa o veu facendo o goberno local en bastantes obras de asfaltado durante estes catro anos que rematan. Agora os veciños das rúas afectadas pagan as consecuencias das deficientes decisións que se tomaron.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP en funcións

La derrota de Piñeiro Ares y el desmoronamiento del centro-derecha.

Victoriano Trenco se presentó a las elecciones por IP y logró, con el apoyo en la investidura del BNG, destronar a Piñeiro Ares. Mediado aquel mandato, Trenco y su equipo, del que formaba parte Maribel Castro, se aliaron con el PP, bajo cuyas siglas iban a presentarse a los comicios del 99. Contaban los populares con recuperar la hegemonía perdida, pero para entonces había entrado en liza la ACP, liderada entonces por Alfonso Diz. Unió sus fuezas con el BNG y el PSOE y dio por primera vez la alcaldía al nacionalista Álvarez Angueira. Este iba a volver a ser alcalde cuatro años después, cuando aparecieron en el escenario político dos nuevas formaciones: Maribel Castro, molesta porque el PP colocase a Randulfe como número uno, resucitó IP. Nació también Ciudadanos Independientes de Pontecesures. Con semejante panorama volvió a gobernar Angueira con la ayuda de la ACP y, desde la mitad de mandato, también con Maribel Castro. Llegamos así al 2007. Para entonces, las relaciones entre Angueira y Sabariz habían saltado por los aires. Y aunque el BNG fue con creces la fuerza más votada, se quedó sin el bastón de mando: este fue para Maribel Castro, que se apoyó en el PSOE entonces encabezado por Sabariz, y el PP de Randulfe. Cuatro años después, volvió a haber guerra en el Partido Popular. Randulfe y Cordo aspiraban a encabezar la lista, pero el partido eligió a Vidal Seage. Así que los dos despechados presentaron sendas candidaturas. TeGa tuvo éxito: acabó gobernando con BNG y PSOE.

La Voz de Galicia